Conversa:Galicia/Arquivo 3
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
Primeiros restos humanos en Galicia
[editar a fonte]Se a especie homo sapiens existe dende hai uns 200.000 anos, como é posíbel que se atopen restos humanos en Galicia de fai 300.000 anos? Non sei se é que estou equivocado pero gustaríame que se aclarase ese tema. Saudiños --Anxogcd Falemos 18:44, 30 xaneiro 2010 (UTC)
O homo sapiens non é o único "humano" que pisou estes pagos. O que se atoparon foron restos de talla lítica, evidencias de fogatas... datándose as máis antigas, se non lembro mal, durante o interglaciar Mindel-Riss entre hai uns 400 e 300 mil anos. Abecualann 15:45, 9 de maio de 2011 (UTC)
¿A Coruña non é Galiza? Galeguismo excluínte de "chiste".
[editar a fonte]Nin unha triste foto da Coruña nen da súa preciosa comarca das Mariñas (con varios dos concellos máis poboados de Galiza). Nin sequera da Torre de Hércules (debe ser que na Galiza sobranos monumentos Patrimonio da Humanidade), pero sí das Murallas de Lugo e da Catedral de Compostela, da ría de Ferrol e varias de Vigo, Pontevedra...
Despois moita xente se queixa de que na Coruña as veces se renegue da Galiza... e é que Galiza (máis ben os envexosos de certas partes da mesma que se cren o seu embigo) intenta sempre por todo-los medios excluíla.
Para desgracia dalgúns a comarca da Coruña representa o 15% da pobación galega e medrando e a que máis aporta o PIB galego por enrriba incluso de Vigo (case un tercio do PIB galego) e moi por enrriba de Santiago. Por non falar de que Galicia sen A Coruña, e inconcebibel: Na Coruña (guste ou non guste e por moito que algúns o queran "obviar") naceu o galeguismo, ten a súa sede a Real Academia da Lingua Galega, O tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Delegación do Goberno, o Arquivo do Reino de Galicia, contou co primeiro alcalde nacionalista de Galiza, é a cidade na que máis libros en galego se mercan, sede da primeira multinacional galega (na comarca), o primeiro banco, a primeira caixa, o primeiro periódico, o porto con maior tráfico (si, por enrriba de Vigo, e tamén Ferrol está por enrriba de Vigo, aínda que sexan portos graneleiros hai que dicilo), é o primeiro nucleo urbano en habitantes, etc... NON MERECE A CORUÑA NIN UNHA TRISTE FOTO? Que pena da a envexa e o galeguismo excluínte (o cal, só por iso, deslexitimase)...
GALICIA NON PODE SER SEN A CORUÑA E A CORUÑA NON PODE SER SEN GALICIA. Se á coruña se lle recoñece na súa terra (porque fora xa se fai) o peso que por sí merece, A Coruña correponderá, mentras non sexa así Galicia non poderá avanzar sen A Coruña... é como pretender cun atleta dos 100 metros bata o récord do mundo se unha das súas pernas...
- Amiguiño, ti deches en tolo. Aquí non se exclúe nin moitísimo a cidade da Coruña. Este artigo tamén está feito por coruñeses. Non entendo a quen vén ese laio sen fundamento. De calquera maneira, esta é unha páxina de conversa, non un foro. Así que por favor cínguete a comentar o aspecto concreto do texto, non a dar a túa opinión sobre o que é o non o galeguismo. Un saúdo e a traballar. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 5 febreiro 2010 (UTC)
- Estimado Max Estrella: arriba á dereita tes un botonciño que pon "editar". Poder calcar nel e modificar todo o que queiras no artigo, e mesmo fartarte a meter fotos da túa cidade, do teu barrio, da túa aldea e da caseta do can (ollo co das licenzas e os dereitos de autor e todas esas lerias). Éche o que ten isto, que todos podemos traballar, que é o contrario de falar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:30, 5 febreiro 2010 (UTC)
- Se se creara unha sección sobre patrimonio artístico e patrimonio arquitectónico, seguro que quedaba moi ben unha fotiño da torre de Hércules ilustrándoo, pero como é moito máis sinxelo criticar sen ton nin son pois remátase por ir ó doado, e bota-la culpa ós demais. --Alberte Si, dígame? 15:14, 5 febreiro 2010 (UTC)
Nación?
[editar a fonte]Ola, sei que este tema xa se tratou polo que puiden ler, pero aínda así quedo impresionado polo feito de que se manteña o de Galicia é unha nación. Vale que teña a súa referencia sobre o que é nación ou deixa de selo, pero eu como galego, tamén sinto a España como a miña nación, país ou como quera que o chamedes. Por iso creo que pensando un pouco nas persoas que pensamos deste modo, que non son poucas creo que habería que cambialo. Un saúdo e por favor, compredende que non é un ataque nin nada polo estilo. --81.34.12.22 17:08, 13 de abril de 2010 (UTC)
- Ola, ip. España a día de hoxe é un estado e unha nación mentres que Galicia é soamente unha nación enmarcada dentro do Estado Español. Isto non ten moita volta de folla, a historia é como é. Dubidar de Galicia como entidade nacional é falsear a historia. Convídote a ler Historia de Galicia. Un saúdo e aproveito para te animar a que colabores na Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 17:36, 13 de abril de 2010 (UTC)
- A cualidade nacional de Galicia non é unha cuestión subxectiva que se poida fundamentar en apegos sentimentais. É un feito obxectivo e demostrable sustentado en evidencias históricas, culturais, sociais e económicas. Ademáis, a definición de Galicia como nación ten xa un longo percorrido histórico e foi empregada por diversas correntes ideolóxicas e políticas ao longo dos séculos. Recoméndoche, estimada ip, que te informes ao respecto e verás como non tes motivos para te impresionares. Un cordial saúdo.--Paradanta 18:04, 13 de abril de 2010 (UTC)
Comprendo o que dicides, pero aínda así ¿non sería mellor deixar só o de nacionalidade histórica? quedando así recollido estes datos que aparecen no artigo da Historia de Galicia?. Saúdos e grazas por responder.--81.34.12.22 20:28, 13 de abril de 2010 (UTC)
- Hmm, Galiza ten unha historia demasiado longa como para que se utilice a definición que redactaron uns poucos hai tempo, e como sabes en determinadas circunstancias. Ademais nacionalidade histórica é unha expresión oca, non significa nada: nacionalidade é nación (pero para evitar poñer nación puxeron un eufemismo que significa o mesmo) e o de histórica é evidente que Galicia é unha nación histórica (cando menos non é ahistórica), é claramente un epíteto. Cando falamos do significado das palabras hai que ser rigoroso, e coido que o estamos sendo. Hai xente que se sinte europea, e Europa non é a súa nación, porque Europa non é unha nación (aínda que o dixera a súa constitución). --Alberte Si, dígame? 23:16, 13 de abril de 2010 (UTC)
- Ip, eu moi cordialmente insisto en que leas a Historia de Galicia, aquí ou onde queiras. Discutir que Galicia sexa ou non nación é un disparate. Galicia é unha das nacións máis vellas. Un saúdo e espero verte por aquí, editando. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 13 de abril de 2010 (UTC)
Hola: Galicia non é unha nación, é unha rexión que forma parte da nación española, considerar a Galicia unha nación diferente da española, é tan absurdo como considerar a Baviera unha nación distinta da alemá ou a Toscana unha rexión distinta de Italia. De feito, Italia é un magnifico exemplo para comparar, con máis de vinte idiomas e con rexións cunha forte identidade e séculos de tradición como estados, sempre a sido unha soa nación.
España é talvez a nación máis vella de Europa, que se remonta como identidade hispana a Roma e como nación á evolución do reino visigodo. A identidade nacional española pódese ver ao longo da reconquista, na que dividida en varios estados (como Alemaña ou Italia) sempre pemaneció. E explica a reunificación máis temperá que no caso alemán ou italiano.
Dicir que os criterios para cualificar a Galica de nación son "obxectivos" é absurdo.
