Capitán Planeta
Aparencia
Captain Planet and the Planeteers | |
---|---|
Formato | Serie de animación |
Creado por | Ted Turner |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 113 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Andy Heyward Robby Larkin, Barbara Pyle, Nick Boxer |
Duración | 25 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TBS |
Primeiro episodio | 15 de setembro de 1990 |
Derradeiro episodio | 11 de maio de 1996 |
Na rede | |
http://www.turner.com/planet/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Capitán Planeta é unha serie de animación estadounidense de carácter ecoloxista producida para a televisión, baseada nunha idea de Ted Turner e Robert Larkin III, a serie produciuna Turner Program Services e DiC Entertainment emitíndose ata o 5 de decembro de 1992. Co título de The New Adventures of Captain Planet emitíronse os episodios posteriores producidos por Turner Broadcasting e Hanna-Barbera Productions. Os capítulos continúan a se emitir nos Estados Unidos en sindicación.[1]
A serie está concibida como entretemento educativo avogando polo ecoloxismo.[2][3]. En Galicia emitiuna a TVG en 1991.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jensen, Elizabeth (April 22, 2006). "An Aging Superhero Wins a Life Beyond Reruns". The New York Times. Consultado o 30 de novembro de 2010.
- ↑ Captain Planet Zooms to the Rescue of the Environment, The Washington Post - Sep 16, 1990
- ↑ Szymanski, Michael (1990-02-03). "Captain Planet: Here He Comes to Save the Day". The Los Angeles Times. Consultado o 2010-08-24.