Saltar ao contido

Cabodano (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabodano
OrixeSigüeiro, Galicia Galicia
Período2012-
Xénero(s)metalcore, groove metal
MembrosMoisés
Peri
Juncal
Buitre
Mora
Na rede
Discogs: 6958630 Editar o valor en Wikidata

Cabodano é unha banda galega de metalcore e groove metal, procedente de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A banda naceu en 2012, co nome inicial de The Guepards, renomeándose posteriormente como Cabodano.[2] Estaba formada inicialmente por Moisés (baixo), Peri (batería) e Juncal (guitarra), aos que se uniron máis tarde Buitre (voz) e Mora (guitarra).[2] En 2015 comezaron a dar concertos por Galicia e en 2015 publicaron o seu primeiro sinxelo: "Odio".[2]

En 2018 saíu á luz o seu primeiro álbum, co título O espertar. Producido pola propia banda e coas letras en galego, constou de nove temas encadrados no metalcore, aínda que se poden atopar tamén nel toques de thrash metal, groove metal ou death metal melódico.[2] En 2024 publicaron o seu segundo disco, titulado É mellor matarse, con 15 novos temas.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • O espertar (2018).
  • É mellor matarse (2018).
  1. "O metal máis "duro" tamén se canta en galego". Nós Diario. 31 de decembro de 2023. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Cabodano:”La pasión es el principal motor que nos mueve”" (en castelán). 15 de decembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  3. "CABODANO: Su nuevo álbum “É Mellor Matarse” es un testimonio de la fuerza y la pasión de esta banda gallega" (en castelán). 15 de maio de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.