Galicia non —o anterior comentario sen asinar foi feito por 212.183.225.43 (conversa • contribucións)
- En la única wikipedia del mundo en la que califican a Galicia como nación es en la wikipedia en gallego. ¿Cuán equivocadas están las wikipedias de otros idiomas? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.154.237.248 (conversa • contribucións)
Boas a tod@s,
Quixera comenzar a miña argumentación sobre o debate de Nación? diciendo que hoxe en día non atoparedes ningún historiador serio que se tome en serio o concepto de "nación" fóra do ámbito político (que non é pouco). O consenso hoxe é claro: as nacións son construtos humanos ("fictions" é a palabra técnica na investigación histórica actual), o cal se o pensades, é bastante de evidente, pois no fondo os conceptos que serven para establecer as divisións da xeografía humana son conceptos lóxicamente inventados polos seres humanos. Non existe inmutabilidade nos territorios, ou como dicía Karl Popper, "o destino histórico é pura superstición". O termo "nación" non é un termo científico co que se poida definir algo, como cando definimos un carballo coma "árbore anxiosperma da familia das fagáceasaíndas", e moito menos Galicia. Que exista definición del no diccionario non implica que sexa un concepto científico. Quero recordar que o diccionario non inventa as palabras nin establece conceptos científicos, senón que recolle en negro sobre branco nuns tomos o que se fala na rúa. Que existan documentos históricos que así a definan, tampouco. Paso a argumentar o meu razoamento nas seguintes liñas:
O concepto de nación ten unha xestación que históricamente asentouse en tres piares: a independencia dos Estados latinoamericanos, a revolución francesa co seu concepto de "soberanía nacional" e o romanticismo nacional que xurdiu en Alemaña tras a invasión de Napoleón I. A partir de aí o concepto de nación foi evolucionando ao longo da historia acomodándose a diferentes significados, nunha sorte de profecía autocumprida: eu son nación porque son dun xeito “x” determinado, e despois fago a definición de nación encaixándoa ao contido anterior (o que vos comentaba arriba de facerse trampas co diccionario). Sen nengún ánimo de facer un Gowind, algúns levaron o termo ata consecuencias inamisibles, como o nacionalsocialismo nazi ou o aparheid afrikaan, establecendo o límite sobre quén é da nación e quén non en termos raciais; outros non chegaron tan lonxe (nese extremo), como o nacionalcatolicismo español de Franco, coa sua rancia idea de unir o concepto de "nación española" a unha sorte de destino universal como bastión do occidente católico, cunha forte vinculación Igrexa-Estado. Algúns Estados africanos nos sesenta ensalzaron o espíritu nacional para pasar de colonias a Estados. Por último, e polo que nos concirne en tanto membros do Estado español, os nacionalismos galego, catalán e vasco limitáronse a facer da Lingua o elemento sacrosanto sobre o cal debe pivotar a idea identitaria. Ao menos, amáis de ser máis “light” é máis bonito en tanto que é cultural, iso temos que admitilo; a menos, claro, se non se chega ao razoamento perigoso (aquí non o temos, pero é un exemplo) de que que se non falas galego non es un verdadeiro galego, creando cidadáns de primeira e de segunda, cousa totalmente incompatible como sabedes coas bases mesmas da democracia e dos valores da revolución francesa. Como vedes, o termo nación é un termo con connotacións políticas. Por tanto, na historiografía, o que ten sentido é estudar o concepto de "evolución na historia do concepto de nación". Na política, ten todo o sentido do mundo estudar e explorar os usos do concepto "nación". Se nun texto fálase das diferentes acepcións da palabra nación na historia dun territorio, estamos facendo unha enciclopedia. Se nun texto defínese ese territorio como nación, estamos facendo política. Se vestimos a intención política con argumentos históricos, estamos facendo un pastiche.
Quero poñervos dúas frases do intelectual francés Ernest Renan da súa conferencia "Qu'est-ce qu'une nation?" (Qué é unha nación?) de 1882 na Sorbona, onde intentando definir o que era unha nación, deixou para a posteridade dúas frases que non perderon ningunha validez hoxe 131 anos despois:
"O esquecemento, e eu diría máis aínda, o erro histórico son factores esenciais para a formación dunha nación".
"A existencia dunha nación é un plebiscito diario".
Volvo unha vez máis a insistir en que non ten sentido encabezar unha idea de Galicia nin ningún outro territorio nunha enciclopedia empezando a definilo como "nación" en tanto en canto non é un concepto válido ou científico, e por tanto, non sirve para facer definicións. O termo nación como definición ven aparalledo como ben dicía Renan a esquecementos e erros históricos para acomodar a forma ao fondo, entrando no que Popper chamaba "a miseria do historicismo", nunha guerra de acontecementos e datas, algúns facendo sombras e outros facendo luces aos feitos que mellor sirvan aos seus intereses. Isto pasa cando definimos un territorio como nación, sexa Galicia, España ou a que queirades, aínda que evidentemente países como os Estados Unidos poidan facelo con máis comodidade que Galicia ou España en tanto que teñen unha historia moito máis curta e a población orixinal do territorio foi prácticamente aniquilada na súa totalidade e non pode facer de contrapunto. Por suposto, os Estados Unidos son un país nacionalista, con claras inclinacións ao capitalismo e o imperialismo (réxime nacionalcapitalista imperialista?). E por certo, non se define así mesmo na Wikipedia inglesa como nación [1]. E mesmo Francia, un Estado pouco sospeitoso de no ter unha fortísima identidade nacional e centralista, tampouco defínese como nación na Wikipedia francesa [2]. E nin sequera Catalunya na catalá...[3]. Ao parecer, è Galicia a única rexión do mundo que se define a se mesma como "nación" na Wikipedia? Se é así, a seguinte pregunta lóxica é: a Galipedia quere tomarse en serio a se mesma? Pregunto.
Comezar definindo Galicia como nación so pode entenderse en termos políticos, e particularmente dentro dun contexto histórico específico como é a vontade dun colectivo de galeg@s (non vou dicir as cifras, pero actualmente está lonxe de ser maoiritario) en facer de Galicia unha nación co obxectivo de diferenciarse da idea de España como nación. As dialécticas entre nacionalismos é o que traen: por definición, dous nacionalismos de signo contrario non poden metafísicamente coexistir nun mesmo territorio. Definir a Galicia como nación nunha enciclopedia é un erro epistemolóxico pero unha boa estratexia política, e so como tal hai que vela, pois é de todos sabido que unha nación non é nación se non ten vocación de ser Estado. É un concepto totalmente político. Lexítimamente político. Pero so iso: político. Por tanto, é unha tentativa máis (unha cibertentativa, poderíamos dicir) para que asente na sociedade a definición política de Galicia como nación que sirva para preparar as bases (cando sexa...) para dar o seguinte paso. E entrando na taxonomía do termo, é unha definición política de tipo nacionalista, probablemente o movemento político máis importante dos últimos douscentos anos pois, como diría o historiador Eric Hobsbawm, se un extraterrestre chegase á Terra non podería entender a historia dos últimos dous siglos sen que lle explicaran o concepto de nación. Unha enciclopedia debería afastarse do sesgo político e ir á evidencia se ten vocación de científica.
Posto que "nación" é un concepto político e como a Galipedia non debería tratar os temas baixo esta óptica, coido que mal facemos definindo Galicia como nación. Se un partido ou persoa nacionalista o quere facer, no ámbito da súa libertade, está no seu dereito: o seu obxecto de estudo e campo de traballo/batalla é a política. E pode facelo en todos os ámbitos que o seu compromiso coa Terra lle diga que así o faga. Pero a Galipedia, coido, é ou debería ser outra cousa. A Galipedia é unha enciclopedia e se ten que recoller o termo de "nación" ten que dar condicións de contorno moito máis profundas que a pobre referencia que dase actualmente no encabezado.
Cecais é probable que non me fagades moito caso, pois tamén cecais algunhas persoas cren que nesta definición xógase moito pois pensan que as formas son máis importantes que o fondo, e como diría Renan, hai que pelexar todos os días para conseguir impoñer a idea: o plebiscito diario, aínda que a realidade sexa testana, que diría Lenin, e poida afearlles o relato... Eu, se mo permitides, xa teño escrito unha boa parrafada e non teño moitas gañas de discutir sobre iso, os meus argumentos están aí arriba e porque lamentablemente dame a sensación de que a batalla poda estar perdida (oxalá non!), e non teño intención en caer na miseria do historicismo sobre un concepto que non é científico. Persoalmente, creo que ao marxe do xa argumentado, considero que as nacións como elementos de creación de identidade colectiva están a superar, posto que hoxe en día contamos con moitísimos foros ou puntos de encontro onde atopar tal, principalmente gracias a revolución dixital...Pero esa, é outra historia (sobre a que si debatiría encantado). Simplemente, limiteime a dar a miña opinión e argumentala como mellor puiden ao respecto, dicindo que definir Galicia como nación é unha definición política e non científica, que as enciclopedias son científicas en non políticas, e que por tanto é un erro facelo así non proprio do que debería esperarse da Galipedia.
