Carcinoloxía
A carcinoloxía, dos elementos carcino- e -loxía, do grego καρκινο-, de καρκίνοσ karkínos, "cangrexo" (e tamén "cácer") e -λογια, de λόγοσ logos, "palabra", "explicación", "tatado", é a rama da zooloxía que estuda aos crustáceos.
Debido ao duplo significado que en grego ten a palabra καρκίνοσ, carcinoloxía é tamén o nome da especialidade da medicina que estuda os cancros ou tumores malignos.
Por iso algúns[quen?] prefiren usar o pouco estendido termo malacostracoloxía, de malaco-, tirado do grego μαλακο-, de μαλακός malakós, "brando" e -loxía (etimoloxía pouco afortunada, pero que se usa en malacostráceos (Malacostraca), nome do grupo que comprende os crustáceos máis coñecidos) e que, por inapropiado, non debe confundirse con malacoloxía, ou parte da zooloxía que estuda os moluscos, animais "de corpo brando"·
Un biólogo que traballa en carcinoloxía é un carcinólogo.
Carcinólogos destacados
[editar | editar a fonte]- Paul Bartsch
- Louis Augustin Guillaume Bosc
- Johann Friedrich von Brandt
- James Dwight Dana
- Charles Darwin
- Anselme Gaëtan Desmarest
- Johan Christian Fabricius
- Félix Édouard Guérin-Méneville
- Adrian Hardy Haworth
- William Perry Hay
- Johann Friedrich Wilhelm Herbst
- Thomas Henry Huxley
- Pierre André Latreille
- William Elford Leach
- Henri Milne-Edwards
- Alphonse Milne-Edwards
- Théodore André Monod
- Guillaume-Antoine Olivier
- Arnold Edward Ortmann
- Isabel Pérez Farfante
- Constantine Samuel Rafinesque
- Martin Rathke
- Antoine Risso
- Thomas Say
- Philipp Franz von Siebold
- Thomas Roscoe Rede Stebbing
- Karl Wilhelm Verhoeff
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carcinoloxía |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crustacea.net, an online resource on the biology of crustaceans en Crustacea.net
- CrustaceaArquivado 18 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. en Natural History Museum of Los Angeles County
- Crustacea Arquivado 04 de decembro de 2011 en Wayback Machine. en Tree of Life Web Project
- The Crustacean SocietyArquivado 10 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Natural History Collections: Crustacea en University of Edinburgh
- Crustacea (crabs, lobsters, shrimps, prawns, barnacles) Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. en Biodiversity Explorer