Circuíto de Aintree
Circuíto de Aintree | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1954 |
Outros nomes | |
Carreiras | Gran Premio do Reino Unido Gran Premio de Europa |
Localización | Reino Unido Aintree, Merseyside |
Capacidade | |
Lonxitude | 4,828 km. |
Curvas | 8 |
Volta rápida (1962) | 1:55.0 |
Piloto récord | Jim Clark |
Escudería récord | Lotus 25 Climax |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto de Aintree é un circuíto de carreiras automobilísticas de 4.828 m., situado en Aintree, preto de Liverpool, Inglaterra. O circuíto está situado dentro do famoso Hipódromo de Aintree e usou as mesmas tribunas que as carreiras de cabalos. Construído en 1954 como o "goodwood do Norte", de aí o feito de que os dous lugares teñan tantas cousas en común. A pista está ben asfaltada e é relativamente plana, de 15 a 30 metros de altura.
Historia
[editar | editar a fonte]Aintree acolleu en cinco ocasións o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nas tempadas 1955, 1957, 1959, 1961, e 1962.
Ademais dos Grands Prix, o circuíto tamén celebrou once carreiras de Fórmula 1 fora do campionato, coñecido como Aintree 200, gañado por primeira vez por Stirling Moss en 1954 e o último ganador foi Jack Brabham, en abril de 1964 (Brabham fixera o seu debut na Fórmula Un no circuíto no GP británico de 1955). Aintree era a localización para a famosa carreira en 1955 na que Stirling Moss gañou o seu primeiro Gran Premio británico, pilotando un Mercedes. Dous anos despois, el e Tony Brooks (compartindo o Vanwall) convertéronse nos primeiros pilotos británicos en gañar tanto o Gran Premio do Reino Unido como nunha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1, pilotando un coche británico, un Vanwall. O Gran Premio do Reino Unido de 1957 tamén levaba o título de Gran Premio de Europa e foi o primeiro evento de Fórmula 1 da tempada, con 150.000 espectadores.
O circuíto completo do Gran Premio rodouse por última vez en 1964, pero parte del (os 2´47 km do Circuíto de Club) aínda está aberto e usouse para competir ata principios dos 80, que foi xestionado polo Aintree Circuit Club desde mediados dos anos sesenta ata finais dos noventa. Na década de 1980 o 108 Car Club (St. Helens) trouxo os rally de volta ao Circuíto de Aintree revitalizando o uso de circuítos con ideas novas e innovadoras. Unha cantidade limitada de deportes de motor continúa hoxe na forma de sprints de coches, días de pistas abertas e de competicións motociclistas no circuíto club.
Os eventos de motociclismo son organizados por Aintree Motor Cycle Racing Club, que executa seis eventos en Aintree cada ano.
Os eventos de coches son organizados polo Liverpool Motor Club en forma de tres sprints, en abril, xuño e setembro e dous días de pista en maio e outubro no circuíto club. Nick Algar, o campión británico do Sprint 2010, fixou un novo récord da pista con 35.82 segundos no curso do sprint de 1847 metros o 26 de xuño de 2010 nun 3500cc Gould Gould. O récord foi fixado previamente por Roy Dawson o 8 de setembro de 2007 no mesmo coche, nun tempo de 36.03 segundos. A velocidade de Nick Algar a través da trampa de velocidade da liña de meta foi de 276´807 km., aínda que logrou unha velocidade de 283´245 km. nunha carreira cronometrada anterior ese día.
Ademais, o circuíto club ten un uso ocasional acollendo acontecementos tales como carreiras de coches eléctricos para escolas,[1] ou os paseos que organiza o Sporting Bears Motor Club con fins benéficos[2] e tamén carreiras de bicicletas. O Circuíto Club está situado dentro do Aintree Grand National Course que á súa vez, contén un campo de golf público de nove buracos operado por Aintree Racecourse.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Aintree
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1955 | Stirling Moss | Mercedes | Mercedes | C | 3:07:21,2 h | 4,828 km | 90 | 139,155 km/h | 16/7/1955 | Reino Unido |
2 | 1957 | Tony Brooks/ Stirling Moss |
Vanwall | Vanwall | P | 3:06:37,8 h | 4,828 km | 90 | 139,695 km/h | 20/7/1955 | |
3 | 1959 | Jack Brabham | Cooper | Climax | D | 2:30:11,6 h | 4,828 km | 75 | 144,653 km/h | 18/7/1959 | |
4 | 1961 | Wolfgang von Trips | Ferrari | Ferrari | D | 2:40:53,6 h | 4,828 km | 75 | 135,034 km/h | 15/7/1961 | |
5 | 1962 | Jim Clark | Lotus | Climax | D | 2:26:20,8 h | 4,828 km | 75 | 148,456 km/h | 21/7/1962 |
Rékords
Piloto: Stirling Moss (2) • Nacionalidade piloto: Reino Unido (3) • Construtor: –– • Motor: Climax (2) • Pneus: Dunlop (3)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Arquivado 09 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Welcome to the Greenpower Education Trust - Greenpower". www.greenpower.co.uk. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2017.