Un cordial saúdo a tod@s. --Plaslux (conversa) 17 de decembro de 2013 ás 17:11 (UTC)
Bandeira
[editar a fonte]Por que está posta a bandeira civil en lugar da versión co escudo?? sendo unha enciclopedia penso que debería estar a do escudo. saudos--83.45.72.222 20:11, 27 de abril de 2010 (UTC)
Dúbidas
[editar a fonte]Estas últimas edicións non me acaban de convencer, posto que poden ser unha propagando de La Voz de Galicia e o seu grupo. [1]. Opinións? --Atobar (conversa comigo) 22:28, 2 de xuño de 2010 (UTC)
- Por poñer un exemplo, tamén Cadena Ser ten algunhas tertulias en galego e non por iso se citan aquí. --Atobar (conversa comigo) 22:30, 2 de xuño de 2010 (UTC)
A cuestión é que o que di é certo. Se cadra o artigo está un pouco coxo neste aspecto, ou se cadra non é o lugar para enumerar as emisoras e os xornais galegos. A cuestión é que eu non vexo como podemos saber cal foi a intención desas dúas edicións que, recoñézoo, a min tamén me escamaron. Xoacas(sólo la puntita) 22:47, 2 de xuño de 2010 (UTC)
- Máis dúbidas presenta aínda cando xa se tratou de facer propaganda do artigo VTelevisión mesmo antes de existir. [2]. Amais, evidentemente, con este grupo mediático en concreto, a verdade, confianzas as xustas. A miña cando menos. --Atobar (conversa comigo) 22:55, 2 de xuño de 2010 (UTC)
- Isa si que foi boa: o primeiro canal de televisión que ten artigo antes de nacer. Sonche a pel do diaño. Xoacas(sólo la puntita) 23:31, 2 de xuño de 2010 (UTC)
- Edición revertida. Non é o lugar, e a información achegada non ten entidade de seu para ficar canda a TVG ou a Radio Galega. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 2 de xuño de 2010 (UTC)
- Por se alguén albergaba a máis mínima dúbida: este é o marabillos tratamento que lle dan ao galego [3]. En fin, un desprezo máis deste grupo cara a lingua propia. --Atobar (conversa comigo) 14:32, 10 de xuño de 2010 (UTC)
- Algún programa teñen en galego, pero as series e informativos progámannas en castelán sempre. Mágoa que Fraga quixera dá-la outra concesión autonómica á COPE, que incumpre coa súa televisión Popular María+Visión a lei no uso mínimo do galego, e non a Filmax (ou Filmanova, non me lembro) que teño entendido ía xerar máis emprego, ía ter máis contidos propios (e de calidade) e máis horas en galego. --Alberte Si, dígame? 15:12, 10 de xuño de 2010 (UTC)
- E non sexamos inxenuos, VTelevisión ten algúns programas en galego por unha razón de peso...,de peso subvencionable claro.--Alexandre Vigo 23:28, 24 de xuño de 2010 (UTC)
- Algún programa teñen en galego, pero as series e informativos progámannas en castelán sempre. Mágoa que Fraga quixera dá-la outra concesión autonómica á COPE, que incumpre coa súa televisión Popular María+Visión a lei no uso mínimo do galego, e non a Filmax (ou Filmanova, non me lembro) que teño entendido ía xerar máis emprego, ía ter máis contidos propios (e de calidade) e máis horas en galego. --Alberte Si, dígame? 15:12, 10 de xuño de 2010 (UTC)
"Outros xentilicios"
[editar a fonte]Boas, non remato de entender a que ven que, no cadro da dereita, haxa unha sección chamada "outros xentilicios: catalán-català, éuscaro..". Se non é molestia borralo.. :) Es carva
- Refírese a como se di o xentilicio "galego" en cada un deses idiomas. Mellor deixámolo, é útil. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:34, 9 de xuño de 2010 (UTC)
- Si, útil é, o que pasa é que non lle vexo moita relación co artigo, na resta de autonomías aparece só o propio. Quero dicir, se fose no de comunidade autónoma, xentilicios galegos ou algún así non o vería estraño, mais aquí fáiseme como por unha sección "outros tubérculos" en pataca.. Se cadra son eu só jaja Es carva
Símbolos nacionais
[editar a fonte]Botandolle unha ollada ao artigo, propoño un cambio de denominación para cambiar "Símbolos institucionais" por "Símbolos nacionais", entendo que os símbolos institucionais serán os da Xunta (institución de goberno) non da propia Galicia, que non é unha institución, senón unha nación (ou nacionalidade histórica) como ben apunta a primeira liña do artigo.--Alexandre Vigo 23:22, 24 de xuño de 2010 (UTC)
- Si. Trátase de símbolos nacionais, non institucionais. --Atobar (conversa comigo) 20:42, 25 de xuño de 2010 (UTC)
- Entendo que, como xa dixen aqui enriba, os símbolos dunha nación, son símbolos nacionais Xoacas, e aínda que a túa definición non obstante tamén me parece acertada, con todo, reitero a miña opinión de que aparezan como "símbolos nacionais", dado que Galicia así o é, tal e como recolle o propio artigo, non vexo porqué eludir esa cuestión formal, con normalidade tratada, en moitos outros artigos da nosa galipedia, un que me ven á cabeza pode ser Símbolos nacionais de Escocia ou unha chea de artigos nos que aparece tal denominación. Aí a miña sincera opinión.--Alexandre Vigo 09:14, 26 de xuño de 2010 (UTC)
Imprecisión do termo "nación"
[editar a fonte]Ademáis das consideracións políticas que o termo nación pode ter, sendo por tanto bastante pouco obxetivo, é unha palabra demasiado imprecisa como para estar na definición de Galicia, un artigo tan importante na Wikipedia en galego. Podémonos pasar anos e anos falando de que é unha nación e que non, e nunca estaremos de acordo. Non é un termo preciso... Galicia é actualmente unha comunidade autónoma dentro do Estado Español, guste ou non guste, eso si é obxetivo e preciso. É o mesmo que Cataluña. Tamén pode usarse "nacionalidade histórica", máis acorde cos gustos nacionalistas, aínda que tampoco é moi preciso. "Territorio" sería un termo moi bo, xa que é ideolóxicamente aséptico, e moi preciso, todos sabemos o que é un territorio. Hai moitas opcións distintas como para que teñamos que escribir o que dicta o bloque. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.27.2 (conversa • contribucións) 14:36, 26 de xullo de 2010
Se prestas atención ao xa falado arriba, decataraste de que o termo nación é do máis preciso que hai. Sobre o seu significado non hai nada que discutir: basta acudir aos dicionarios para despexar toda polémica. Recoméndoche que revises as conversas que houbo xa sobre este tema antes. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:44, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- A inclusión do termo nación non é ideoloxía senón historia. O bloque non dita nada, igual que non o dita o PPdeG, nesta wiki. Dubidar de Galiza como nación é ignorar a súa historia e descoñecer a súa realidade. Como che di Xoacas, telo exposto polo miúdo liñas máis arriba. Canto ao de nacionalidade histórica, iso non é ningunha concesión como suxires, iso é o que trae o estatuto que nos ocuparía. Le Historia de Galiza. Esta misa está máis que dita. Un saúdo, e para calquera cousa non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 12:46, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Copio e pego da páxina "Nación" desta Wikipedia. "O concepto de nación, dependendo do contexto ou da perspectiva política, pode variar na súa significación." Iso non é precisión. Tenreiro 12:56, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Seicas queres facerlle dar ao avión unha volta de campá? Por favor, le as discusións e sobre todo a historia. --Atobar (conversa comigo) 13:01, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Leín as discusións con anterioridade, xa vín que hai bastante xente que opina coma mín... ¿Onde está o consenso da Wikipedia? A historia coñézoa moi ben, aínda que neste momento non teño tempo para ler o artigo. Miro noutras versións de Wikipedia e non vexo "nación" por ningures. ¿Son os wikipedistas doutras línguas menos listos ca nós? ¿O é que tedes pensado mante-lo termo contra vento e marea? ¿Facerlle dar o avión unha volta de campá que é? ¿Intentar que me den un argumento que non sexa lanzar balóns fora? ¿Acaso non é discutible, e de feito discútese na nosa sociedade, que Galicia sexa ou non sexa unha nación? Entre outras cousas, porque o concepto de nación é un concepto discutible, que "dependendo do contexto ou da perspectiva política, pode variar na súa significación". Ou sexa, que depende da perspectiva política. Logo non é obxetivo, e tampouco preciso. Cambiade a páxina de nación, así xa teredes razón. Tenreiro 13:32, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Coido que o primeiro parágrafo do artigo é totalmente impecable, perfecto, non se podía facer mellor. A parte de dicir o que Galiza é (evidentemente se definimos un territorio que de xeito definido ten máis de dous mil anos de historia, o que administrativamente constitúe dende hai 30 anos é algo incompleto), di o que administrativamente constitúe actualmente (comunidade autónoma dentro do reino español) e tamén se cita o eufemismo constitucional de "nacionalidade histórica" (este si que me parece un termo impreciso, pero é o que vén na Constitución. Cal é a diferencia entre nación e nacionalidade? Que se quere dicir con histórica? Que o foi e xa non o é ou que o é de xeito histórico?). A propia Xunta, no título dunha lei fala de nación referíndose ó país "Día nacional de Galicia". --Alberte Si, dígame? 15:50, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Unha corrección a un erro, pequeno pero moi estendido: nin sequera a Constitución fala de nacionalidades históricas (lédela, que é ben curtiña). A min paréceme máis un termo de tertulia periodística. A cuestión é que o de nacionalidades históricas, de querermos empregalo, ía ser ben difícil referencialo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:04, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Galicia é nación para os nacionalistas galegos. Para os que non o son, non o é. Logo nin impecable, nin perfecto; é bastante mellorable. Comunidade autónoma é o termo usado por a maioría das wikipedias, pode que o sexa só dende hai 30 anos, pero por lo menos o é. País sería admisible tamén. Nación é no mellor dos casos impreciso porque non é un termo ben delimitado, para uns é unha cousa e para outros é outra. Logo me sigue parecendo pouco axeitado
