César Rodríguez Carril
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Arzúa | |
21 de febreiro de 1942 – novembro de 1942 ← Juan Raposo Lamas – Ricardo Costoya Núñez → | |
Alcalde de Arzúa | |
1936 – 1937 – Manuel Fernández Rúa → | |
Alcalde de Melide | |
29 de marzo de 1924 – 1925 ← Inocencio Fuciños Quintás – Manuel Salgado Codesido → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
César Rodríguez Carril foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia de propietarios de Arzúa. Avogado en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Melide tomando posesión o 29 de marzo de 1924. Cesou no cargo en 1925. Foi presidente da Mancomunidade de Concellos de Melide, Santiso e Toques en 1927.[1] Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,[2] e foi nomeado secretario da URD de Arzúa en febreiro de 1934.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Subdelegado de Orde Pública de Arzúa en setembro; en outubro era primeiro tenente de alcalde, e foi alcalde en decembro.[4] Volveu ser nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1942, tomando posesión o 21 de febreiro.[5][6] Renunciou ao cargo en novembro dese mesmo ano.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuciños Gómez, Xosé Domingos (1997). "Alcaldes titulares de Melide. Relación cronolóxica 1900-1995;". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. (10): 32–33.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2022. Consultado o 27 de decembro de 2022.
Predecesor: Inocencio Fuciños Quintás |
Alcalde de Melide 1924 - 1925 |
Sucesor: Manuel Salgado Codesido |
Predecesor: Francisco Trillo Castiñeiras |
Alcalde de Arzúa 1936 - 1937 |
Sucesor: Manuel Fernández Rúa |
Predecesor: Juan Raposo Lamas |
Alcalde de Arzúa 1942 |
Sucesor: Ricardo Costoya Núñez |