Carole Pateman
Aparencia
Carole Pateman, nada en Sussex o 11 de decembro de 1940 é unha teórica política e feminista británica. Coñecida pola súa posición crítica á democracia liberal. Entre as súas obras coñecidas está "The Sexual Contract" publicada en 1988 expondo que a desigualdade entre os sexos é un produto de especial reorganización patriarcal da modernidade. Dende 2007 é membro da Academia Británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo un doutoramento na Universidade de Oxford. Dende 1990, a profesora Pateman ensinou no Departamento de Ciencia Política na Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA).[1]
En 2007, foi nomeada membro da Academia Británica.
En 2012 recibe o Premio Johan Skytte de ciencia política.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina de Carole Pateman en UCLA (en inglés)
- ↑ "Premios Johan Skytte en Ciencia Política". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carole Pateman |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- On, Steve (2012). Browning, Gary; Dimova-Cookson, Maria; Prokhovnik, Raia, eds. "Dialogues with contemporary political theorists". Houndsmill, Basingstoke, Hampshire New York: Palgrave Macmillan: 139–154. ISBN 9780230303058.