É un termo que non ten o seu uso actual até o século XIX i é unha doctrina clasificar á xente en "nacións", iso é o que fan os nacionalismos, e non estou de acordo con iso. Podedes abri-lo debate de si Galicia é o non é nación no corpo do artigo, pero na definición non procede, é a miña opinión. Tenreiro 18:15, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Isto non é un foro; tes outros lugares para iso. E por favor non mestures as patacas cos cravos. Galiza non é unha nación porque o diga o nacionalismo galego, igual que España non o é porque o diga o nacionalismo español. Fai falla unha historia.[4]. --Atobar (conversa comigo) 18:22, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Sei que non é un foro, é unha paxina de discusión, e estou discutindo acerca do artigo, non acerca de si Galicia é ou non é nación, creo que isto é claramente visible. Sóamente uso exemplos para facerme entender con maior claridade. Unha historia tela todo territorio, sexa municipal ou continental. Unha cultura non é delimitable, segundo o meu punto de vista, a unha fronteira. Unha lingua, claramente tampouco. Quero decir, para deixar de andarme polas ramas, que Galicia non é necesariamente unha nación. O concepto Galicia é anterior ó concepto "nación". Xa estaba alí cando xurdiú o concepto actual no século XIX. Ademáis, Como xa dixen, e é a razón máis importante, nación é un termo impreciso, do que tedes unha idea difusa, pero non é algo concreto como sí o é Galicia. Logo insisto, non me parece axeitado. Tenreiro 20:36, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Si, veña. Está claro que non ves a wikipedia como algo teu, é "nosa", sen que se saiba ben quen somos "nós". Morra o conto xa, tomamos nota da túa discordancia, amén. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:45, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Polo que leo, máis que discordante con que Galiza sexa ou non unha nación, a túa crítica vai máis pola imprecisión do termo nación en tódolos casos. Entón máis ben esta conversa se tiña que ter producido no artigo nación e non no artigo Galicia, pois estou seguro que a palabra nación aparece en moitos máis artigos ca este. Creo, a verdade, inviable proscribi-lo uso do termo nación en tódala wikipedia por ser un termo ambiguo. --Alberte Si, dígame? 22:27, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Xoacas, eu non podo entrar na páxina e modificala. Estou usando os cauces adecuados e abrindo o debate, e intento ser constructivo, non vexo por que te picas. Eu non fixen o artigo, non sei quén o escribiu, a esas persoas son ás que me refiro con o de "podedes escribir" porque eu non podo. Alberte, a parte do posible ser ou non ser nación, terreo fangoso que non vai levar a ningures, e sobre o que teño a miña prpia opinión, tamén subxetiva, efectivamente a crítica, ou descordancia, vai máis por alí. Pero non porque quera a prohibición da palabra en toda la encliclopedia, nin moito menos, só digo que como definición de Galicia paréceme un termo demasiado impreciso. Refírome con definición á palabra que vai no lugar de "Galicia é ~" ¿explícome? que é a que define que é algo, a primeria idea. Logo se no resto do artigo queredes (os que tedes dereito a modificalo, non me crucifiquedes) pór algunha referencia á posible nacionalidade, xa non teño queixa respecto a iso, aínda que creo que habería diverxencia de opinións ó respecto por ser un tema pouco obxetivo e de "paixóns e sentimientos encontrados". Tenreiro 23:01, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Eu penso que este non ten porque ser un terreo nin moito menos fangoso. A galipedia, é un proxecto wiki en lingua galega, e se na actualidade este idioma ten por referente á RAG, temos que acudir inevitablemente ao diccionario da RAG, e ver a definición de nación:
- Nación:Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa.
- Posúe Galicia un territorio definido?, si.
- Ten tradicións históricas e culturais común?, si.
- Ten unha unidade lingüística?, si.
- Ten intereses económicos propios?, si.
- Está organizada politicamente (como estado si ou non)?, si.
- Ten un territorio definido?, si.
- Desde o meu punto de vista, se cumpre a definición (que a todas luces a cumpre), non debera haber discusión posible. Aí o meu punto de vista.--Alexandre Vigo 09:58, 28 de xullo de 2010 (UTC)
Estou seguro de que moitas das polémicas que aparecen nas páxinas de conversa serían evitables coidando un pouco a redacción dos artigos. Non é normal que, dentro da exactitude de todos eles, un artigo cree polémica nunha wikipedia e os correspondentes doutras wiki non.
Vimos de ver como o TC decidía se era correcto chamar nación a Cataluña. Non fai falta maior demostración de que o termo xera polémica, o seu uso non é admitido por todos en certos casos.
Por favor, evitemos polémicas innecesarias. Redactemos artigos que non firan sensibilidades. [ Furagaitas * ] 00:06, 27 de xullo de 2010 (UTC)
- Remítome ao que dixen arriba. Considero non obstante, que a galipedia é un proxecto que non ten que adoptar a postura oficial de ningún tribunal (TC) nin estado (o Español nomeadamente), a galipedia é un proxecto independente, na wiki en español por exemplo neganse a redactar que kosovo sexa un estado soberano, e iso está directamente vinculado á posición particular dun estado (España), restandolle imparcialidade ao meu ver. Por iso, entendo que para a galipedia non debe ser máis vinculante (nin referente) o que diga un tribunal español que o que diga un tribunal congoleño, mapuche ou indonesio.--Alexandre Vigo 10:11, 28 de xullo de 2010 (UTC)
¿Quen di que Galicia é nación? Non quero entrar en valoracións persoais sobre o que sexa 'Galicia' nin sobre o que sexa unha 'nación', senón sobre o que din as nosas referencias. A relación 'Galicia ~ nación' non é trivial. A sociedade percibe esa asociación como partidista. Xa deixei unha referencia que demostra o que digo; velaquí outra. [ Furagaitas * ] 16:12, 28 de xullo de 2010 (UTC)
- Desculpome de entrada porque apartires de mañá estarei ausente na conversa, con todo deixo a miña opinión. Non quero entrar tampouco en discordias, penso que a definición de nación segundo a RAG é clara e de facto Galicia entra nela. Se buscamos unha declaración "oficial" de nación (de fure pois) podemos simplemente apelar ao dito en 1933 en Berna, na Sociedade das Nacións, onde se declarou a Galicia como nación. Desde o século XVI que eu saiba xa hai bibliografía que califica a Galicia como nación e pouca hai (eu non coñezo ningún caso) que especifique que Galicia non é unha nación. Aínda máis, penso que a opinión dun político ex-franquista non pode ser máis partidista, por iso na miña opinión debemos beber de fontes neutrais e científicas como poden ser a propia RAG que nos da unha significado filolóxico apropiado, neutral e desde logo non partidista.--Alexandre Vigo 21:50, 28 de xullo de 2010 (UTC)
- É curioso que mentres o DRAG só achega unha acepción para nación, o DRAE achega cinco. Paréceme máis representativa a declaración da Sociedade de Nacións. Como xa dixen (e pode recoñecer calquera, e de feito xa quedou demostrado nesta páxina de conversa) a afirmación de que Galicia é unha nación pode ser polémico. Como a definición inicial do artigo parece inamovible, estaría ben engadir esa declaración de 1933; cantas máis referencias se acheguen ó respecto máis crible será. [ Furagaitas * ] 23:20, 28 de xullo de 2010 (UTC)
Partindo que falar de unidade lingüística é arriscado en calquer caso, pongamos, por exemplo, o caso de México;
- Ten tradicións históricas e culturais común?, si.
- Teño que recordarte que en México viven máis de 20 grupos étnicos diferentes, con linguas, culturas e tradicións propias?.--Alexandre Vigo 16:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)
- Ten unha unidade lingüística?, non.
- Ten intereses económicos propios?, si.
- Está organizada politicamente (como estado si ou non)?, si.
- Ten un territorio definido?, si.
E Monforte
- Ten tradicións históricas e culturais común?, si.
- Comúns ao resto de Galicia quererás dicir, ou é que hai en Monforte de Lemos unha cultura diferente ao Saviñao, Pantón ou Bóveda?. --Alexandre Vigo 16:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)
- Ten unha unidade lingüística?, non.
- Ten intereses económicos propios?, si.
- Está organizada politicamente (como estado si ou non)?, si.
- Ten un territorio definido?, si.
Logo ou México non é nación ou Monforte tamén o é.
- Sen entrar en que considero os teus argumentos errados completamente, hai unha cousa tamén importante para a galipedia, existe algunha publicación que considere a Monforte de Lemos como nación? non.
