Saltar ao contido

Caránxidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os caránxidos[1][2][3] (Carangidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas temperadas ou tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan formas variables pero en xeral son de corpo medianamente alargado e algo comprimido, con escamas débiles, ausentes ou pouco visibles. A liña lateral pode estar cuberta por unha crista de escudetes espiñosos ou aquillados (como, por exemplo, o xurelo).

Posúen dúas aletas dorsais separadas. A primeira é espiñosa e con tendencia a reducirse, ata converterse nalgúns casos nalgunhas espiñas illadas; a segunda está formada por raios brandos e é longa e ben desenvolvida, como tamén o está a aleta anal; diante desta, dúas espiñas. As pectorais, usualmente longas e falciformes, e as pelvianas cunha espiña e cinco raios brandos; aleta caudal moi bifurcada.

Son especies depredadoras e viven en augas abertas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en 30 xéneros e unhas 150 especies:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caránxidos.
  2. Definición de caránxido no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. BUSCatermos caránxidos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]