Saltar ao contido

Branca I de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBranca I de Navarra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Blanca I de Navarra Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1387 Editar o valor en Wikidata
Reino de Castela Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 1441 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Santa María la Real de Nieva, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Nossa Senhora da Soterraña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Navarra
8 de setembro de 1425 – 1 de abril de 1441 (finado no cargo)
← Carlos III de NavarraCarlos de Viana →
Raíña consorte de Aragón
1420 – 1 de abril de 1441 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Navarra (1425–1441)
Consorte de Sicilia (1402–1409) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Évreux Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoán II de Aragón (1420–)
Martiño o Mozo (1403 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMartim de Aragão, herdeiro da Sicília
 () Martiño o Mozo
Carlos de Viana
 () Xoán II de Aragón
Branca II de Navarra
 () Xoán II de Aragón
Leonor I de Navarra
 () Xoán II de Aragón Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos III de Navarra Editar o valor en Wikidata  e Leonor de Trastámara Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlo di Navarra
Xoana de Navarra e Castela
Beatriz de Évreux
Isabella of Navarre, Countess of Armagnac
Lois de Navarra Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de maio de 1429 (Gregoriano)coroación (Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona)
26 de novembro de 1402 (Gregoriano)coroación (Catedral de Palermo) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1269255 WikiTree: D'Evreux-46

Branca I de Navarra, nada en Pamplona, Reino de Navarra en 1385,[1] [2] e finada en Santa María la Real de Nieva, Reino de Castela, o 3 de abril de 1441, pertencente á dinastía de Évreux, foi raíña consorte de Sicilia entre 1401 e 1409, e raíña propietaria de Navarra desde 1425 até a súa morte.

Foi a segunda filla do rei Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, e da súa esposa Leonor de Trastámara, filla do rei Henrique II de Castela.[2] [3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Raíña consorte e rexente de Sicilia

[editar | editar a fonte]

O 21 de xaneiro de 1402 concertouse o seu matrimonio co infante Martiño o Mozo, o primeiro dos catro fillos de Martiño I de Aragón (Martiño o Humano ou Martiño o Vello), herdeiro da Coroa de Aragón, e da súa primeira esposa, María de Luna, filla e herdeira do Conde de Luna, coa infanta María de Sicilia, filla e herdeira de Frederico III de Sicilia e da súa primeira esposa Constanza de Aragón e Navarra.

O rei Martiño I o Humano escolleu personamente á filla do rei Carlos III de Navarra que habería de casar con seu fillo; nun principio a elixida foi Xoana, herdeira do reino, pero o soberano aragonés a descartou por considerala "moi fráxil", sendo entónces elixida Branca, por presentar unha apernecia máis saudábe.[4] En 1379 María, aínda menor de idade, foi trasladada, por orde do seu avó Pedro IV de Aragón, de Sardeña, onde estaba exiliada a causa dos diturbio dos baróns da illa, a Barcelona, para que fose educada pola súa tía Leonor.[5] [6]

En 1391, previa a preceptiva dispensa do papa Urbano VI,[5] [6] celebrouse o matrimonio de María, que xa era raíña nominal de Sicilia, con Martiño, que tomou o título de rei de Sicilia. O 21 de maio dese mesmo ano, na cidade de Catania, levouse a cabo o matrimonio por poderes, sendo a noiva representada por Mosén Leonel de Navarra e Diego de Baquedano.[7]

En 1392, ambos os dous regresaron a Sicilia cunha forza militar de Martiño nunha frota comandada polo almirante Bernardo de Cabrera,[8] e acompañada por Ojerot de Var.[7] O 9 de novembro dese ano desembarcaron en Sicilia e Martiño logrou sufocar a resistencia dos baróns,[9], devolvendo a María o seu reino de Sicilia.[8]. Pouco máis dun mes máis tarde, o domingo de pentecostés (26 de decembro), celebrose a voda en persoa, sendo celebrada por frei Miguel Marí.

