Saltar ao contido

COM LAG (2plus2isfive)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

COM LAG (2plus2isfive)
EP de Radiohead
Data de edición: 24 de marzo do 2004
Lanzamento:
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación:
Duración: 36:21
Xénero musical: rock alternativo
Selo discográfico: Toshiba-EMI
Producido por: Nigel Godrich, Radiohead
Cronoloxía
Hail to the Thief COM LAG (2plus2isfive) In Rainbows

COM LAG (2plus2isfive) é un EP da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 24 de marzo do 2004 no Xapón e Australia. Inclúe moitas das caras-b dos sinxelos editados do seu álbum Hail to the Thief, e tamén remesturas de Cristian Vogel e Four Tet.

No Canadá apareceu o 13 de abril do 2004 e finalmente foi lanzado no Reino Unido o 16 de abril do 2007 e nos Estados Unidos o 8 de maio dese mesmo ano.

Os prensados orixinais xaponeses do EP tiñan un erro de masterización no tema "Skttrbrain", que causaba forte estática que se escoitaba na canle esquerda catro veces durante a canción.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Radiohead.

  1. "2+2=5" (live at Earls Court, London, 26/11/03) - 3:34
  2. "Remyxomatosis" (Cristian Vogel RMX) - 5:08
  3. "I Will" (Los Angeles version) - 2:13
  4. "Paperbag Writer" - 3:58
  5. "I Am a Wicked Child" - 3:05
  6. "I Am Citizen Insane" - 3:32
  7. "Skttrbrain" (Four Tet RMX) - 4:26
  8. "Gagging Order" - 3:35
  9. "Fog (Again)" (live) - 2:19
  10. "Where Bluebirds Fly" - 4:23