CloudSat
CloudSat | |
---|---|
CloudSat | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA |
Bus | BCP-2000 |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 28 de abril de 2006[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta II 7420[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das nubes na atmosfera terrestre.[2][5] |
NSSDC ID | 2006-016B |
Masa | 700 kg[5][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7075,3 km[1] |
Inclinación | 98,2 graos[1] |
Apoapse | 708,9 km[1] |
Periapse | 699,7 km[1] |
CloudSat é un satélite artificial da NASA lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II 7420 desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite CALIPSO.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Cloudsat foi seleccionada como unha misión de observación terrestre pola NASA en 1999 para afondar no coñecemento da estrutura, abundancia, distribución e propiedades radiativas das nubes. A misión do satélite, baseado no bus BCP-2000, é medir a altura e propiedade das nubes, determinar a súa estrutura vertical e estudar a dinámica dos sistemas de nubes mediante o primeiro radar de nubes en lonxitudes de onda milimétricas en voar ao espazo.[5] Xunto cos satélites CALIPSO, Aqua, PARASOL e Aura, forma o chamado A-Train, un sistema de satélites que comparten órbita heliosincrónica e que estudan conxuntamente a Terra desde unha altura duns 705 km.[2][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]O único instrumento de CloudSat é un radar denominado CPR (acrónimo de Cloud Profiling Radar) que funciona en lonxitudes de onda milimétricas, a unha frecuencia de 94 GHz, e que mide a enerxía retrodispersada polas nubes en función da súa distancia.[5][6]
As características do CPR son:[6]
- Frecuencia de traballo: 94 GHz
- Anchura do pulso: 3,3 microsegundos
- Ventá de datos: 0–25 km
- Tamaño da antena: 1,95 m
- Rango dinámico: 70 dB
- Tempo de integración: 0,3 segundos
- Resolución vertical: 500 m
- Resolución cruzada: 1,4 km
- Resolución ó longo: 2,5 km
- Taxa de datos: 15 kbps
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CLOUDSAT" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "Cloudsat" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 19 June 2006 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-55745). 14 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CloudSat" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Cloudsat (ESSP 4, P00-4)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Cloudsat" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CloudSat |