Congreso de Verona
O Congreso de Verona, celebrado de outubro a decembro de 1822 en Verona, foi unha reunión na que a na que as potencias que formaban parte da Santa Alianza, Rusia, Austria e Prusia e Francia (que se uníu en 1818), máis outras adheridas posteriormente (Reino de Sardeña, Toscana, Reino das Dúas Sicilias, Módena e Parma).
Entre os principais acordos destacan: a retirada dos austríacos de Piemonte e o seu acuartelamento en Nápoles; a retirada dos otománs dos principados de Moldova e Valaquia e a protección da igrexa ortodoxa en Oriente; e a intervención francesa para restaurar a Fernando VII en España e nas colonias españolas independizadas (en América). Gran Bretaña, opúxose a esta última decisión, que non se levou a cabo, mentres as demais foron executadas nos meses seguintes.
Consecuencia en España
[editar | editar a fonte]O ciclo de revolucións que se producira en 1820 por toda Europa e que en España se manifestou co pronunciamento exitoso levado a cabo por Rafael del Riego e que obrigou ao rei absolutista, Fernando VII, a xura-la Constitución de Cádiz e iniciar o Trienio Liberal, provocou un grande efecto no resto dos países europeos de tal xeito que as potencias asinantes da Santa Alianza se reuniron en congreso.
A petición do monarca español, decidiuse que o, 7 de abril de 1823, se levara a cabo a invasión de España por parte dos Cen Mil Fillos de San Luís,[1] que penetraron con escasa resistencia até Cádiz para devolver o país ao seu lexítimo dono. Comezou así a etapa da Década Absolutista, coñecida como a Década Ominosa polos liberais.
Controversia
[editar | editar a fonte]A Santa Alianza condenou a deriva revolucionaria do Trienio liberal en España, pero na práctica conxuntamente só se realizaron notas de protesta por parte de cada embaixador das potencias da alianza. Con todo, un xornal inglés, o Morning Chronicle, publicou pouco despois da celebración do congreso un suposto tratado de Verona, que condenaba calquera réxime liberal, a liberdade de prensa e sancionaba a invasión francesa. Soamente a historiografía española considerou este tratado como verdadeiro, polo menos até 2011.[2]