Martiño foi coroado como rei de Sicilia o 13 de abril de 1398 en Palermo.[10] Aproveitando un complicado momento político no que houbo varios actos antixudeus en 1392 que o rei Martiño fixo amortecer apoándose na bula Sicut Judaeis, actualizada polo papa Martiño IV en 1281.[11]

Martiño gobernaría conxuntamente con María até 1401,[12] cando a raíña faleceu en Catania.[13] Martiño o Mozo puido conservar o trono siciliano pese á morte da súa esposa, xa que foi ecoñecido como rei de Trinacria (rei de Sicilia), sen encontrar case ningunha resistencia.[14] Do matrimonio con María naceu un fillo, o infante Pedro de Sicilia (1394-1400).

En 1398 Martiño foi declarado sucesor do seu pai polas Cortes, despois de que o soberano aceptara que o príncipe se presentara no momento oportuno a xurar o estatuto de unión dos reinos de Aragón e Valencia e do condado de Barcelona, así como os seus foros.[15]

Martiño o Mozo casou en segundas nupcias, en 1401, con Branca de Navarra, herdeira da familia Évreux e futura raíña de Navarra.[14] Este era o segundo matrimonio do rei siciliano; a súa primeira esposa, María, raíña propietaria de Sicilia, morrera meses antes. Pero Branca, como nova raíña de Sicilia, non tiña o poder e a influencia da súa predecesora. Seu pai o rei Carlos III de Navarra queixábase amargamente non só dos malos tratos e as privacións materiais que sufría a súa filla na Corte siciliana (mesmo chegou a acusar aos criados do rei de provocarlle un aborto que sufriu aos poucos meses do seu matrimonio) senón tamén do atraso dos acordos matrimoniais.
Só o 17 de xullo de 1404 Branca recibiu a asignación correspondente a seu dote, a denominada Camera reginale,[16] consistente na posesión directa das cidades de Paternò, Mineo, Lentini, Francavilla e Vizzini.[17]

En 1405 Martiño o Mozo abandona temporalmente Sicilia para retornar a Aragón; pouco antes, o 22 de outubro de 1404, Branca foi nomeada "Vicaria" (Rexente) do reino polo seu esposo durante a súa ausencia. Pese á súa xuventude, a raíña, coa axuda do Consello Real, gobernou de feito e non só de nome. Durante esta a súa primeira rexencia, Branca tivo que facer fronte a unha conxura en Mesina que non tivo éxito grazas á acción conxunta de Joan Cruilles, anterior bailío da cidade, e ao caudal achegado por Tomás de Diana, irmán do Prior da Orde de San Xoán de Xerusalén.[16] Co regreso do rei a Sicilia en agosto de 1405 dase por terminada toda participación de Branca no goberno.

Branca deu a luz ao seu primeiro fillo, chamado Martiño en honor ao seu pai e ao seu avó, o venres 17 de decembro de 1406. Herdeiro do trono de Sicilia desde o seu nacemento (o seu medio irmán Pedro, fillo do seu pai no seu primeiro matrimonio, falecera en 1400) e en liña directa de sucesión para o reino de Aragón (como único neto supervivente do seu avó, o rei Martiño I o Humano), faleceu en agosto de 1407 aos oito meses de nacido.[16]

O 13 de agosto de 1408 Branca foi novamente designada Vicaria do reino de Sicilia, cando o seu marido partiu a unha campaña militar ao reino de Sardeña. Nas funcións de goberno estivo auxiliada por un Consello formado por administradores e representantes electos das principais cidades sicilianas, así como por expoñentes do poderío catalán no reino. O 3 de outubro o rei zarpa desde a cidade de Trapani, deixando a Branca o goberno del reino, ao cal Martiño o Mozo nunca regresaría, pois morreu en Cagliari o 25 de xullo de 1409, vítima de malaria.[16]

A morte do seu esposo non interrompeu a rexencia de Branca, pois Martiño, no testamento asinado o mesmo día da súa morte, estipulou que ela mantivera o seu cargo. O rei de Aragón Martiño I o Humano (Martiño o Vello), agora rei de Sicilia como sucesor do seu fillo, seguiu os seus desexos e confirmou a súa nora como vigaria o 7 de agosto de 1409.[16]

