CESCE
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde xaneiro de 2022.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Cesce | |
---|---|
Sede de Cesce, en Madrid. | |
Fundación | 1972, España |
Matriz | Grupo Cesce |
Localización | |
Persoas clave | Fernando Salazar Palma[1] (Presidente) |
Industria | Seguros |
Produtos | Servizos de xestión de crédito comercial |
Beneficio | 418 millóns de euros[2] (2020) |
Beneficio neto | 21,1 millón de euros[2] (2020) |
Na rede | |
https://www.cesce.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cesce, Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (castelán: Compañía Española de Seguros de Crédito a la Exportación), é unha empresa mixta pública-privada de xestión de risco comercial presente en 9 países. É o cuarto grupo mundial e o segundo de España en crédito e en caución. Conta con 140 000 clientes, 1,5 millóns de límites de risco en vigor[2], 24 oficinas comerciais, 100 axentes e 1 462 empregados[Cómpre referencia]. É membro de UNESPA, Unión de Berna, ICISA, ALASECE e APFPASA. Á súa vez, é propietaria de Informa[3], empresa de información financeira e comercial.[4]
Noutro ámbito, Cesce é unha axencia de crédito á exportación (ECA) encargada en España de xestionar o seguro de crédito á exportación por conta do Estado.[5]
Está participada maioritariamente polo Estado español e polos principais grupos bancarios e compañías de seguros españolas.[Cómpre referencia]
A parte de en España, Francia e Portugal, Cesce está presente no Brasil, Chile, Colombia, México e o Perú a través do Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC)[Cómpre referencia], da que é a principal accionista, cun 63,12 %.[6][7]
Historia
[editar | editar a fonte]Cesce constitúese en 1971 como unha compañía de capital mixto na que o Estado español conta coa maioría e na que participan as principais entidades financeiras españolas, así como algunhas compañías privadas de seguros; comezando a operar en 1972.[Cómpre referencia]
En 1992 inicia a súa actividade de seguro por conta propia. Ese mesmo ano crea Informa, unha empresa de subministración de información comercial, financeira e de mercadotecnia.
No ano 2000 crea o Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC) e inicia a súa expansión en Latinoamérica.
En 2004 Informa adquire o negocio de Dun & Bradstreet en España e Portugal.
A finais do ano 2012, Cesce rompe o principio de globalidade até entón vixente no sector do seguro de crédito.
Privatización
O 13 de xullo de 2012 o ministro de Economía, Luís de Guindos, anuncia a privatización da compañía[8] e o 14 de setembro de 2012 apróbase o Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, que suprime a restrición legal anteriormente existente que obrigaba ao Estado a manter unha posición maioritaria no capital da compañía.[9][10] En xaneiro de 2013, a SEPI selecciona a PricewaterhouseCoopers e Pérez Llorca Abogados como asesores financeiro e xurídico, respectivamente, no proceso de privatización da compañía.[11] O 20 de setembro de 2013 o Consello de Ministros aproba o anteproxecto da Lei de cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización das empresas, que crea a figura do axente xestor, a entidade designada polo Estado para xestionar no seu nome determinados riscos da internacionalización, e estipula que Cesce será axente xestor durante 7 anos ampliables a 10[12], á vez que estipula que devandito axente xestor non poderá xestionar a ECA de ningún outro país.[13] Finalmente, o 4 de abril de 2014 o Congreso aproba a privatización[14] e o 23 do mesmo mes publícase a Lei 8/2014, de 22 de abril, sobre cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización da economía española que entra en vigor o día 23 de xullo.[15] Porén, en xuño de 2015 suspendeuse sine díe o proceso de privatización[16]
Presenza internacional
[editar | editar a fonte]Cesce está presente directamente en España, Francia e Portugal; e a través de Cesce Internacional (CIAC) en países de Latinoamérica como Perú, Colombia, Brasil, México e Chile.
Accionistas
[editar | editar a fonte]Sociedade | % de participación[2] |
---|---|
Estado español | 50,25% |
Banco Santander | 23,88% |
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria | 16,3% |
Banco Sabadell | 3,60% |
Outros bancos | 2,07% |
Compañías de seguros | 3,90% |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Consejo de CESCE nombra a Fernando Salazar nuevo presidente de la Compañía". Cesce España (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Informe de actividades 2020" (pdf). Cesce. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "CESCE adquiere el 100% de Informa D&B". CESCE (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "La empresa". Informa (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "CESCE". Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Santander y BBVA ceden peso a Cesce en su hólding internacional". Expansión (en castelán). 28 de maio de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "CESCE Internacional". CESCE (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Gobierno privatizará la Compañía de Seguros de Crédito a la Exportación" (en castelán). Europa Press. 13 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Gobierno aprueba el inicio de la privatización de CESCE". La Información (en castelán). 14 de setembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El gobierno privatiza cesce". El Economista (en castelán). 14 de setembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "PwC y Pérez Llorca serán los asesores financiero y jurídico de SEPI en el proceso de privatización de CESCE". El Economista (en castelán). 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Gobierno aprueba el anteproyecto de Ley que avanza en la privatización del Cesce" (en castelán). Europa Press. 20 de setembro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El gestor privado de los seguros a la internacionalización no podrá prestar el mismo servicio para otro país" (en castelán). Europa Press. 2 de outubro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Congreso da el visto bueno final a la privatización del CESCE". El Confidencial (en castelán). 10 de abril de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "La ley que permite privatizar la gestión del CESCE entrará en vigor dentro de tres meses" (en castelán). Europa Press. 23 de abril de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ Bravo, J. A. (14 de xuño de 2014). "El Gobierno aparca ‘sine die’ la privatización de la aseguradora Cesce". Diario de León (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.