Saltar ao contido

Carlos Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Pita
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2008   Deportivo Fabril 79(8)
2005–2005   Deportivo da Coruña 2(0)
2006–2007 cesión   CD Logroñés 35(5)
2008–2009   Valencia CF Mestalla 29(3)
2009–2010   CD Guadalajara 40(1)
2010–2022   CD Lugo 408(27)

Carlos Pita González, coñecido como Pita, nado na Coruña o 8 de decembro de 1984, é un exfutbolista galego. Mediocentro histórico do Lugo, é o terceiro futbolista con máis partidos na historia do club, 415, cifra só superada por Alvite e Domínguez. Formouse na canteira do Deportivo da Coruña, co que debutou na Primeira División antes de pasar por varios equipos da Segunda División B. En 2010 recalou no Lugo, no que militou durante os seguintes 12 anos, 10 deles na Segunda División, á que ascendeu na tempada 2011/12.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Nado no barrio do Castrillón da Coruña, Carlos Pita formouse no Galicia Gaiteira, onde xogaba tamén seu irmán e onde tivo como adestrador ao seu pai, Manolo Pita.[1] En 1999 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña, comezando na categoría cadete.[2] Despois de pasar polo equipo xuvenil, na tempada 2003/04 debutou co Fabril na Terceira División, aínda que non acabou de consolidarse na titularidade por mor da competencia de xogadores máis experimentados como Iván Campos ou Jorge González.[1]

Esa mesma tempada foi convocado por Javier Irureta para dous partidos da Liga de Campións, ante o Olympiacos e o Monaco, aínda que non chegou a debutar na máxima competición europea. Si o fixo na Copa do Rei, nunha vitoria por 0-2 ante o Cerceda no campo do Roxo. Uns meses máis tarde realizou a súa estrea na Primeira División, o 29 de maio de 2005, data da última xornada, na que se enfrontaban o Deportivo e o Numancia no Estadio Los Pajaritos de Soria. Entrou ao campo substituíndo a Duscher a falta de 11 minutos para o final nun encontro que rematou con empate a un gol.[3] Foi o seu segundo e último partido co Deportivo e o seu único encontro na máxima categoría do fútbol español.

Nas tempadas 2004/05 e 2005/06 asentouse na titularidade do Fabril de Tito Ramallo, co que se proclamou campión do Grupo 1 de Terceira. Para a campaña 2006/07 saíu cedido a un equipo de superior categoría, o Logroñés, da Segunda División B. Alí realizou unha destacada tempada, disputando 35 partidos (32 deles como titular) e anotando 5 goles. Ao ano seguinte volveu ao Fabril, que durante a súa ausencia conseguira o ascenso a Segunda B. Titular indiscutible, xogou todos os partidos agás tres que perdeu por acumulación de cartóns amarelos, e foi unha peza clave para que o filial deportivista acadase a cuarta posición, un dos mellores resultados da súa historia, que lle valeu para disputar a promoción de ascenso a Segunda, onde caeu ante o Écija.[4]

Valencia Mestalla e Guadalajara

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2008 o Fabril anunciou que nin Carlos Pita nin Rubén Rivera entraban nos plans de Tito Ramallo para a vindeira tempada, polo que abandonaron o club despois de anos na súa estrutura. Pita fichou entón polo Valencia Mestalla, tamén de Segunda B. Tras un ano na costa mediterránea, asinou polo Guadalajara, co que xogou un ano máis na categoría de bronce, participando en todos os partidos de liga e na fase de ascenso á Segunda División.

No verán de 2010 regresou a Galicia da man do Club Deportivo Lugo, onde tivo a complicada tarefa de substituír a Fernando Seoane, que tras unha espectacular tempada viña de fichar polo Nàstic de Segunda. Xa dende a primeira tempada o coruñés converteuse nun dos piares do club e peza fixa no centro do campo xunto a Marcos Rodríguez, contribuíndo de xeito decisivo a que o Lugo se proclamase campión do seu grupo por primeira vez na súa historia e accedese así á fase de ascenso á Segunda División. Con todo, unha fractura nunha clavícula impediulle estar no once inicial dos partidos da final ante o Alcoyano, resultando vencedor o equipo alacantino.[5] No seu segundo ano axudou ao equipo de Quique Setién a resarcirse e conseguir o ascenso á Segunda División por segunda vez na súa historia.

