Saltar ao contido

Bright Eyes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bright Eyes
OrixeOmaha, Nebrasca,
Período1995 - presente
Xénero(s)folk, indie rock, electrónica, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Saddle Creek, Polydor
MembrosConor Oberst
Mike Mogis
Nate Walcott
Artistas relacionadosDesaparecidos, Commander Venus, Park Ave., The Faint, Conor Oberst and the Mystic Valley Band, Better Oblivion Community Center, Monsters of Folk
Na rede
thisisbrighteyes.com
IMDB: nm1859584 Facebook: BrightEyes Twitter: brighteyesband Instagram: brighteyesofficial MySpace: brighteyes Youtube: UCTuFY_OJRPTiBAGr5jiLNEg Bandcamp: brighteyes Spotify: 5o206eFLx38glA2bb4zqIU iTunes: 6547614 Last fm: Bright+Eyes Musicbrainz: 78f797e3-4913-4026-aad0-1cd858bd735b Songkick: 547789 Discogs: 83606 Allmusic: mn0000620056 Deezer: 947 Genius: Bright-eyes Editar o valor en Wikidata

Bright Eyes é unha banda estadounidense de indie rock fundada polo vocalista e compositor Conor Oberst en Omaha (Nebrasca) durante o ano 1995. Na actualidade está composta por Oberst, o multi-instrumentista e produtor Mike Mogis, o trompetista e pianista Nate Walcott, e unha serie de colaboradores que se van rotando procedentes da escena indie de Omaha.

Bright Eyes ten un contrato con Saddle Creek Records, un selo baseado en Nebraska fundado por Conor e o seu irmán Justin Oberst e con distribución de Sony Corporation. No ano 2004, os sinxelos "Lua" e "Take It Easy (Love Nothing)" entraron nos dous primeiros lugares da lista Hot 100 Singles Sales durante as dúas semanas posteriores ao seu lanzamento simultáneo.

O guitarrista e vocalista Conor Oberst, membro fundador de Commander Venus (banda que se separou en 1997), comezou a centrarse no seu novo proxecto, Bright Eyes. O nome da banda procede dunha canción da película Watership Down, cantada por Art Garfunkel. En 1998 editou 20 das cancións que estivera acumulando como o primeiro álbum oficial de Bright Eyes, A Collection of Songs Written and Recorded 1995-1997.[1] Neste álbum Oberst comezou a experimentar con caixas de ritmos, teclados e outros instrumentos. O son do álbum abarca desde voces baliadas ata melodías de guitarra acústica e sintetizadores instrumentais estilo techno. A reacción da crítica con respecto a este traballo foi en xeral negativa.

Letting Off the Happiness

[editar | editar a fonte]

O 2 de novembro de 1998 Saddle Creek editou Letting Off the Happiness, un álbum de 10 temas que contaba cun son máis preciso e claro que o anterior. Segundo a nota de prensa do propio selo, nel aparecen membros de Lullaby for the Working Class, Neutral Milk Hotel e of Montreal. Neely Jenkins, de Park Ave., tamén contribuíu con voces. Foi principalmente gravado no soto da familia de Oberst en Omaha, nun gravador de cinta de oito pistas; con algún traballo feito no estudio do teclista Andy Lemaster en Athens (Xeorxia).[2] A pesar de que case todos os temas foron interpretados por unha banda ao completo, "June on the West Coast" está tocada só cunha guitarra acústica e voces. "Padraic My Prince" ofrece un relato dramático sobre a morte do seu irmán cando era un bebé, unha historia con multitude de significados simbólicos.

En novembro de 1999 Bright Eyes lanzou o EP de cinco temas Every Day and Every Night, entre os que estaban "Neely O'Hara" e "A Perfect Sonnet."

Fevers and Mirrors

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 Bright Eyes lanzou Fevers and Mirrors, con novos instrumentos como frauta, piano e acordeón nos arranxos das cancións. Despois do tema "An Attempt to Tip the Scales", hai unha entrevista de radio simulada na que Todd Fink de The Faint le un guión escrito por Oberst. Nesta entrevista, o falso Oberst presenta unha estraña e contraditoria explicación sobre a súa actitude con respecto á súa música. Recoñece tamén as críticas cara ás súas letras que din que resultan demasiado extensas e falsas, e que iso comezou a quedar claro a medida que aumentaba a popularidade da banda, pero resposta dicindo que as letras representan unha visión persoal. Oberst posteriormnete comentou que "Era un xeito de burlarse de nós mesmos porque a gravación é unha decepción. Quero dicir, é unha parte de quen son pero tamén me gusta rir". O álbum foi colocado no número 170 na lista dos 200 mellores álbums da década para Pitchfork Media.[3]