E aínda máis, o Val de Xálima, ou o de Arán
- Ten tradicións históricas e culturais común?, si.
- Non por si mesmas senón dentro dun conxunto amplio da cultura occitana e galego-portuguesa respectivamente.--Alexandre Vigo 16:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)
- Ten unha unidade lingüística?, si.
- Non, porque a fala do Val de Arán é occitano e do Val do Xalima é galego-portugués.--Alexandre Vigo 16:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)
- Ten intereses económicos propios?, si.
- Está organizada politicamente (como estado si ou non)?, si.
- Ten un territorio definido?, si.
Logo induscutiblemente son nacións
- Realmente crías que o aranés era unha lingua?, dende logo a argumentación lingüística non é o teu.--Alexandre Vigo 16:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)
Tenreiro 13:57, 31 de xullo de 2010 (UTC)
- As páxinas de conversa non son foros. Esta última divagación do usuario:Tenreiro é de borrado. --Atobar (conversa comigo) 17:40, 31 de xullo de 2010 (UTC)
- E dalle, sempre coa mesma. Eu a verdade calificaría "de troll" a actitude de algúns de traer isto a discusión sempre... Suxiro non respostar máis. Xa costou bastante chegar a esta definición aceptada `pola maioría. --Norrin_strange (Fala-me) 22:25, 31 de xullo de 2010 (UTC)
Só pretendía ilustrar o meu argumento, aínda que a algúns non lles satisfaga. Non é, coma dixo furagaitas, non é trivial o que é una nación. Por algo será que Galicia é nación só nesta edición da wikipedia. ¿Qué maioría chegou a esta definición? ¿Onde está esa conversa?
En fin, xa vexo de que pao van algúns, desacreditando os meus argumentos, perfectamente válidos se a miña proposta fora outra. ¿Con qué pretendedes que argumente se, aínda que uso os mesmos argumentos que outros só que dados a volta, decides que son de foro, ou de troll? ¿Ou é que hai certas cousas sobre as que non se pode debatir? Vós decidides se o que queredes é una wikipedia seria, rigurosa, obxetiva e verídica, ou un panfleto. Pola miña parte non vou seguir insistindo, xa vedes expostos os meus argumentos, que non foron rebatidos, se é que non queredes cambialo, pouco podo facer. Un saúdo Tenreiro 12:47, 2 de agosto de 2010 (UTC)
- Como saberás Tenreiro, cada wikipedia ten unha política propia en determinados asuntos, por poñer un caso a wikipedia en español decidiu usar as formas deturpadas dos topónimos galegos (Arteijo, Irijoa, Puentesampayo, Sanjenjo, La Toja..) é e a única do mundo en facelo. Se en galego hai máis bibliografía que define a Galicia como unha nación de facto pertencente ao Estado Español, debe constar. De feito, agás as declaracións dalgún político pertencente á dictadura, non coñezo bibliografía que diga que Galicia non é unha nación.
- Humildemente coido que si foron rebatidos. O que non chego a entender é porque negas que Galicia sexa unha nación pertencente ao Estado español, negas tamén que Cataluña o sexa?, negas tamén que Escocia ou Gales sexan nacións?. Equiparas o concepto "estado soberano" a "nación"?. Porfavor, achega a túa impresión sobre isto.--Alexandre Vigo 16:30, 12 de agosto de 2010 (UTC)
Boas a tod@s. Copio-pego as miñas reflexións sobre o tema, que escribín no epígrafe de arriba de Nación?, por se vos interesa:
Quixera comenzar a miña argumentación sobre o debate de Nación? diciendo que hoxe en día non encontraredes ningún historiador serio que se tome en serio o concepto de "nación" fóra do ámbito político (que non é pouco). O consenso hoxe é claro: as nacións son construtos humanos ("fictions" é a palabra técnica na investigación histórica actual), o cal se o pensades, é bastante de evidente, pois no fondo os conceptos que serven para establecer as divisións da xeografía humana son conceptos lóxicamente inventados polos seres humanos. Non existe inmutabilidade nos territorios, ou como dicía Karl Popper, "o destino histórico é pura superstición". O termo "nación" non é un termo científico co que se poida definir algo, como cando definimos un carballo coma "árbore anxiosperma da familia das fagáceasaíndas", e moito menos Galicia. Que exista definición del no diccionario non implica que sexa un concepto científico. Quero recordar que o diccionario non inventa as palabras nin establece conceptos científicos, senón que recolle en negro sobre branco nuns tomos o que se fala na rúa. Que existan documentos históricos que así a definan, tampouco. Paso a argumentar o meu razoamento nas seguintes liñas:
O concepto de nación ten unha xestación que históricamente asentouse en tres piares: a independencia dos Estados latinoamericanos, a revolución francesa co seu concepto de "soberanía nacional" e o romanticismo nacional que xurdiu en Alemaña tras a invasión de Napoleón I. A partir de aí o concepto de nación foi evolucionando ao longo da historia acomodándose a diferentes significados, nunha sorte de profecía autocumprida: eu son nación porque son dun xeito “x” determinado, e despois fago a definición de nación encaixándoa ao contido anterior (o que vos comentaba arriba de facerse trampas co diccionario). Sen nengún ánimo de facer un Gowind, algúns levaron o termo ata consecuencias inamisibles, como o nacionalsocialismo nazi ou o aparheid afrikaan, establecendo o límite sobre quén é da nación e quén non en termos raciais; outros non chegaron tan lonxe (nese extremo), como o nacionalcatolicismo español de Franco, coa sua rancia idea de unir o concepto de "nación española" a unha sorte de destino universal como bastión do occidente católico, cunha forte vinculación Igrexa-Estado. Algúns Estados africanos nos sesenta ensalzaron o espíritu nacional para pasar de colonias a Estados. Por último, e polo que nos concirne en tanto membros do Estado español, os nacionalismos galego, catalán e vasco limitáronse a facer da Lingua o elemento sacrosanto sobre o cal debe pivotar a idea identitaria. Ao menos, amáis de ser máis “light” é máis bonito en tanto que é cultural, iso temos que admitilo, a menos, claro, se non se chega ao razoamento perigoso (aquí non o temos, pero é so un exemplo) de que que se non falas galego non es un verdadeiro galego, creando cidadáns de primeira e de segunda, cousa totalmente incompatible como sabedes coas bases mesmas da democracia e dos valores da revolución francesa. Como vedes, o termo nación é un termo con connotacións políticas. Por tanto, na historiografía, o que ten sentido é estudar o concepto de "evolución na historia do concepto de nación". Na política, ten todo o sentido do mundo estudar e explorar os usos do concepto "nación". Se nun texto fálase das diferentes acepcións da palabra nación na historia dun territorio, estamos facendo unha enciclopedia. Se nun texto defínese ese territorio como nación, estamos facendo política. Se vestimos a intención política con argumentos históricos, estamos facendo un pastiche.
Quero poñervos dúas frases do intelectual francés Ernest Renan da súa conferencia "Qu'est-ce qu'une nation?" (Qué é unha nación?) de 1882 na Sorbona, onde intentando definir o que era unha nación, deixou para a posteridade dúas frases que non perderon ningunha validez hoxe 131 anos despois:
"O esquecemento, e eu diría máis aínda, o erro histórico son factores esenciais para a formación dunha nación".
"A existencia dunha nación é un plebiscito diario".
Volvo unha vez máis a insistir en que non ten sentido encabezar unha idea de Galicia nin ningún outro territorio nunha enciclopedia empezando a definilo como "nación" en tanto en canto non é un concepto válido ou científico, e por tanto, non sirve para facer definicións. O termo nación como definición ven aparalledo como ben dicía Renan a esquecementos e erros históricos para acomodar a forma ao fondo, entrando no que Popper chamaba "a miseria do historicismo", unha guerra de acontecementos e datas, algúns facendo sombras e outros facendo luces aos feitos que mellor sirvan aos seus intereses. Isto pasa cando definimos un territorio como nación, sexa Galicia, España ou a que queirades, aínda que evidentemente países como os Estados Unidos poidan facelo con máis comodidade que Galicia ou España en tanto que teñen unha historia moito máis curta e a población orixinal do territorio foi prácticamente aniquilada na súa totalidade e non pode facer de contrapunto. Por suposto, os Estados Unidos son un país nacionalista, con claras inclinacións ao capitalismo e o imperialismo (réxime nacionalcapitalista imperialista?). E por certo, non se define así mesmo na Wikipedia inglesa como nación [1]. E mesmo Francia, un Estado pouco sospeitoso de no ter unha fortísima identidade nacional e centralista, tampouco defínese como nación na Wikipedia francesa [2]. E nin sequera Catalunya na catalá...[3]. Ao parecer, è Galicia a única rexión do mundo que se define a se mesma como "nación" na Wikipedia? Se é así, a seguinte pregunta lóxica é: a Galipedia quere tomarse en serio a se mesma? Pregunto.
