Saltar ao contido

Castres Olympique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castres Olympique
NomeCastres Olympique
Fundación1906
SedeCastres, Francia Francia
Estadio(s)Stade Pierre-Antoine
Capacidade11.500 espectadores
PresidenteFrancia Michel Dhomps
AdestradorSerge Milhas e
David Darricarrere
Liga(s)Top 14
2015-16-
Casa
Fóra
Alternativo
Na rede
http://www.castres-olympique.fr/index_site.html
Facebook: CastresOlympiqueOfficiel Twitter: CastresRugby Instagram: castresolympique Youtube: UCGMMT4Q_Q23We6tEMxHQmOQ Editar o valor en Wikidata

O Castres Olympique é un club de rugby francés da localidade de Castres, no departamento de Mediodía-Pireneos e que actualmete compite no Top 14.

Foi fundado en 1898, mais non foi ata 1906 cando adoptou o seu nome actual. Xoga os seus partidos como local no Stade Pierre-Antoine, cunha capacidade de 11500 espectadores e visten de azul e branco.

En 1898 varios alumnos da universidade municipal de Castres que se coñeceran nun bar do centro decidiron crear un equipo no que puideran xogar ao seu deporte favorito, o rugby. Nos seus primeiros anos este equipo formou parte dun club polideportivo ata 1906. Desafortunadamente, co dominio do ciclismo no club, os membros da sección de rugby decidiron marchar e formar un club independente adicado unicamente a este deporte. Decidiuse entón que o club se chamara Castres Olympique e as súas cores cambiaran de amarelo e negro, ao azul, branco e gris actuais.

Durante un tempo, Castres Olympique experimenta con sorte diversa ata 1948 cando chegaron e gañaron a súa primeira Copa de Francia. O prestixioso Bouclier de Breno seguiría un ano máis tarde, e novamente en 1950.

Dende a década de 1960, o club experimentará un fluxo de tempadas mediocres e constante diminución ata que Pierre Fabre, o fundador dunha compañía farmacéutica, decidiu tomar as rendas do club e devolverlle a súa antiga gloria en 1988.

Acadou bos resultados rapidamente e gañou o Brennus novamente en 1993, 43 anos despois, converténdose no último club fora dos tres grandes (Toulousain, Biarritz e Stade Français París) que o gañou. O club chegou á final de novo en 1995 perdendo fronte aos seus rivais locais e Toulousain.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81 26 17 0 9 752 559 +193 11 2
Racing 92 (SF) 80 26 18 0 8 622 478 +144 5 3
Stade Toulousain (CF) 74 26 16 1 9 719 595 +124 4 4
RC Toulon (CF) 73 26 14 0 12 766 507 +259 9 8
Lyon OU (SF) 70 26 15 0 11 689 545 +144 7 3
Castres Olympique (C) 69 26 15 0 11 638 624 +14 4 5
Stade Rochelais 67 26 14 1 11 686 531 +155 6 3
Section Paloise 66 26 15 0 11 590 584 +6 2 4
ASM Clermont Auvergne 54 26 11 1 14 629 687 –59 4 4
10º Union Bordeaux Bègles 48 26 10 1 15 557 623 -66 2 4
11º SU Agen 46 26 10 0 16 537 757 -220 2 4
12º Stade Français 42 26 9 0 17 540 740 -200 2 4
13º Oyonnax Rugby 39 26 7 3 16 566 824 -258 1 4
14º CA Brive 36 26 7 1 18 485 736 -241 1 5
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Resultados das finais

[editar | editar a fonte]

Campionato de Francia

[editar | editar a fonte]
Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
22 de maio de 1949 Castres Olympique Stade Montois 14-3 1 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 23,000
16 de abril de 1950 Castres Olympique Racing-Club de Francia 11-8 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 25,000
5 de Xuño de 1993 Castres Olympique FC Grenoble 14-11 Parc des Princes, París 48,000
6 de maio de 1995 Stade Toulousain Castres Olympique 31-16 Parc des Princes, París 48,615

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]