Con Lifted or The Story Is in the Soil, Keep Your Ear to the Ground, editado en 2002, Bright Eyes converteuse nun dos "novos" artistas máis celebrados do ano, a pesar de ter gravado baixo ese nome durante varios anos. A banda recibiu atención en todo o pais, e incluso se falou dela en The New York Times, The Los Angeles Times, Time, Rolling Stone, Blender e Spin, e nalgúns deses artigos trataban a Conor Oberst como un significativo novo artista. O álbum foi un éxito comercial e vendeu ao redor das 250.000 copias, un gran avance para o selo e para todos os membros da banda nese momento.

I'm Wide Awake, It's Morning / Digital Ash in a Digital Urn

[editar | editar a fonte]

Durante a campaña electoral estadounidense do 2004, Bright Eyes xirou con Bruce Springsteen e R.E.M. na xira Vote for Change,[4] dándose a coñecer máis entre o público. Na xira Oberst realizou numerosos duetos con Springsteen e Neil Young.

En novembro dese ano dous sinxelos da banda, "Lua" e "Take It Easy (Love Nothing)", chegaron á cima da lista Billboard Hot 100 Single Sales. Isto foi a primeira vez que pasaba nea lista en sete anos.

A banda en Lund en 2006

O 25 de xaneiro do 2005 editáronse dous álbums de Bright Eyes: o máis folk I'm Wide Awake, It's Morning e o pop electrónico Digital Ash in a Digital Urn. Unha extensa xira seguiu á edición dos dous discos. A primeira parte da mesma foi para promocionar I'm Wide Awake, e a segunda foi en apoio de Digital Ash. A decisión de separar a xira era práctico, xa que en termos de loxística sería complicado ao ter que traballar con equipo e persoal distinto para cada álbum, xa que tiñan un carácter diferente e a súa interpretación ao vivo requiría distintas postas en escena.[5] Cara finais de xaneiro do 2005 I'm Wide Awake estaba no número 10 das listas da Billboard e Digital Ash no 15.

A principios de 2005 Bright Eyes foi abreconcertos de R.E.M. na súa xira por Australia, ademais de realizar concertos propios.[5] O 2 de maio a banda apareceu no programa The Tonight Show with Jay Leno e interpretou a canción protesta "When the President Talks to God". Un sinxelo en vinilo de 7" vinyl do tema sería vendido posteriormente nos concertos. No mes de novembro Bright Eyes interpretou "True Blue" no programa para nenos Pancake Mountain.

Bright Eyes gañou os premios ao Artista do ano e Canción do ano por "When the President Talks to God" na edición do 2006 dos PLUG Independent Music Awards,[6] e un recoñecemento especial polo vídeo de "First Day of My Life" nos GLAAD Media Awards.[7] Ademais, a revista Time listou I'm Wide Awake, It's Morning como un dos dez mellores álbums do 2005.[8] Ese mesmo ano editouse o álbum ao vivo Motion Sickness, documentando a xira de I'm Wide Awake, It's Morning.

Nun sketch do episodio do 20 de maio do 2006 do Saturday Night Live, Neil Young (interpretado por Kevin Spacey) uníase ás Dixie Chicks e á "sensación indie Bright Eyes" (interpretada por Andy Samberg), tdos os cales criticaran publicamente a George W. Bush.

Despois de editar tres álbums no 2005, Oberst afirmou que non tiña intención de publicar nada no ano 2006, pero o día 24 de outubro lanzouse un recompilatorio de rarezas titulado Noise Floor (Rarities: 1998-2005).

O 8 de marzo do 2007 Oberst apareceu no programa da National Public Radio All Songs Considered, interpretando unha selección de temas da súa colección, ademais de varias do EP Four Winds.

Cassadaga

[editar | editar a fonte]

Bright Eyes lanzou Four Winds en marzo do 2007, e o seu sétimo álbum, Cassadaga, no mes de abril. Nun número do 2007 da revista Rolling Stone etiquetaron a "Four Winds" como unha das 100 mellores cancións dese ano.

Para promocionar o álbum, Bright Eyes estivo de xira por Norteamérica dende febreiro ata maio, e por Europa e o Xapón os meses de xuño e xullo. Os doce músicos que formaban a banda incluían a dous baterías, todos eles uniformados cun traxe branco en fronte dun telón de vídeo durante as súas actuacións.