Comezar definindo Galicia como nación so pode entenderse en termos políticos, e particularmente dentro dun contexto histórico específico como é a vontade dun colectivo de galeg@s (non vou dicir as cifras, pero actualmente está lonxe de ser maoiritario) en facer de Galicia unha nación co obxectivo de diferenciarse da idea de España como nación. As dialécticas do nacionalismo é o que traen: por definición, dous nacionalismos de signo contrario non poden metafísicamente coexistir nun mesmo territorio. Definir a Galicia como nación nunha enciclopedia é un erro epistemolóxico pero unha boa estratexia política, e so como tal hai que vela, pois é de todos sabido que unha nación non é nación se non ten vocación de ser Estado. É un concepto totalmente político. Lexítimamente político. Pero so iso: político. Por tanto, é unha tentativa máis (unha cibertentativa, poderíamos dicir) para que asente na sociedade a definición política de Galicia como nación que sirva para preparar as bases (cando sexa...) para dar o seguinte paso. E entrando na taxonomía do termo, é unha definición política de tipo nacionalista, probablemente o movemento político máis importante dos últimos douscentos anos pois, como diría o historiador Eric Hobsbawm, se un extraterrestre chegase á Terra non podería entender a historia dos últimos dous siglos sen que lle explicaran o concepto de nación. Unha enciclopedia debería afastarse do sesgo político e ir á evidencia se ten vocación de científica.
Posto que "nación" é un concepto político e como a Galipedia non debería tratar os temas baixo esta óptica, coido que mal facemos definindo Galicia como nación. Se un partido ou persoa nacionalista o quere facer, no ámbito da súa libertade, está no seu dereito: o seu obxecto de estudo e campo de traballo/batalla é a política. E pode facelo en todos os ámbitos que o seu compromiso coa Terra lle diga que así o faga. Pero a Galipedia, coido, é ou debería ser outra cousa. A Galipedia é unha enciclopedia e se ten que recoller o termo de "nación" ten que dar condicións de contorno moito máis profundas que a pobre referencia que dase actualmente no encabezado.
Cecais é probable que non me fagades moito caso, pois tamén cecais algunhas persoas cren que nesta definición xógase moito pois pensan que as formas son máis importantes que o fondo, e como diría Renan, hai que pelexar todos os días para conseguir impoñer a idea: o plebiscito diario, aínda que a realidade sexa testana, que diría Lenin, e poida afearlles o relato... Eu, se mo permitides, xa teño escrito unha boa parrafada e non teño moitas gañas de discutir sobre iso, os meus argumentos están aí arriba e porque lamentablemente dame a sensación de que a batalla poda estar perdida (oxalá non!), e non teño intención en caer na miseria do historicismo sobre un concepto que non é científico. Persoalmente, creo que ao marxe do xa argumentado, considero que as nacións como elementos de creación de identidade colectiva están a superar, posto que hoxe en día contamos con moitísimos foros ou puntos de encontro onde atopar tal, principalmente gracias a revolución dixital...Pero esa, é outra historia (sobre a que si debatiría encantado). Simplemente, limiteime a dar a miña opinión e argumentala como mellor puiden ao respecto, dicindo que definir Galicia como nación é unha definición política e non científica, que as enciclopedias son científicas en non políticas, e que por tanto é un erro facelo así non proprio do que debería esperarse da Galipedia.
Un cordial saúdo a tod@s, --Plaslux (conversa) 17 de decembro de 2013 ás 20:44 (UTC)
En televisión
[editar a fonte]No apartado dedicado á televisión hai que engadir outra televisión privada, a Popular TV Galicia, que xa comezou a emitir programación específica para Galicia e en galego que aumentará a partir de setembro, tamén habería que facer algunha referencia ás canles locais. En canto á TVG hai tempo que non oio nada desa canle de noticias 24 horas.--Cheluco 11:07, 4 de agosto de 2010 (UTC)
- Si, canto máis completa sexa a información mellor. Anímaste? --Alberte Si, dígame? 14:23, 4 de agosto de 2010 (UTC)
- Como fago?, non podo editar esta páxina.--Cheluco 15:46, 4 de agosto de 2010 (UTC)
- Non podes editar a páxina por te teres rexistrado hoxe mesmo. Agarda tres días e xa poderás editar este artigo. Saúdos!--Toliño Fala aquí comigo 18:54, 4 de agosto de 2010 (UTC)
- Como fago?, non podo editar esta páxina.--Cheluco 15:46, 4 de agosto de 2010 (UTC)
¿Estamos tolos?
[editar a fonte]Comezar dicindo que Galicia é unha nación porque así o recoñece un texto que non está en vigor, de 1933, elimina calquera resto de seriedade que poidera quedar na wikipedia en galego. Iso pode mencionarse máis adiante no texto, pero non pode ser a primeira frase do artigo. Pido que quen poda cambie iso, porque se non, sinceramente isto semella unha broma. O correcto sería comezar dicindo "Galicia ou Galiza é unha das 17 comunidades autónomas de España". E se cadra podéis dicir máis adiante que durante un tempo nos anos 30 foi considerada unha nación. A wikipedia é unha fonte de coñecemento, e non de reivindicacións de ningún tipo.
- Tratar de tolos por mencionar unha realidade obxectiva, é entrar con mal pé na Galipedia. Podes expoñer as túas opinións, faltaría máis, mais non faltando ao respecto.--Paradanta 21:42, 8 de agosto de 2010 (UTC)
- Non sei quen puxo o de arriba, pero leva certa razón. A única forma coa que se pode definir Galicia agora mesmo (gústenos ou non) é como unha Comunidade Autónoma, non como nación, dato do recoñecemento non deixa de ser un dato histórico. E a cita que se pon no artigo para apoiar o concepto de nación de Galicia non é mais que a definición dun dicionario do termo nación, pero nesa definición non se atopa a Galicia definida como unha nación. Quen escribira iso debería saber como ser debe facer unha cita. Pero iso da igual, porque eu xa protestara por iso, pero quedou en nada xa que o do punto de vista neutral aquí importa ben pouco. Saúdos --Ric delg, Falemos - 21:54, 8 de agosto de 2010 (UTC)
- Veña, e se eu penso que Galicia é un imperio intergaláctico (cousa que é obxectiva, porque expresa os meus sentimentos identitarios), ten a misma obxectividade que dicir que é una nación. Aun encima, as referencias que dan son a un dicionario e a un libro de 2010 para xustificar que foi recoñecida como nación nos anos 30. Se queredes que isto teña un mínimo de credibilidade, poñed por favor datos reais e ben referenciados. Segundo ás leis vixentes, Galicia é unha comunidade autónoma, e non unha nación.
- Non sei quen puxo o de arriba, pero leva certa razón. A única forma coa que se pode definir Galicia agora mesmo (gústenos ou non) é como unha Comunidade Autónoma, non como nación, dato do recoñecemento non deixa de ser un dato histórico. E a cita que se pon no artigo para apoiar o concepto de nación de Galicia non é mais que a definición dun dicionario do termo nación, pero nesa definición non se atopa a Galicia definida como unha nación. Quen escribira iso debería saber como ser debe facer unha cita. Pero iso da igual, porque eu xa protestara por iso, pero quedou en nada xa que o do punto de vista neutral aquí importa ben pouco. Saúdos --Ric delg, Falemos - 21:54, 8 de agosto de 2010 (UTC)
Erro poblacional
[editar a fonte]Cidade mais poboada Vigo ? Esta non é a mais poboada, imos deixar as cousas claras ...
- Municipio mais poboado --- Vigo - Casco urban mais poboado --- A Coruña —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.3.55 (conversa • contribucións) 10:33, 17 de agosto de 2010
Feito! Os datos veñen dados por municipios, así que aclarámolo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:48, 17 de agosto de 2010 (UTC)
Hola! Penso que en analoxía con outras wikipedias deberíamos diferenciar entidade poboacional singular de concello. Non se pode asimilar cidade con concello, xa que a maioría dos concellos inclúen varias aldeas ou lugares aparte da capital municipal. Se falamos de cidades por poboación, sería así a orde: A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol e Pontevedra. Deixo unha enlace do INE no que se mostran os datos de poboación das sete cidades galegas. http://www.ine.es/nomen2/index.do Espero que alguén me dea a razón e o cambie, que corrixa a numeración, ou que diga que é dos concellos e non das cidades. Un saúdo!
- Perdoade, non son quén de poñer o enlace ben, pero se nos criterios de búsqueda do enlace que puxen seleccionades as provincias galegas, maior de 50000 habitantes e a opción de incluír só entidades singulares, veredes a táboa destas sete cidades coa súa poboación.
Portos
[editar a fonte]"En Galicia hai ademais outros 122 portos xestionados polo ente público Portos de Galicia, entre os que destacan o Porto deportivo de Pontevedra e o de Burela."