Pronto comezaron novos plans matrimoniais para a raíña viúva e vigaria de Sicilia. A finais de 1409 formalizouse en París o seu formal casamento con Lois de Baviera-Ingolstadt, irmán de Isabel, raíña consorte de Francia. Pero a comezos do ano 1410 o compromiso foi cancelado.[18]

No mesmo ano de 1410 foi acordado un novo compromiso matrimonial para Branca, esta vez con Eduardo, fillo e herdeiro do duque Roberto I de Bar. É probábel que o compromiso fora tamén cancelado, aínda que é así mesmo posíbel que a voda se frustara debido á prematura morte do entón duque Eduardo I (que sucedera ao seu pai en 1411) na batalla de Agincourt en 1415.[18]

A morte de Martiño I o Humano o 31 de maio de 1410) e a consecuente loita pola sucesión ao trono de Aragón non perturbaron a rexencia de Branca no reino de Sicilia, afianzado polo seu tacto e prudencia no goberno. Os sicilianos viron nela un símbolo de independencia fronte aos aragoneses; para mantela houbo proxectos para casala cun descendente do rei Frederico III de Sicilia, Nicolás Peralta, así como o intento de rapto por parte de Bernardo Cabrera, conde de Módica e os intentos do rei Xoán I de Portugal de unila en matrimonio cun dos seus fillos, para poder conquistar Sicilia cunha expedición naval. Cando en maio de 1411 Bernardo Cabrera foi xulgado como rebelde, a rexente declarou que, pese aos perigos para a súa persoa, xamais chamara no seu auxilio ao seu pai o rei de Navarra ou aos seus primos, xa que isto suporía a inexerencia de tropas estranxeiras no reino de Sicilia, cousa que ela quería evitar.[16]

A elección de Fernando de Antequera como rei de Aragón no Compromiso de Caspe (28 de xuño de 1412), supuxo un golpe para a independencia de Sicilia, pois o novo monarca aragonés adxudicouse, co apoio do papa Benedito XIII, a investidura do reino insular o 21 de novembro do mesmo ano.

Outro feito fundamental cambiou diametralmente a posición de Branca: o falecemento en xullo de 1413, e sen fillos, da súa irmá máis vella a infanta Xoana de Navarra, condesa de Foix e herdeira do reino, situouna como a seguinte na liña sucesoria ao trono de Navarra. Este feito fixo que seu pai lle pedira reiteradamente que retornara ao seu lado.

Finalmente, en abril de 1415, Branca abandonou para sempre o reino de Sicilia, onde vivira e gobernara durante case 13 anos. Foi escoltada no seu retorno a Navarra por mosén Pierres ou Pedro de Peralta "el Viejo" e mosén Xoán de Asiáin e Lacarra, II señor de Lacarra, designados polas Cortes navarras para tal efecto.[7]

Infanta de Aragón e herdeira de Navarra

[editar | editar a fonte]

Unha vez en Navarra, Branca comezou a solicitar con insistencia ao seu pai a convocatoria das Cortes para a súa proclamación como primoxénita do rei. O rei Carlos III accede aos desexos da súa filla e, o 28 de outubro de 1416, convocáronse as Cortes en Olite, onde Branca foi xurada herdeira do reino de Navarra.[7]

A nova posición de Branca como princesa herdeira de Navarra desperta o interese do reino de Aragón. Mediante un tratado asinado o 5 de novembro de 1419 acordouse o enlace de Branca co infante Xoán, duque de Peñafiel, conde de Mayorga e señor de Lara, fillo segundoxénito de Fernando I de Aragón e irmán máis novo de Afonso V o Magnánimo, rei de Aragón. A voda por poderes levouse a cabo ao mes seguinte, o 5 de decembro en Olite, e o matrimonio en persoa seis meses máis tarde, o 18 de xuño de 1420.[18] na Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona.[19]

Daquela Branca era xa unha muller madura de trinta e cinco anos, mentres que o infante aragonés era apenas un mozo de vinte e dous. Pese á diferenza de idades, aparentemente o forte carácter do seu marido foi o que se impuxo no matrimonio. Pouco despois da voda, Branca trasladouse co seu esposo aos seus estados de Peñafiel,[7] onde, o 29 de maio de 1421, deu a luz ao seu segundo fillo, pero primoxénito das súas segundas nupcias, Carlos.