No "bis" da actuación celebrada o 19 de maio no Ryman Auditorium de Nashville, Tennessee, Oberst interpretou un novo tema con Gillian Welch e David Rawlings titulada "Man Named Truth". Connor afirmou que rematara a canción no camerino esa mesma noite; e foi lanzada ficialmente no único álbum do supergrupo Monsters of Folk, no cal Oberst toca ao lado de Jim James (My Morning Jacket), M. Ward (She & Him) e Mike Mogis (Bright Eyes).

Durante unha serie de 7 concertos en The Town Hall de New York City, Bright Eyes convidou aos seguintes artistas para unirse a eles no escenario: Lou Reed o 25 de maio; Ben Kweller o 26; Jenny Lewis e Johnathan Rice o 28; Norah Jones, Little Willie e Derrick E o 29; Nick Zinner, Maria Taylor e Ben Gibbard o 30; Steve Earle o 31; e finalmente Ron Sexsmith e Britt Daniel o 1 de xuño.

O 4 de xuño interpretaron "Hot Knives" en The Late Show With David Letterman, e o 9 de xullo sería lanzado un dobre sinxelo para "Hot Knives" e "If the Brakeman Turns My Way".

No mes de agosto do 2007 Bright Eyes adiou 3 concertos no Reino Unido por enfermidade. Anunciouse unha xira polos Estados Unidos e, en setembro, os concertos británicos foron definitivamente cancelados sen buscarlle outra data para a súa celebración.

O 29 de setembro actuaron coa Los Angeles Philharmonic no histórico Hollywood Bowl. Bright Eyes tamén tocou no mitin de Barack Obama en Omaha, Nebrasca o 7 de febreiro do 2008.[9]

The People's Key

[editar | editar a fonte]

Bright Eyes entrou en hiato tras o lanzamento de Cassadaga en 2007. Durante 2008 e 2009 Oberst traballou nos seus outros proxectos musicais, Conor Oberst and the Mystic Valley Band e o supergrupo Monsters of Folk.[10][11] Nun número do mes de xuño do 2009 da Rolling Stone, Oberst anunciou que quería "retirar" o seu proxecto de Bright Eyes, e que realizaría un último álbum coa banda: "Síntese como se necesitase parar nalgún momento. Gustaríame limpalo, pechar a porta, despedirme".[12] Saddle Creek Records reeditou o seu EP compartido con Neva Dinova One Jug of Wine, Two Vessels o 23 de marzo do 2010 con catro temas novos gravados a finais do 2009.[13]

O 31 de xullo do 2010, Bright Eyes asociouse coa American Civil Liberties Union (ACLU) de Nebraska para organizar un concerto pola igualdade en Omaha, Nebraska. O concerto recoaudou cartos para unha demanda federal que a ACLU presentou contra a cidade de Fremont, Nebraska por unha ordenanza do 21 de xuño que prohibía a contratación e o alugueiro de vivendas a inmigrantes ilegais.[14] No concerto, Bright Eyes estreou unha nova canción titulada "Coyote Song", sobre dous namorados separados pola fronteira entre México e os Estados Unidos.[15]

O novo álbum da banda, titulado The People's Key, foi publicado o 15 de febreiro do 2011, o mesmo día que Conor Oberst cumpría 31 anos. O vídeo para o tema "Shell Games" lanzouse nas canles de YouTube da banda e de Saddle Creek, e nel a banda aparece tocando contra varias proxeccións.[16] O 24 de febreiro a banda interpretou "Jejune Stars" no programa Late Show with David Letterman,[17] e o 14 de abril fixo o mesmo con "Beginner's Mind" en The Tonight Show.[18] O 10 de xuño Bright Eyes lanzou o vídeo musical de "Jejune Stars". No video o grupo aparece tocando nun deserto cunha plataforma de fogos de artificio detrás dela, deletreando algunhas letras mentres Oberst as canta. En xuño, xullo e agosto de 2011, a banda realizou concertos nunha xira con The Mountain Goats. Bright Eyes finalizou o ano cunha xira por Australia, onde tocou no Harvest Festival.