"destaca"? En que destaca o pequerrecho porto deportivo de Pontevedra entre outras ducias de portos galegos?--. HombreDHojalata.conversa 20:41, 10 de outubro de 2010 (UTC)
- Habería que neutralizo. Leo nesta nova que os máis grandes son os de Sada e Ribadeo.[5]. En calquera caso, poñer que un destaca sobre outro habendo tantos como hai, e sobre todo tan variados, paréceme demasiado atrevido. --Atobar (conversa comigo) 20:45, 10 de outubro de 2010 (UTC)
- Neutralizado. Máis ben borrado. Amais habería que diferenciar entre o que son os portos pesqueiros, tradicionais, con barcos que suman muitas toneladas e os portos deportivos, que si, que teñen muitos amarres e duns aniños a esta parte proliferan coma champiñons--. HombreDHojalata.conversa 08:58, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Artigo de calidade
[editar a fonte]Credes que este artigo merece ser nomeado a artigo de calidade? De non ser así en que sería preciso traballar? É que penso tanto o este artigo como o de lingua galega deberiamos melloralos até o punto de ser considerados dos artigos máis destacados da galipedia.--Adorian (fálame) 20:37, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Estou contigo en que se algún artigo de calidade ten que haber, este debe ser un. O primeiro que me ven á cabeza para melloralo e quitarlle ligazóns vermellas creando os artigos que sexa preciso. Non é que haxa moitas, pero as que hai son traballosas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:46, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Quédalle bastante para ser artigo de calidade, pero é boa idea ir nomeando as carencias para solucionalas de xeito máis sinxelo. Polo de agora, sen ler demasiado a fondo atopo que hai que actuliaza-la táboa (esperanza de vida, taxas de natalidade e mortalidade), na sección de historia, en concreto século XX falta un chisco máis de información para entender un pouco de verdade o que é Galicia, non só hai que falar de acontecementos políticos, senón tamén a evolución económica, o pasar de sermos un país emigrante a ser un país emigrante e á vez acolledor de inmigrantes... a parte da democracia agora mesmo só é unha relación de datas con relevancia política. A sección de concellos máis poboados está baleira. Actualización da economía (anda que do 2007 ó 2010 non choveu...). A sección natureza, habería que ampliala a Patrimonio natural e falar dos espazos naturais protexidos (rede natura 2000, zepas, parques naturais e nacionais, lugares de interese...) ou da propiedade do monte (mancomún, UXFOR, banco de terras... isto realmente podería ir en economía). As seccións non poden ser tan extensas coma o artigo propio, mais a sección da Lingua galega seméllame un "resume moi resumido". Da literatura galega tamén deberíase falar nesa sección algo, aínda que o groso vaia en Cultura. Do cine galego nin se fala. Todo o excesivo de política que se fala no apartado Historia ben pode ir acomodado na sección Goberno e política, onde non hai nada sobre a nosa historia política máis recente. Non se fala da rede interneteira galega (hai documentos interesantes en culturagalega.org ó respecto). Hai petición de referencias no corpo do artigo e en xeral estas son escasas. A simple vista e polo de agora vexo eso. --Alberte Si, dígame? 23:34, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- No apartado de música só se fala da música tradicional, mais hai moita máis música galega, hai que falar do bravú, xénero do país, de Heredeiros da Crus, d'Os Diplomáticos de Monte Alto, de Astaroth, d'Os Resentidos, de Siniestro Total, de Los Suaves, de Lamatumbá... Tampouco falamos apenas da nosa ciencia, dos nosos científicos, nin do estado da educación (niveis de fracaso, porcentaxe con estudos superiores e todo isto). En Historia esquecíaseme dicir que non se fala da represión franquista, nin dos maquis, nin dos exiliados. Case sería necesario un apartado de Emigración e exilio para comentar algo sen o que non se entende a nosa historia, e o desenvolvemento de sociedades e agrupacións galegas en todo o mundo. O sector enerxético, tan amplo e impactante visualmente nas nosas paisaxes (ríos, fervenzas, montes... pouco se salva) non se menciona. O artigo en inglés nalgúns aspectos é máis completo có noso e ten máis referencias. --Alberte Si, dígame? 23:50, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Tedes toda a razón que este debería ser un dos nosos artigos de calidade pero tamén que lle faltan bastantes detalles e un pouco de organización. Coas cousas que apuntou Alberte hai un mundo para choiar. Creo que unha idea importante que dixo el é o da Emigración, é unha peza clave da historia e da cultura galega tamén, non pode faltar neste artigo un apartado adicado á mesma. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Eu estou de acordo co que di Alberte, pero o problema que lle vexo eu a esa idea é o do espazo: hai que ter coidado de non converter este artigo nunha enciclopedia dentro dunha enciclopedia. Mira ti se haberá cousas para dicir de Galicia, a pouco que nos estendamos sáenos un artigo quilométrico. Se nos gusta como se non, este artigo está abocado a ser unha especie de distribuidor cara a artigos principais sobre cada tema. Ademáis, e por ser coherentes, modificar un artigo actualizándolle datos significaría acudir ao artigo principal coa mesma actualización, porque non sería lóxico que Demografía de Galicia ou Economía de Galicia, por exemplo, estivesen desactualizados e Galicia actualizado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 07:44, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- Tamén creo que para que Galicia fose un artigo de calidade debería cambiar as dúas primeiras liñas, que teñen xerado moitas protestas, e que son, non sei se dicir pouco neutrais, pero si de difícil defensa. Un debate sereno sobre ese tema, e unha proposta de consenso deberían ser elementos imprescindibles da madurez da nosa comunidade. --Xabier Cid Talk, please 08:13, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- Penso que si, que este artigo debera ser de calidade; eu ofrézome a, por exemplo, ir arranxando esas feas cores vermellas...En canto ás dúas primeiras liñas parécenme "maduras" dabondo (de feito, creo que poucas frases hai tan maduradas coma elas na Galipedia).--Paradanta (Cóntame) 09:17, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Entón para facer máis sinxelo o traballo podemos facer unha listaxe coas tarefas pendentes e ir tachando segundo as arranxemos. Das que se foron nomeando:
- Quitar o máximo de ligazóns vermellas.
- Actualizar datos demográficos.
- Ampliación da historia durante o século XX dende os puntos de vista económicos e da emigración, ademais de completar/incluír algún suceso que falte.
- Ampliar un chico a sección de lingua galega se é preciso.
- Ciencia e educación.
- Cultura galega actual (incluíndo música, cinema ou mesmo asociacións).
- Un apartado de industria en xeral (incluíndo o sector enerxético) e a súa integración na paisaxe.
- Un apartado sobre a emigración galega.
Non sei se esquezo ou sobra algo. E ter en conta o que di Xoacas, cómpre non pasarse de longo.--Adorian (fálame) 11:37, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- Estou completamente dacordo con Adorian en canto eses puntos, estiven mirando artigos que nos puideran servir de axuda e hai un que considero podería ser un referente traballadísimo, con moita calidade e que nos pode servir de axuda en:England, ten unha estructura aparentemente sinxela, non demasiadas imaxes, está moi equilibrado (cada día participan nel varios editores), polo que coa súa experiencia pode axudar a modelarnos o artigo. Como se pode ver moitas das cousas das que se falaron aqui, sobre temas a desenvolver, tamén se poden ver alí, estou seguro que nos há dar boas ideas.--Alexandre Vigo 09:48, 29 de decembro de 2010 (UTC)
¿Galicia é unha nación?: isto é ridículo
[editar a fonte]A wikipedia galega perde toda a seriedade cando di que Galicia é unha nación. Por moito que tengades o sentimiento de que Galicia é unha nación, non é certo: Galicia é unha comunidade autónoma de España. E agora chamadme facha e o que querades, pero isto non é máis que a verdade e o que din as leis. E a wikipedia está para dicir a verdade, a realidade, e non para falar de sentimentos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.0.11.233 (conversa • contribucións) 6 de marzo de 2011 ás 00:47
Estou dacordo contigo, e de facha non tes nada, simplemente dixeches a realidade actual. Guste ou non, actualmente Galicia é unha comunidade autónoma de España. Porase na wikipedia que Galicia é unha nación cando realmente sexa unha nación independente, ata que ocorra ese momento, poñer na wikipedia que Galicia é unha nación é manipulación. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.146.47.254 (conversa • contribucións) 9 de marzo de 2011 ás 11:08
- Tedes, ou tes, as referencias e as explicacións (históricas, entre outras) no artigo. Un saúdo e a ilustrarse. --Atobar (conversa comigo) 11:00, 9 de marzo de 2011 (UTC)
As explicacións históricas non valen, Atobar; en términos legais e de recoñecemento internacional, que é o que conta, Galicia é unha comunidade autónoma de España. E iso é o que pon na wikipedia española e na inglesa. As únicas referencias válidas son a Constitución e o Estatuto. Ilústrese vostede con elas. Fdo: Arminio
Hai máis referencias que a constitución e o estatuto. Galicia estaba aquí antes de que nacesen a constitución e o estatuto e vai seguir estando despois de que a constitución e o estatuto morran (que xa lles tarda). En calquera caso isto é unha enciclopedia, non un mitin. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:49, 12 de marzo de 2011 (UTC)
Ti dis que "xa lles tarda" e polo outro lado que isto non é un mitin. lol. A min gustaríame que isto fose unha enciclopedia, mais con redactores como vostede isto vai seguir sendo unha merda ideoloxizada, e xamais poderá ter o prestixio da wikipedia en inglés ou español. Fdo: Arminio —o anterior comentario sen asinar foi feito por 2.136.172.252 (conversa • contribucións)
- A voltas co de nación
Este artigo trata sobre a Comunidade Autónoma de Galicia, que, obxectivamente, é unha entidade territorial do Reino de España. Para min, e para calquera con dous dedos de fronte e non obcecado polo españolismo, a nación galega excede os límites desta comunidade autónoma, que non remata no Eo polo Leste nin no Miño polo Sur. Afirmar, xa que logo, como se fai neste artigo, que Galicia, referíndose á Comunidade Autónoma de Galicia, é unha nación, é un tremendo erro.
