Saltar ao contido

Chouan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dun soldado Chouan.
Sentinela bretón fronte a unha igrexa, pintura de Charles Loyeux.

Chouans ou chuans é o nome que tomaron os insurxentes realistas do departamento de Mayenne, ou máis xeralmente de toda a zona noroeste de Francia, ao norte do Loira, na Bretaña, Maine, Normandía e o sur de Anjou (e tamén nos departamentos de Aveyron e Lozère) durante a chuanería (Chouannerie), ao mesmo tempo que as guerras de Vendée.[1]

Tanto os chuanos coma os vendenos do sur do Loira afirmaban formar o Exército católico e real.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O nome deriva dos líderes que os mandaron, os catro irmáns Chouan, que era o alcume do leñador Jean Cottereau, o primeiro e máis coñecido lexitimista que iniciou a insurrección, e dos seus tres irmáns: François, Pierre, René. Dignos protectores "do trono e do altar", loitaron xunto ao "exército católico e real" no que se chamaba Chouannerie, unha guerra contrarrevolucionaria paralela ao levantamento de Vendée, e situada nos departamentos de Bretaña, Mayenne e Normandía, no seu día para restaurar o monarquía absoluta dos Borbóns.

Jean Chouan herdou, como os seus outros irmáns, o alcume de chouan ("curuxa" en galó e francés antigo).[2]

A opinión dalgúns historiadores, e en particular do abade Paulouin, que escribiu un libro sobre a insurrección de Chouan titulado La Chouannerie du Maine et pays adjacents, é que: "os sublevados da Sarthe non recibiran o alcume de Chouan, senón que o deron eles a si mesmos, desde o comezo da súa insurrección".[3]

Os soldados de Chouan protexen unha parroquia.

A Chouannerie estalou na primavera de 1794 e continuou até 1800, opoñéndose primeiro aos xacobinos e despois ao goberno napoleónico.

Historiadores do século XIX, como Savary, Lequinio e, sobre todo, Joseph de Puisaye, que era a persoa máis coñecedora, xa que era o xefe supremo da Chouannerie, afirman que os irmáns Chouan deron o seu nome á insurrección que organizaron por primeira vez.

Os líderes chouans máis importantes foron: Jean Chouan (ou Jean Cottereau), Joseph de Puisaye, Georges Cadoudal, Marie Paul de Scépeaux de Bois-Guignot, Aimé Picquet du Boisguy, Louis de Frotté, Louis Auguste Victor de Ghaisne de Bourmont e Jean- Louis Treton.

A morte de Georges Cadoudal, guillotinado en 1804 por tramar un complot para asasinar a Napoleón Bonaparte e restaurar a monarquía absoluta con Carlos X, supuxo o fin definitivo da Chouannerie.[4]

Un famoso ilustrador das fazañas da Chouannerie foi o pintor académico Charles-Alexandre Coëssin de la Fosse.

  1. Azé, Jean-Noël (2005-09-01). "Gloire et déboires des chefs chouans mayennais au XIXe siècle". Annales historiques de la Révolution française (en francés) (341): 111–133. ISSN 0003-4436. doi:10.4000/ahrf.1632. 
  2. "Jean Chouan: definición de Jean Chouan y sinónimos de Jean Chouan (en castelán)". diccionario.sensagent.com. Consultado o 2022-04-17. 
  3. Azé, Jean-Noël (2007-01-01). "La chouannerie du Maine et pays adjacents. 1793-1799-1815-1832. Avec la biographie de plus de 120 officiers Jean-François Paulouin". Annales historiques de la Révolution française (347): 205–206. [Ligazón morta]
  4. "Bomba en París; atentado contra Napoleón Bonaparte". historia.nationalgeographic.com.es. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]