No 2012 Seoane regresou ao Lugo, e formou xunto con Pita un histórico pivote que ocupou o centro do campo do equipo durante a seguinte década, nos mellores anos deportivos da historia do club. Con eles no terreo de xogo, o Lugo conseguiu a permanencia en Segunda durante 10 tempadas consecutivas, obtendo como mellor resultado o 9º posto na 2016/17. Pita portou o brazalete de capitán dende 2017 ata a súa retirada en 2022, cando deixou o club como o terceiro xogador con máis partidos da súa historia (415), só por detrás de Alvite e Domínguez.[6]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada continuou traballando no Lugo, onde foi nomeado director deportivo,[7] cargo que ocupou ata o derradeiro día do mercado invernal de 2023.[8] Na tempada 2023/24 iniciouse como adestrador, collendo as rendas do equipo xuvenil da SDC Residencia de Lugo. [9]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Categoría Liga Copa Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Fabril 2003/04 Terceira 20 2 - - 1 0 21 2
2004/05 Terceira 24 1 - - - - 24 1
Deportivo da Coruña 2004/05 Primeira 1 0 1 0 - - 2 0
Fabril 2005/06 Terceira 30 4 - - 4 1 34 5
Logroñés 2006/07 Segunda B 35 5 0 0 - - 35 5
Fabril 2007/08 Segunda B 35 6 - - 2 0 37 6
Total club 109 13 - - 7 1 116 14
Valencia Mestalla 2008/09 Segunda B 29 3 0 0 - - 29 3
Guadalajara 2009/10 Segunda B 38 1 0 0 2 0 40 1
Lugo 2010/11 Segunda B 36 2 0 0 5 0 41 2
2011/12 Segunda B 35 4 0 0 5 1 40 5
2012/13 Segunda 37 1 0 0 - - 37 1
2013/14 Segunda 38 3 0 0 - - 38 3
2014/15 Segunda 36 1 1 0 - - 37 1
2015/16 Segunda 34 1 2 0 - - 36 1
2016/17 Segunda 39 1 0 0 - - 39 1
2017/18 Segunda 23 3 0 0 - - 23 3
2018/19 Segunda 29 7 0 0 - - 29 7
2019/20 Segunda 34 2 0 0 - - 34 2
2020/21 Segunda 26 0 1 0 - - 27 0
2021/22 Segunda 32 1 2 0 - - 34 1
Total club 399 26 6 0 10 1 415 27
Total carreira 611 48 7 0 19 2 637 50
  1. Inclúe partidos da Copa Federación e de promocións de ascenso a Segunda e a Segunda B.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Lugo
  1. 1,0 1,1 "Carlos Pita". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de setembro de 2004. p. 34. 
  2. ""Siempre que nos vemos Álex y yo es como si no hubiese pasado el tiempo"". La Opinión A Coruña (en castelán). 31 de decembro de 2018. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  3. Partidos. Pita: Carlos Pita González
  4. "El Fabril cae vapuleado en Écija y se despide del sueño del ascenso". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xuño de 2008. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  5. "Carlos Pita arrima el hombro". El Progreso (en castelán). 14 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  6. "Se retira la historia del Lugo: Pita, Seoane e Iriome dejan el club". As (en castelán). 23 de maio de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  7. "Carlos Pita es el nuevo director deportivo del Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2022. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  8. "Carlos Pita deja la dirección deportiva del Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2023. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  9. "Carlos Pita, exjugador del Lugo: «La SDC Residencia es un espectáculo, desde el trato a la libertad para entrenar»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]