City of Manchester Stadium
Etihad Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 53°28′59″N 2°12′01″O / 53.483055555556, -2.2002777777778 |
Localización | Manchester, Inglaterra |
Construción | |
Inauguración | 2002 (Como estadio de atletismo) |
Renovación | 2003 (Como estadio de fútbol) |
Arquitecto | KSS Design Group e Populous |
Custo | 112000000 libra esterlinas |
Estadio | |
Superficie | Desso GrassMaster (Mestura de herba natural e fibra artificial) |
Capacidade | 55.097 |
Propietario | Manchester City Council |
Operadora | Manchester City |
Localía | Manchester City Football Club |
Web | https://www.mancity.com/etihad-stadium |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O City of Manchester Stadium, chamado Etihad Stadium dende 2011 por razóns de patrocinio, é un estadio de fútbol da cidade de Manchester, en Inglaterra, con capacidade para 55.097 seareiros, no que disputa como local os seus encontros o Manchester City, un dos clubs máis importantes da Premier League.
O estadio foi deseñado para acoller os Xogos Olímpicos de 2000 que a cidade de Manchester pretendía organizar. Trala derrota da candidatura olímpica, a cidade presentou con éxito a súa candidatura para acoller os Xogos da Commonwealth de 2002. As obras do novo estadio comezaron en 1999, e o 25 de xullo de 2002 foi inaugurado coincidindo coa cerimonia de apertura dos campionatos. Tralo remate dos xogos o estadio de atletismo comezou a ser reformado para transformarse nun estadio de fútbol, retirando as pistas de atletismo e baixando uns metros o nivel do terreo de xogo para engadir un novo anel que aumentou a capacidade do estadio en case 7.000 asentos, pasando de 41.000 a 47.726. O Manchester City mudouse do seu antigo fogar, o estadio Maine Road, á súa nova residencia ó comezo da tempada 2003-04. Dende entón o club acadou dous títulos de liga en 2011-12 e 2013-14. En 2014 a capacidade do recinto aumentou de novo tralas reformas dun dos fondos do estadio, pasando de 47.405 a 55.097 asentos.
Ademais dos Xogos da Commonwealth de 2002, o estadio ten acollido eventos deportivos importantes como a final da Copa da UEFA de 2008, e foi seleccionada como unha das 13 sedes da Copa do Mundo de Rugby 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Manchester City (en inglés)
- Información sobre o City of Manchester Stadium na web oficial da Rugby World Cup (en inglés)