Branca, o seu marido e o seu fillo viaxan a Navarra en 1422, probabelmente por petición do seu pai o rei Carlos III, o cal decidiu instituír o título de Príncipe de Viana para o seu neto, mediante documento datado en Tudela o 20 de xaneiro de 1423. Pouco despois, Branca ten a súa filla Xoana.

O 9 de xuño de 1424 naceu en Olite un terceiro fillo, Branca, e o 28 de agosto daquel ano a princesa herdeira de Navarra realizou unha viaxe a Castela levando ao seu fillo Carlos na súa compaña até Haro.[7]

Branca deu a luz ao seu último fillo, Leonor, o 2 de febreiro de 1425. Seis meses máis tarde, o 22 de agosto, faleceu a súa filla Xoana, que tiña apenas dous anos de idade, e o 8 de setembro morreu o rei Carlos III en Olite.[19] Branca converteuse así en raíña soberana de Navarra.

Raíña de Navarra

[editar | editar a fonte]

As constantes inxerencias do seu marido en Castela —a súa terra de nacemento e onde posuía un inmenso patrimonio—, atrasaron a coroación de Branca e del. Só cando foi expulsado de Castela definitivamente, en 1428, o rei consorte de Navarra retornou ao país da súa esposa, chamado por esta, aducindo que a cerimonia se dilatara demasiado.[20]

Tumba de Branca I de Navarra na Igrexa do Mosteiro de Santa María la Real de Nieva, Segovia.

O 15 de maio de 1429, domingo de pentecostés —é dicir, catro anos despois do seu acceso ao trono—, Branca I foi finalmente coroada raíña de Navarra co seu esposo Xoán II como rei consorte na Catedral de Pamplona.

A abulia (ou perda de iniciativa) que a caracterizaba fixo que Navarra quedara sometida en todo ao seu marido e aos seus intereses, perdendo o reino territorios fronteirizos como consecuencia da intervención armada de Xoán II nos asuntos de Castela, entre 1428 e 1429. Porén, en 1436 asinouse en Toledo a paz entre Navarra e Castela, na que se acordou o matrimonio da infanta Branca con Henrique, príncipe herdeiro de Castela, recuperando Navarra deste modo as vilas e castelos perdidos durante a guerra.

A raíña Branca I acompañou á súa filla a Castela para o seu matrimonio formal co príncipe Henrique, que tivo lugar en Valladolid o 16 de setembro de 1440. Unha vez en Castela, a soberana de Navarra aproveitou para realizar unha peregrinación ao santuario de Guadalupe, en Estremadura, e para mediar nas constantes disputas do seu marido cos nobres casteláns. Isto levouna a un constante movemento no reino castelán, falecendo en Santa María la Real de Nieva (Segovia) o 1 de abril de 1441. Foi sepultada na Igrexa do Mosteiro de Santa María la Real de Nieva, en contra do desexo expresado no seu testamento de ser enterrada en Ujué (Navarra).[21]

Nese mesmo testamento deixara como herdeiro do reino de Navarra ao seu fillo Carlos, pedíndolle así mesmo que non tomase o título de rei sen consentimento de seu pai. Xoán II, sen deixar o trono, acordou con Carlos que este fose Lugartenente de Navarra,[22] pero o segundo matrimonio do rei con Xoana Enríquez e o outorgamento á súa nova esposa da mercede de compartir a Lugartenencia co príncipe Carlos, levou aos partidarios deste a presionalo para que se alzase en contra de seu pai, o que finalmente fixo en 1451, pero nunca chegou a ostentar formalmente a coroa navarra porque Xoán II a retivo até a súa morte.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Antepasados

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois, conde de Évreux
 
 
 
 
 
 
 
8. Filipe III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Margarida de Artois
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Lois X de Francia
 
 
 
 
 
 
 
