Saltar ao contido

Brens, Cee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brens
Fábrica de Carburos de Brens, de FerroAtlántica.
ConcelloCee[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′01″N 9°10′23″O / 42.950383, -9.173071
Poboación868 hab. (2018)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Brens[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 868 habitantes (468 mulleres e 400 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1137 habitantes, e 1999 cando tiña 1212 habitantes.

Na parroquia está a fábrica de carburos de Brens, da empresa FerroAtlántica. En orixe foi de carburo de calcio, e posteriormente de aleaxes de ferro.

No 2008 iniciouse a ampliación do peirao de Brens que pasou a ser, por capacidade, un dos máis importantes de Galicia. Acolle o Don Inda, un dos máis modernos buques de salvamento marítimo.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa Baia, de estilo barroco, ten un retablo maior vinculado, pola súa decoración, cos artistas composteláns Fernando de Casas Novoa e Simón Rodríguez.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Brens

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Brens no concello coruñés de Cee

Berroxe | Os Camiños Chans | Fadibón | A Grixa | A Pontella | Raso

Parroquias de Cee

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee

A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]