Bright Eyes realizou un último concerto en Honolulu, Hawai o 21 de novembro de 2011 e a banda iniciaría unha pausa cando Oberst, Mogis, e Walcott se centraron en diferentes proxectos.[19]

Hiato e reedicións

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2016 anunciouse que os seis últimos álbums de estudio da banda (excluíndo o lanzamento de Nadal) serían reeditados nunha caixa titulada The Studio Albums 2000-2011. Fevers and Mirrors, Lifted or The Story Is in the Soil, Keep Your Ear to the Ground, I'm Wide Awake, It's Morning, Digital Ash in a Digital Urn e Cassadaga foron remasterizados por Bob Ludwig. A caixa foi lanzada o 16 de setembro de 2016, e tamén se realizaron lanzamentos individuais a finais dese ano.[20]

En xaneiro de 2020, Bright Eyes lanzou unha páxina de Instagram e anunciou o seu regreso ese ano.[21] O 24 de marzo lanzaron "Persona Non Grata", a súa primeira canción nova en 9 anos.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
A Collection of Songs Written and Recorded 1995-1997 1998 Saddle Creek
Letting Off the Happiness 1998 Saddle Creek
Fevers and Mirrors 2000 Saddle Creek/Wichita
Lifted or The Story Is in the Soil, Keep Your Ear to the Ground 2002 Saddle Creek
A Christmas Album 2002 Saddle Creek
I'm Wide Awake, It's Morning 2005 Saddle Creek
Digital Ash in a Digital Urn 2005 Saddle Creek
Cassadaga 2007 Saddle Creek/Polydor
The People's Key 2011 Saddle Creek
Down in the Weeds, Where the World Once Was 2020 Dead Oceans
Five Dice, All Threes 2024 Dead Oceans
  1. "Lazy-I Interview: Bright Eyes -- December 1998". www.timmcmahan.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 2020-08-04. 
  2. "Interview: Bright Eyes (Conor Oberst) by Mariko Sakamoto". cwas.hinah.com. Consultado o 2020-08-04. 
  3. "The 200 Best Albums of the 2000s - Page 4". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  4. "Oberst Stumps for Obama in Iowa". web.archive.org. 2008-12-26. Archived from the original on 26 de decembro de 2008. Consultado o 2024-07-31. 
  5. 5,0 5,1 "Bright Eyes Sets Tour With The Faint". Billboard (en inglés). 2005-03-28. Consultado o 2024-07-31. 
  6. "PLUG: Independent Music Awards". web.archive.org. 2008-12-20. Archived from the original on 20 de decembro de 2008. Consultado o 2024-07-31. 
  7. "GLAAD: Facts and Figures for the 17th Annual GLAAD Media Awards". web.archive.org. 2006-10-02. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2006. Consultado o 2024-07-31. 
  8. "Best of 2005: Music". Time. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2006. Consultado o 10 de outubro de 2011. 
  9. "The Associated Press: Obama: Rockin' in the USA". web.archive.org. 2008-02-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2008. Consultado o 2023-02-20. 
  10. "Bright Eyes On World Cafe". NPR. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 
  11. Aswad, Jem (2010-12-01). "Bright Eyes to Release Album Next Year". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-02-20. 
  12. "Bright Eyes will do final album". omaha.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 
  13. "Saddle Creek US Online Store: Bright Eyes & Neva Dinova - One Jug Of Wine, Two Vessels CD (2010 Reissue) (with MP3 download)". web.archive.org. 2011-09-28. Archived from the original on 28 de setembro de 2011. Consultado o 2023-02-20. 
  14. "ACLU Sues On Behalf Of Fremont Residents To Block Discriminatory Law". American Civil Liberties Union (en inglés). Consultado o 2023-02-20. 
  15. "Hear Bright Eyes' Arizona Protest Song". Pitchfork (en inglés). 2010-08-02. Consultado o 2023-02-20. 
  16. "Bright Eyes - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2023-02-20. 
  17. "(HD) Bright Eyes - "Jejune Stars" 2/24 Letterman (TheAudioPerv.com)". Consultado o 2023-02-20. 
  18. "Bright Eyes – “Beginner’s Mind” 4/14 Leno". The Audio Perv. Consultado o 2023-02-20. 
  19. Coffey, Kevi. "Bright Eyes' new comeback album has a release date". Omaha World-Herald (en inglés). Consultado o 2023-02-20. 
  20. "Bright Eyes to release career-spanning box set The Studio Albums 2000–2011" (en inglés). 2016-07-20. Consultado o 2024-07-31. 
  21. Yoo, Noah (2020-01-09). "Bright Eyes Launch Instagram With 2020 Teaser: Watch". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-07-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]