Saltar ao contido

Bulbasaur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bulbasaur (/ˈbʌLbəˌsɔːr/), coñecido como Fushigidane (fu-SHI-gi-DAN-e) (フシギダネ?) no Xapón,[1] é o primeiro Pokémon da franquía de Nintendo e Game Freak, o número 1 da enciclopedia electrónica ficticia chamada PokéDex. Deseñado por Atsuko Nishida,[2] Bulbasaur debutou en Pokémon Red e Blue como un dos Pokémon iniciais. Dende entón, reapareceu nas seguintes edicións dos xogos, en xogos spin-off, na mercadotecnia, nas adaptacións animadas e nos materiais impresos da franquía.

Coñecido como o Pokémon semente, Bulbasaur pode sobrevivir durante días só con luz solar. É un personaxe central no anime, sendo un dos Pokémon principais de Ash durante a primeira tempada, e posteriormente é obtido outro exemplar por May. Aparece en varios mangas, e é compañeiro do protagonista Red no manga Pokémon Adventures. Bulbasaur apareceu en innumerables pezas de mercadotecnia, incluídos xoguetes, chaveiros e bonecas de felpa.

Bulbasaur pode evolucionar en Ivysaur cando acada o nivel 16, e pode converterse en Venusaur no nivel 32. Venusaur tamén pode evolucionar en Mega Venusaur se o xogador o equipa con Venusaurite, mais esta función só se engadiu nos xogos de Pokémon en Pokémon X e Y.

  1. Kalbfleisch, Pamela (2003). Communication Yearbook 27. International Communication Association. p. 173. ISBN 0-8058-4819-3. Consultado o 20 de abril de 2009. 
  2. "Creator Profile: The Creators of Pikachu". NA website of Pokémon. The Pokémon Company International. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 12 de febreiro de 2021. Sugimori: “Bulbasaur, Charmander, and Squirtle were all designed by Ms. Nishida.” ; Nishida: “I created the designs for Bulbasaur, Charmander, and Squirtle by working backward from their final forms. I wanted people to be surprised when it evolved into Charizard, so I designed the original Charmander in such a way that Charizard would be unimaginable.” 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]