Bubalinos
Bubalinos Bubalina Búfalos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo acuático (Bubalus bubalis)
| |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
A dos bubalinos (Bubalina) é unha subtribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que comprende dous xéneros:
Aspectos xerais
[editar | editar a fonte]Os búfalos derivan dunha cepa común, que é asiática. Ao longo dos séculos apareceron diferenzas, de tal xeito que hoxe existen dúas liñaxes principais: os búfalos de Asia e os búfalos de África, que constitúen, respectivamente os xéneros Bubalus Hamilton Smith, 1827 e Syncerus Hodgson, 1847.
Preto dun millón de búfalos viven no continente africano, tres cuartas partes do cales en áreas protexidas desde o sur do Sáhara até o sur de Suráfrica.[1]
O búfalo foi domesticado en Asia e unha cepa foi importada en Europa (o chamado búfalo mediterráneo.
Os búfalos machos adultos pesan de 700 a 900 kg, contra os 500 kg de media nas femias. Os machos midenaté 3,5 m de lonxitude, cuha altura na cernella duns 1,70 m, e as búfalas uns 2,5 m de lonxitude e alcanzan unha altura na cernella duns 1,4 m.
Os únicos depredadores dos búfalos son o tigre en Asia e o león en África. Estes atacan unicamente a individuos vulnerábeis, como xuvenís, vellos ou enfermos.
Grandes, fortes e musculados, os búfalos poden correr con gran velocidade, de até os 30 km/h os machos máis masivos, e de até os 55 km/h as fremias, máis lixeiras.[2] Menos rápidos que outros herbívoros, son moi poderosos e deféndense trucando cos seus cornis.
Os búfalos africanos son gregarios, irascíbeis e moi perigosos, e poden matar os leóns ou aos cazadores.
Especies e subespecies
[editar | editar a fonte]Os bífalos son ruminantes pertencentes á faminlia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos. Existen dous xéneros:
1. Xénero Bubalus Hamilton Smith, 1827 - (búfalos asiáticos)
- Subxénero Bubalus
- Bubalus bubalis (o búfalo propiamente dito ou búfalo acuático)
- Bubalus bubalis carabanesis (carabao)
- Bubalus bubalis bubalis (búfalo acuático)
- Bubalus arnee (búfalo acuático salvaxe)
- Bubalus bubalis (o búfalo propiamente dito ou búfalo acuático)
- Subxénero Anoa
- Bubalus depressicornis (anoa, anoa das chairas ou búfalo anano)
- Bubalus quarlesi (anoa de montaña)
- Subxénero Bubalus
Algúns zoólogos dividen os búfalos asiáticos acuáticos (Bubalus bubalis) en tres especies:[3]
- Bubalus carabanesis (carabao de Filipinas)
- Bubalus bubalis (búfalo acuático doméstico)
- Bubalus arnee (búfalo acuático salvaxe, unha rara especie en perigo de extinción que sería a antecesora dos búfalos domésticos)
2. Xénero Syncerus Hodgson, 1847 - (búfalo africano)
- Syncerus caffer (búfalo africano)
- Syncerus caffer caffer - (búfalo negro, búfalo do Cabo=
- Syncerus caffer aequinoctialis - (búfalo do Nilo)
- Syncerus caffer brachyceros - (búfalo do Sudán)
- Syncerus caffer matthewsi - (búfalo de montaña; habita en zonas montañosas, e non está universalmente recoñecido)[4]
- Syncerus caffer nanus - (búfalo anano, búfalo de bosque)
A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusinóns debido á gran variabilidase da especie.[5]
Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[6][7] (véxase o mapa) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[4]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Segundo estudos xenéticos efectuados por Alexandre Hassanin e Anne Ropiquet en 2004,[8] os búfalos asiáticos e o africano son, polo menos a nivel de ADN mitocondrial, unha unidade monofilética.
Porén, un estudo exhaustivo das relacións dos bovinos, incluíndo tamén s ADN do núcleo celular segue pendente.
Cladograma
[editar | editar a fonte]Cladograma que mostra as relacións e ntre os xéneros Syncerys e Bubalus, así como de Bos", Bison e outros xéneros:
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
- Bubalus mindorensis e Bubalus quarlesi non foron incluídos neste estudo.
- Bos rimigenius aquí simplifícase: os domesticados están representados mas formas B. p. f. taurus (boi) e B. p. f. indicus (cebú).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Revisyta GEO, n°384, febreuro de 2011, p. 80.
- ↑ Buffalo - Big 5 Kruger National Park
- ↑ Roth, J. & P. Myers (2004): Bubalis Bubalis. Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía. [1].
- ↑ 4,0 4,1 Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 279-280.
- ↑ Haltenorth, R. & Doller, H. (1986), pp. 106-108.
- ↑ Syncerus no NCBI.
- ↑ Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937". En: Molecular Phylogenetics and Evolution, 33 (3): 896–907.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bubalus en ADW (en inglés)
- Bubalus depressicornis Smith, 1827 en widlcattle conservation.org (en inglés)
- Syncerus caffer en ADW (en inglés)
- Syncerus caffer no NCBI (en inglés)