9. Xoán II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Margarida de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Filipe VI de Francia
 
 
 
 
 
 
 
10. Xoán II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xoán de Bohemia
 
 
 
 
 
 
 
11. Bonne de Bohemia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel de Bohemia
 
 
 
 
 
 
 
Branca I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Afonso XI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Constanza de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
6. Henrique II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Pedro Núñez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
13. Leonor de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Beatriz Ponce de León
 
 
 
 
 
 
 
3. Leonor Urraca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Manuel de Castela
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán Manuel, príncipe de Villena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
7. Xoana Manuel de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
15. Branca de la Cerda e Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Xoana Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Martiño I

Raíña consorte de Sicilia

26 de novembro de 1401 - 25 de xullo de 1409
Sucesor:
Margarida de Prades
Predecesor:
Xoana de Évreux

Herdeira de Navarra

28 de outubro de 1416 - 8 de setembro de 1425
Sucesor:
Carlos de Viana
Predecesor:
Carlos III

Raíña de Navarra
(co seu marido Xoán II de Aragón)

8 de setembro de 14251 de abril de 1441
Sucesor:
Xoán II (de facto)
Carlos IV (de iure)
  1. A data de nacemento exacta de Branca I é materia de discusión entre historiadores e páxinas web xenealóxicas. Anthony (1931) descubriu que na obra histórica de Gregorio de Argaiz este menciona que Branca accedeu ao trono de Navarra o 8 de setembro de 1425, aos 28 anos, 2 meses e 2 días de idade, o que leva a establecer a súa data de nacemento como o 6 de xuño de 1397; porén, Anthony cre que esta data é un erro do cronista, xa que é imposíbel que en 1406 tivera o seu primeiro fillo aos nove anos. Este autor estableceu que en realidade a raíña tería 38 anos no momento da súa entronización, o que movería seu natalicio para o dia 6 de xuño de 1387. A data considerada no presente artigo é a maioritariamente establecida por páxinas web históricas e xenealóxicas.
  2. 2,0 2,1 Anthony 1931, p. 13.
  3. Anthony (1931) establece que en realidade Branca foi a cuarta filla do rey Carlos III e a raíña Leonor, sendo precededida por Xoana, condesa de Foix (a primoxénita e presunta herdeira), María e Margarida, estas dúas últimas falecidas sendo mozas ou na infancia. Porén, diversas fontes web xenealóxicas sitúan a Branca como segunda filla despois de Xoana, e detrás dela a María e Margarida.
  4. Castro, J. R. 1967, pp. 250-256.
  5. 5,0 5,1 Capmany 1784, p. 196.
  6. 6,0 6,1 Reis de Sicilia e Nápoles en Medieval Lands (en inglés).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Blanca I de Nnavarra :: Auñamendi Entziklopedia
  8. 8,0 8,1 Zurita, Gerónimo 1853, p. 342.
  9. Capmany 1784, p. 197.
  10. Francesco Aprile (1725): Della cronologia universale della Sicilia, p. 207.
  11. Simonsohn 2011, p. 102.
  12. Nef 2013, p. 342.
  13. VV. AA. (1833). Diccionario histórico o Biografia universal compendiada 9. Barcelona: Imprenta de Oliva. p. 133. 
  14. 14,0 14,1 Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  15. Aldama, Dionisio de, e García González, Manuel (1862): Historia general de España desde los tiempos primitivos hasta fines del año 1860. Volume 5. Madrid, pp. 70-71.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Salvatore Fodale: Blanca de Navarra y el gobierno de Sicilia.
  17. Castello Camemi: Storia della Regina Bianca (en italiano).
  18. 18,0 18,1 18,2 Charles Cawley: Foundation of Medieval Genealogy (en inglés).
  19. 19,0 19,1 Reis de Navarra en Medieval Lands (en inglés).
  20. Eloísa Ramírez Vaquero: La reina Blanca y Navarra
  21. Biografías y Vidas. "Blanca I de Navarra". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  22. Eloy Benito Ruano (2004): Tópicos y realidades de la Edad Media (III) Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 84-9598-351-6, p. 33.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]