Cabo de Palos
Tipo | entidade singular de poboación pedanía | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Murcia, España | |||
| ||||
Bañado por | Bahía de Mazarrón (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m | |||
O cabo de Palos é un cabo situado no concello de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Orograficamente, o cabo forma parte dunha pequena cordilleira de outeiros volcánicos que forman unha pequena península. Unha proba desta cordilleira son as illas próximas no mar Mediterráneo: illa Grosa e as illas Hormigas, así como as cinco situadas no mar Menor.
A proximidade do mar Menor (palus ou lagoa en latín) é a que dá orixe á etimoloxía do lugar.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo Plinio o Vello e Rufo Festo Avieno, sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a Baal Hammón, identificado logo polos romanos como Saturno.
No século XVI, no reinado de Filipe II construiose sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos piratas berberiscos.
En 1862 iniciouse a construción do actual faro que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o 31 de xaneiro de 1865.
O pobo de Cabo de Palos, foi na súa orixe un poboado de pescadores, aínda que hoxe é principalmente unha localidade turística coñecida pola súa gastronomía (en especial polo seu "Caldeiro do Mar Menor", receita local a base de arroz e peixes da zona, en particular o mero) e como destino de mergullo.
Cabo de Palos forma parte da Estación Náutica do Mar Menor, o que asegura ao turista que acode á zona unha ampla oferta en deportes náuticos, sobre todo o mergullo, en todas as épocas do ano, grazas ao clima cálido do sueste murciano e aos seus impoñentes fondos mariños.
A riqueza e bo estado de conservación dos seus fondos mariños motivaron a protección dos mesmos dentro da reserva mariña de cabo de Palos e Illas Hormigas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- Os cartaxineses en Turdetania e Oretania Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Toponimia romana e de romanización en Murcia