Célula dendrítica plasmacitoide
As células dendríticas plasmacitoides (pDCs) son células inmunitarias innatas que circulan polo sangue e se encontran nos órganos linfoides periféricos. Constitúen < 0,4% das células mononucleares do sangue periférico (PBMC).[1] Nos humanos estas células expresan os marcadores de superficie CD123, BDCA-2 (CD303) e BDCA-4 (CD304), pero non expresan altos niveis de CD11c ou CD14, o cal as distingue das células dendríticas convencionais ou dos monocitos, respectivamente. As pDC de ratos expresan CD11c, B220, BST-2/Teterina (mPDCA) e Siglec-H e son negativas para o CD11b. Como compoñentes do sistema inmunitario innato, estas células expresan receptores de tipo Toll 7 e 9 intracelulares, que detectan ARN monocatenario e motivos CpG no ADN, respectivamente.[2] Despois da estimulación e a subseguinte activación, estas células producen grandes cantidades de interferóns de tipo I (principalmente IFN-α e IFN-β), os cales son compostos antivirais pleiotrópicos fundamentais que son mediadores nun amplo rango de efectos.
O número de pDCs circulantes diminúe durante a infección por VIH crónica e na infección polo virus da hepatite C.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tversky JR, Le TV, Bieneman AP, Chichester KL, Hamilton RG, Schroeder JT (May 2008). "Human blood dendritic cells from allergic subjects have impaired capacity to produce interferon-alpha via Toll-like receptor 9". Clin. Exp. Allergy 38 (5): 781–8. PMC 2707903. PMID 18318750. doi:10.1111/j.1365-2222.2008.02954.x.
- ↑ Gill MA, Bajwa G, George TA; et al. (June 2010). "Counterregulation between the FcepsilonRI pathway and antiviral responses in human plasmacytoid dendritic cells". J. Immunol. 184 (11): 5999–6006. PMID 20410486. doi:10.4049/jimmunol.0901194.