Saltar ao contido

Carmina Virgili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmina Virgili

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Carmina Virgili i Rodón Editar o valor en Wikidata
19 de xuño de 1927 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Senadora de España
1996 – 2000
Circunscrición electoral: Barcelona
Secretario de Estado de España
1982 – 1985
Catedrático de universidade
1963 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Facultad de Ciencias Geológicas (Universidad Complutense de Madrid) (en) Traducir
Universidade de Oviedo
Colexio de España en París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeóloga, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorColexio de España en París, directora (1987–1996)
Universidade Complutense de Madrid, catedrático de universidade (1968–1996)
Universidade de Oviedo, catedrático de universidade (1963–1968) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAna Márquez-Aliaga (en) Traducir e Salvador Reguant Serra Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1421085

Carmina Virgili Rodon, nada en Barcelona o 19 de xuño de 1927 e finada o 21 de novembro de 2014,[1][2] foi unha xeóloga, científica e política española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Considerada discípula de Lluis Solé i Sabarís, é doutora en Ciencias Naturais pola Universidade de Barcelona desde 1956. Especializouse en sedimentoloxía e estratigrafía do Triásico e Pérmico. Foi profesora da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e investigadora do CSIC. En 1963 obtén a cátedra de Estratigrafía da Universidade de Oviedo -foi a primeira muller catedrática nesa universidade, e a terceira de España- e posteriormente a da Complutense de Madrid. Foi decana da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e foi membro fundador do Grupo Español de Sedimentoloxía e do Grupo Mesozoico. Realizou unha estancia como profesora asociada na Universidade de Estrasburgo (1974), foi vicepresidenta da Société Géologique de France e membro da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, do Consello Social do CIRIT e do Observatori de Bioètica i Dret. Foi a primeira muller en formar parte da Xunta Directiva da Sociedad Española de Mecánica de Rocas.

Foi secretaria de Estado de Universidades e Investigación no primeiro goberno presidido por Felipe González e tivo como xefe de gabinete a Alfredo Pérez Rubalcaba.[3] En 1987 foi nomeada directora do Colexio de España de París, cargo que ocupou ata 1996.[4] Nas eleccións xerais españolas de 1996 foi elixida senadora como candidata do PSC pola provincia de Barcelona .

Entre as distincións recibidas está a de oficial da Lexión de Honra (Francia). En 1995 recibiu a Creu de Sant Jordi, en 2011 a Medalla de Ouro da Universidade de Barcelona e en 2013 a Medalla de Honra da Universidade Complutense.[5]

  • El Triásico de los Catalánides. 856 páxs. Madrid (1958)
  • El fin de los mitos geológicos, Lyell. Nivola Libros y Ediciones, SL 320 páxinas. Madrid (2003) ISBN 978-84-95599-44-5
  • La Geologia : dels mites a la Ciència (2004) sobre Charles Lyell
  1. "CARMINA VIRGILI RODÓN (BARCELONA, 1927-2014)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2016. Consultado o 18 de abril de 2015. 
  2. Fallece Carmina Virgili, la primera mujer catedrática de la Universidad de Oviedo La Nueva España. 24 de novembro de 2014.
  3. Pérez Rubalcaba, A. (24 de novembro de 2014). "Carmina Virgili, defensora de la libertad y la inteligencia". El País. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  4. Martínez de Villarreal, J. A. (26 de novembro de 2014). "Mi adiós a Carmina Virgili". El País. Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  5. Universidad de Barcelona «La geóloga Carmina Virgili, Medalla de Honor de la Universidad Complutense de Madrid». Noticias, 22 de xaneiro de 2013 (Consultado o 12 de decembro de 2014)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]