Saltar ao contido

Bruto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Junius Brutus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 85 a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido (República Romana) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 42 a. C. Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Filipos (República Romana) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, traumatismo penetrante Editar o valor en Wikidata
Triunviro monetario
54 a. C. – 54 a. C.
Maxistrado monetario
43 a. C. – 42 a. C.
Senador romano
Pretor urbano
Cuestor
Gobernador romano
Pretor
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, poeta, político da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Partido políticooptimates Editar o valor en Wikidata
Participou en
15 de marzo de 44 a. C.asasinato de Xulio César Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaJunii Bruti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeClaudia (valor descoñecido–45 a. C.), divorcio
Pórcia (esposa de Bruto) (45 a. C.–43 a. C.), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaVolumnia Editar o valor en Wikidata
PaisMarco Júnio Bruto, o Velho
Quinto Servílio Cepião Editar o valor en Wikidata  e Servilia Cepión
Hortênsia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarco Júnio Silano
Júnia Tércia
Junia Prima
Junia Secunda Editar o valor en Wikidata
ParentesCalpurnius Bibulus, fillastro
Décimo Xunio Bruto Albino Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
43 a. C.proscrición Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVidas paralelas
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1237329

Marco Xunio Bruto (en latín: Marcus Iunius Brutus), nado contra o 85 a.C. e finado o 23 de outubro do 42 a.C., foi un orador,[1] político e militar romano da etapa final da República. Foi un dos líderes, e o máis famoso, dos conspiradores que planearon e executaron o asasinato de Xulio César nos idos de marzo do -44. Non debe ser confundido con Décimo Xunio Bruto, outro parente da familia dos Brutos que tamén participou no complot.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ilustración de Bruto.

Bruto era fillo de Décimo Xunio Bruto (que, a pesar de ter o mesmo nome, non debe confundirse co asasino de César), un político pouco importante e Servilia Cepionis, media irmá de Catón o Novo e amante de Xulio César. Algunhas fontes falan da posibilidade de que César fose o seu verdadeiro pai, aínda que probablemente non se trate máis que dun rumor sen fundamento, xa que César tiña quince anos cando naceu Bruto, e a relación coa súa nai comezou dez anos despois.

O avó de Bruto, Quinto Servilio Cepio, adoptouno cando era novo e Bruto engadiu o cognomen Cepio ao seu nome. A súa carreira política empezou cando se converteu en asistente de Catón durante o período en que este último foi gobernador de Chipre.[2] Nesa época, Bruto enriqueceuse emprestando diñeiro a altos xuros. Dende a súa aparición no Senado, aliñouse coa facción conservadora (optimates) contra o Primeiro Triunvirato de Marco Licinio Craso, Cneo Pompeio Magno e Xulio César. Pompeio asasinara o pai de Bruto no ano -77, durante as proscricións de Sila.

Cando estalou a guerra civil no -49 entre Pompeio e César, Bruto aliñouse xunto co seu antigo inimigo e líder actual dos optimates, Pompeio. Despois do desastre da batalla de Farsalia, Bruto escribiu a César pedindo clemencia, e este perdooulle inmediatamente. César aceptouno entre os seus seguidores máis próximos e fíxoo gobernador da Galia cando foi a África perseguindo a Catón e a Metelo Escipión. Ao ano seguinte (-45), Ceśar nomeouno para o cargo de pretor.

O asasinato de César e as súas consecuencias

[editar | editar a fonte]

Hai varias tradicións diferentes que describen a forma en que Bruto chegou á decisión de asasinar a César. Plutarco, Apiano e Dión Casio, todos eles escritores da época imperial, centráronse na presión do grupo e no deber filosófico percibido de Bruto cara ao seu país e á reputación da súa familia.[3]

Conservador por natureza, Bruto nunca tratou de esconder as súas conviccións políticas. Casado coa filla de Catón, a súa prima irmá Porcia escribiu un texto gabando as calidades do seu sogro, xa falecido. César estaba moi encariñado con el e respectaba moito as súas opinións. Non obstante, Bruto, como outros moitos senadores, non estaba satisfeito co estado da República. Ceśar fora nomeado ditador perpetuo, e aprobara varias leis que concentraban o poder nas súas mans. Bruto comezou unha conspiración contra Ceśar xunto co seu cuñado e amigo Caio Casio Longino e outros senadores. Nos idos de marzo (15 de marzo do -44), un grupo de senadores, incluíndo a Bruto, asasinaron a César na Curia Pompeia. Na obra de William Shakespeare Xulio César, o ditador dirixe as súas famosas derradeiras palabras a Bruto: Tu quoque, Brute, fili mi (Ti tamén, Bruto, fillo meu) ou tamén Et tu, Brute (e ti tamén, Bruto?). Suetonio afirma que César dixo, en grego, Kai su, teknon? (Incluso ti, fillo meu?) (De Vita Caesarum, Liber I Divus Iulius, LXXXII).

Bruto no anverso dunha moeda dos Idos de marzo, conmemorativa do asasinato de César.

Tras o asasinato, demostrouse que a cidade de Roma estaba contra os conspiradores, xa que a maior parte da poboación amaba a César. Marco Antonio decidiu aproveitarse da situación e no 20 de marzo falou iradamente dos asasinos no eloxio fúnebre de César. A partir de entón Roma deixou de ver os conspiradores como salvadores da República e foron acusados de traizón. Bruto e os seus compañeiros fuxiron ata Oriente. En Atenas Bruto dedicouse ao estudo da filosofía e a obter fondos para financiar un exército para a guerra que se aproximaba. Octaviano e Marco Antonio marcharon cos seus exércitos contra Bruto e Casio. Ambos os exércitos encontráronse na dobre batalla de Filipos (-42). Despois do primeiro encontro, Casio suicidouse, e tras o segundo encontro, xa derrotado, Bruto fuxiu cos restos do seu exército. A piques de ser capturado, Bruto suicidouse tirándose sobre a súa espada. Marco Antonio honrou o seu inimigo caído, declarándoo o romano máis nobre. Mentres que outros conspiradores actuaron por envexa e ambición, Bruto creu que actuaba polo ben de Roma.

Na literatura

[editar | editar a fonte]

Aparecen referencia a este personaxe, nas seguintes obras literarias:

  1. Balbo 2013, p. 317
  2. Plutarco, Vidas paralelas. «Bruto», 3
  3. Tempestad 2017, p. 84

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]