Saltar ao contido

Canle do Iucatán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCanle do Iucatán
(en) Yucatán Channel Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
Mapa
 21°34′42″N 85°54′27″O / 21.578333333333, -85.9075
Características
Profundidade1.800 m Editar o valor en Wikidata

A canle do Iucatán (en castelán: Canal de Yucatán) é un estreito situado entre México e Cuba. Conecta a baía do Iucatán no mar Caribe co golfo de México. Ten algo máis de 200 km de largo e case 2800 m de profundidade no seu punto máis fondo preto da costa cubana.

Correntes

[editar | editar a fonte]

A canle do Iucatán separa Cuba da península do Iucatán en México e une o mar Caribe co golfo de México. O estreito mide 217 km entre o cabo Catoche en México e o cabo San Antonio en Cuba.[1] Ten unha profundidade máxima preto da costa cubana de 2779 m.[2] A auga flúe a través do mar Caribe do leste ao oeste. Este fluxo consiste en 5 Sv de auga da corrente ecuatorial norte que vai a través do paso dos Ventos e 12 Sv de auga da corrente ecuatorial sur que vi a través da costa do Brasil. O fluxo total é duns 17 Sv a unha temperatura de polo menos 17 °C. Cando a auga supera a península do Iucatán recibe o nome de corrente do Iucatán.[3] Esta corrente proporciona a maior parte da auga interior do golfo de México, xa que a cantidade que entra a través dos estreitos de Florida é pequena e intermitente.[4] A corrente do Iucatán flúe con forza na parte occidental da canle mentre que as contracorrentes cubanas flúen en sentido contrario na parte máis oriental. Baixo a corrente do Iucatán, hai unha corrente submarina cara ao sur que toma auga dende o golfo de México.[4]

Arrecifes de coral

[editar | editar a fonte]

Cando a auga que flúe a través da canle do Iucatán entre no golfo de México, pasa sobre o banco de Campeche, unha área pouco fonda. Alí hai arrecifes de coral sobre as marxes exteriores da plataforma do Iucatán a uns 100 km da beira. Os principais corais que os forman son Acropora cervicornis, Acropora palmata e Montastraea annularis e a finais da década de 1990 moitos morreron. Dende entón realizáronse algunhas repoboacións.[5] O banco de Campeche é unha zona de gran biodiversidade, e aí e noutras parte da canle lévase a cabo moita pesca por parte de pescadores artesáns que converxen na zona dende a costa de México. A área está ameazada pola sobreexplotación.[6]

  1. Britannica
  2. Free Dictionary
  3. Gyory, Joanna; Mariano, Arthur J.; Ryan, Edward H. "The Caribbean Current". Ocean surface currents. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2009. Consultado o 2013-08-31. 
  4. 4,0 4,1 Gyory, Joanna; Mariano, Arthur J.; Ryan, Edward H. "The Yucatan Current". Ocean surface currents. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 2013-08-31. 
  5. Cortés, J. (ed.) (2003). Latin American Coral Reefs. Gulf Professional Publishing. pp. 134–147. ISBN 9780080535395. 
  6. Jord, E. "Mexico". Reefs at Risk in the Caribbean. World Resources Institute. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 2013-08-31.