Saltar ao contido

CG-4.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CG-4.1
Corredor do Morrazo
Mapa
Vía de altas prestacións CG-4.1
Sinalización de dirección a Cangas e Moaña
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude4 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-46  Cangas
Fin VG-4.6  Alto da Portela
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo[1][2] (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Cangas e Alto da Portela (Bueu); atravesa os concellos de Moaña e Cangas. Ten unha lonxitude de 4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-46 en Cangas e finaliza nun cruzamento coa VG-4.6 en Alto da Portela (Bueu).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Inicia na final da autovía do Morrazo, AG-46 coa ligazón da vía para automóbiles, VG-4.5 (coñecido como Acceso a Cangas) no lugar de Ameixoada (concello de Moaña), pasado polo viaduto do río Bouzós duns 234 metros de lonxitude e o túnel de Coiro duns 110 metros de lonxitude. Remata na ligazón da estrada PO-551 con direccións, un ao norte ao polígono industrial da Portela e o lugar da Portela (ambos no concello de Bueu) e outro ao sur a Cangas, no lugar de Alto da Portela (concello de Bueu), coa conexión directa á vía para automóbiles, VG-4.6 ao lugar de Menduíña (concello de Cangas).

Lume nas proximidades do CG-4.1

As primeiras obras iniciaron en maio de 2003[3] e foi inaugurado en decembro de 2005,[4][5][6] entre a rotonda de Domaio (estrada nacional N-554) e Menduíña (Cangas).

As obras do desdobramento do corredor (no treito entre Domaio e Cangas) iniciaron en outubro de 2015[7] o primeiro treito entre a rotonda de Domaio e a ligazón de Domaio, duns 3,3 quilómetros de lonxitude. O segundo treito, duns 4,1 quilómetros de lonxitude, entre a ligazón de Domaio e Meira iniciaron as obras en xuño de 2016.[8] E o terceiro treito, duns 3,8 quilómetros de lonxitude, entre Meira e Moaña iniciaron as obras en setembro de 2017.[9]

Asemade, o feito de que se proxectara este corredor no lugar onde se encontra o castro de Montealegre, obrigou a unha corrección no proxecto de desdobramento, dado que a a largura da nova plataforma afectaría de xeito irreversíbel ao xacemento arqueolóxico.[10] Estes traballos para salvar o castro provocarán un novo peche, estimado en sete meses, desta vía de alta capacidade unha vez remate a temporada estival.[11]

O primeiro treito entre a rotonda de Domaio e Meira foi inaugurado en maio de 2018,[12][13][14][15][16] duns 7,3 quilómetros de lonxitude, e o segundo treito entre Meira e Moaña foi inaugurado en xuño de 2019,[17][18][19] duns 3,9 quilómetros de lonxitude.

Treito orixinal  CG-4.1 

[editar | editar a fonte]
Denominación Treito Kms Ano servizo
 CG-4.1   N-554  Domaio -  VG-4.6  Alto da Portela 15 2005[4][5][6]

Conversión en  AG-46 

[editar | editar a fonte]
Denominación Treito Kms Ano servizo
 AG-46   N-554  Domaio -  EP-1102  Meira 7,3 2018[12][13][14][15][16]
 AG-46   EP-1102  Meira -  VG-4.5  Moaña 3,9 2019[17][18][19]
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Feijoo afirma que la vía rápida de O Morrazo estará lista en el 2005". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2003. 
  4. 4,0 4,1 "El corredor de O Morrazo espera desde hoy 40.000 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005. 
  5. 5,0 5,1 "Una trampa menos para O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005. 
  6. 6,0 6,1 "Ingeniería de vanguardia para la carretera más cara". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005. 
  7. "Por fin arraca el primer tramo de la autovía de O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  8. "A Xunta inicia hoxe as obras de execución do segundo treito da autovía do Morrazo, desde a ligazón de Domaio ata o de Meira". Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  9. "Ethel Vázquez avanza que a totalidade da autovía do Morrazo estará finalizada no verán de 2019 e os dous primeiros treitos xa entrarán en servizo na próxima primavera". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  10. "El castro que cambió la autovía". Atlántico (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2017. 
  11. "O corredor do Morrazo pechará sete meses para salvar o castro de Montealegre". Consultado o 9 de xuño de 2017. 
  12. 12,0 12,1 "Feijóo destaca que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade, mobilidade e competitividade de toda a comarca". Consultado o 11 de maio de 2018. 
  13. 13,0 13,1 "A 120 km/h por los dos primeros tramos de la autovía de O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "La Xunta abre 7,3 kilómetros de la autovía de O Morrazo y prevé completar el trazado en un año". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Feijoo apremia a Audasa para que acabe las obras en el puente de Rande". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "POSTA EN SERVIZO DA AUTOVÍA DO MORRAZO". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018. 
  17. 17,0 17,1 "Feijóo destaca a posta en servizo da totalidade da Autovía do Morrazo que achegará aínda máis a comarca a Vigo e Pontevedra e contribuirá a unha maior seguridade, mobilidade e competitividade". Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  18. 18,0 18,1 "La autovía do Morrazo, completa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  19. 19,0 19,1 "La autovía gratuita de O Morrazo dará seguridad a 16.000 conductores al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2019.