Claudia Wallin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Río de Xaneiro, Brasil |
Residencia | Estocolmo |
Educación | Universidade Federal do Río de Xaneiro |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, consultora, escritora |
Sitio web | claudiawallin.com.br |
Claudia Varejão Wallin é unha xornalista brasileira, nada en Río de Xaneiro e radicada en Suecia, graduada en Xornalismo pola Universidade Federal do Río de Xaneiro e mestre en Estudos sobre a Rusia e ao Leste Europeo pola Universidade de Birmingham (Reino Unido). Traballou dez anos en Londres como directora da International Herald Tribune TV, xefe da oficina de Xornalismo da TV Globo de Londres e produtora da sección brasileira da BBC World Service, tras carreira no xornal O Globo do Río de Xaneiro. Colaboradora da Rede Bandeirantes, da BBC Brasil e correspondente da Radio Francia Internacional en Estocolmo.[1][2]
Autora do libro Um país sem excelências e mordomias, sobre a Suecia. Segundo Claudia Wallin, Suecia, hai menos de 100 anos, era un país pobre, pero habitado por un pobo determinado que conseguiu saír da pobreza e do atraso con investimento en educación, ciencia, tecnoloxía, xustiza e proxectos nacionais integrados. Segundo Claudia Wallin, é posible, con pequenos e grandes actos, rescatar unha cultura de respecto ás regras, ás leis e ao pobo e mellorar as condicións de vida para todos.
Libros
[editar | editar a fonte]- 2014, Um país sem excelências e mordomias, ISBN 978-85-8130-237-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ globotv (14 de xullo de 2014). "Jô Soares entrevista Claudia Wallin" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ Geração Editorial. "Um país sem excelências e mordomias" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.