A descripción de nación que se facilita é a seguinte: Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra.
Primeiro, unha nación non ten por qué ter un territorio definido. ¿Os xudíos son unha nación só dende que se inventou o Estado de Israel; as nacións indias recoñecidas como tales polos Estados Unidos de América son nacións dende que as asentaron nas súas reservas? De tódolos xeitos, esta mesma descripción non concorda co que se pretende demostrar no artigo: a Comunidade Autónoma de Galicia, que é o obxecto do artigo, non é un grupo humano, senón unha entidade territorial. Defender o contrario é dicir trapalladas; é unha trapallada é a presentación deste artigo, excelente polo demais. 88.14.214.45 15:19, 1 de setembro de 2011 (UTC)
- Reino suevo
Galicia no es una nación reconocida internacionalmente en 1933, Galicia es un reino suevo creado en el siglo V.
ISO 3166-2
[editar a fonte]En Febreiro de 2010 a International Organization for Standardization asignou no estándar ISO 3166-2 o código ES-GA para Galicia. Xa podedes incluír esta información, que a páxina xa ten en outros idiomas: ISO 3166-2 NEWSLETTER Date issued: 2010-02-03 No II-1 —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.153.153 (conversa • contribucións) 02:24, 19 de abril de 2011
- O proxecto este é colaborativo. Podes facelo ti mesmo--. HombreDHojalata.conversa 06:41, 19 de abril de 2011 (UTC)
- Sinto dicirte que te equivocas. Eu non podo editar a páxina de Galicia, está protexida.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.144.79.159 (conversa • contribucións) 09:47, 6 de maio de 2011
- Só está semiprotexida. A semiprotección impide a edición por parte de usuarios anónimos (enderezos IP), así como contas recentemente creadas que non chegaron ao nivel de autoconfirmación. Este tipo de protección é a máis habitual en artigos, sobre todo aqueles que son obxecto de vandalismos recorrentes e persistentes ou por mor de violacións de políticas de contido como biografías de persoas vivas ou punto de vista neutral. Se te rexistras e segues a colaborar coa Wiki pronto poderás editar esta ou calquera que teña semiprotección. Anímate, que vexo que tes interese--. HombreDHojalata.conversa 15:54, 6 de maio de 2011 (UTC)
- Ola, son o que queixábase de que non era posible editar o artigo para engadir na caixa de datos de Galicia o código ISO 3166-2 "ES-GA" que identifica internacionalmente Galicia (e que si está incorporado ao artigo de Galicia en outros idiomas). Moito dicirme que me anime, ¡pero nada! A caixa de datos de Galicia non se pode editar, soamente ver o seu código fonte.-Ignacio Agulló
Audio do artigo
[editar a fonte]Saúdos, estiven poñendo voz a diferentes artigos en castelán, e acabo de rematar o audio deste artigo. Coma todavía non son usuario autoconfirmado (as miñas colaboracións son os audios, e cada un deles leva semanas de traballo) pido a alguén que sexa usuario autoconfirmado que inserte o código:
{{Wikipedia Grabada|fecha=07-02-2012|archivo=Gal-Galicia_1_of_4-article.ogg|archivo2=Gal-Galicia_2_of_4-article.ogg|archivo3=Gal-Galicia_3_of_4-article.ogg|archivo4=Gal-Galicia_4_of_4-article.ogg}}
Graciñas --LaVozDeTuRelato (conversa) 19:57, 10 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato
Disculpen pero o enlace ó usuario non funciona, xa que realmente o usuario é da wikipedia, non da Galipedia
- Rebaixado o nivel de protección, para que poidas editar ti mesmo. Grazas por esas achegas, nun formato penso que inédito na Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 22:55, 10 de abril de 2012 (UTC)
- Feito!, e xenial traballo LaVozDeTuRelato. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:10, 10 de abril de 2012 (UTC)
- Bo traballo, Lavozdeturelato, pero hai un problema, e é que o audio comeza dicindo algo que non é verdade. Galicia, na wikipedia: http://es.wikipedia.org. Galicia, na Galipedia: http://gl.wi.... Isto é falso. Esta non é menos wikipedia ca a escrita en castelán, e de feito, para min, galegofalante, esta é a wikipedia na miña lingua, mentres que cando me refiro a outras ramas é daquela cando especifico wikipedia en castelán, romanés ou ladino. Poderías modificar ese ficheiro e omitir a primeira frase ou directamente refacela e falar simplemente de wikipedia? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:43, 10 de abril de 2012 (UTC)
- Bo traballo! Era unha das cousas nas que a Galipedia necesitaba iniciarse. Por certo, para cando se fagan máis audios de outros artigos, un pequeno apuntamento: a palabra "ao" non se pronuncia como se escribe, senón como "ó". Outra cousa, hai tempo que non o comprobo, pero na wiki catalá, nos audios dos artigos puñan o bloque lingüístico ó que pertencía o falante. Neste caso o acento é bastante neutro, pero podería darse o caso de pronuncias moi marcadas do bloque oriental ou calquera outro, polo que podería ser bo unha aclaración. Saúdos, e reitero a miña felicitación. --Alberte Si, dígame? 23:52, 10 de abril de 2012 (UTC)
- Iso mesmo ía dicir eu. Inda que sexa aceptable a forma escrita de "ao", por favor, ollo! pois a súa pronuncia eche a mesma ca "ó". Coido que habería que ter coidado con detalliños destes pra non confundir ós que veñan de afora a curiosear pola Galipedia.--88.13.117.170 00:48, 11 de abril de 2012 (UTC)
- Creadas categorías novas, tanto na Galipedia (Categoría:Wikipedia falada) coma en Wikimedia Commons (Commons:Category:Spoken Wikipedia - Galician), para meter eses ficheiros de son. --. HombreDHojalata.conversa 08:07, 12 de abril de 2012 (UTC)
- Moitas gracias a todos polos comentarios, tratei de facelo co maior respeto posible, pero non son galego falante habitual xa que levo fora de Galicia moitos anos. Tomo nota da pronuncia de "ao", non lembraba nada ó respecto do cole. Cando teña tempo tentarei ir corrixindo o audio. Graciñas tamén a . HombreDHojalata. por crear a categoría, non a atopaba e o final púxenlle a categoria de castelán. --Atobar Tes razón, tiña dúbidas o respecto, procedo a eliminalo do audio. Se me permitides unha suxerencia, se queredes que máis xente se anime a producir locucións en galego, estaría ben que existise a páxina do proxecto Galipedia falada. Cos meus coñecementos non me é posible. Se facilitamos e impulsamos a idea seguro que máis xente se anima a grabar. --LaVozDeTuRelato (conversa) 00:14, 14 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato
Feito!, acaba de comezar o Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:29, 14 de abril de 2012 (UTC)
Bandeira
[editar a fonte]Do mesmo xeito que o amigo de arriba opino que se debería pór a bandeira "oficial/institucional", é dicir, a bandeira cargada co escudo, como bandeira de Galiza no artigo xa que esta é a considerada propiamente oficial polo goberno de Galiza e é ademais a que máis contido e simbolismo histórico ofrece ao incluír o máis antigo símbolo do país (o escudo). Pido que se rectifique o artigo de xeito que se mostre esta versión máis "correcta" da bandeira neste contexto concreto. Grazas anticipadas. --Alenlugo (conversa) 14:16, 1 de maio de 2012 (UTC)
- Concordo --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 15:14 (UTC)
Sobre o comezo do artigo
[editar a fonte]Galicia[1] ou Galiza[2] é unha nación[3] recoñecida internacionalmente en 1933[4] e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española e con estatuto de nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea.
Queda un pouco forzado, da a entender o que Galicia é un pobo oprimido polo resto do Estado español. A Sociedade de Nacións (que foi un autentico fracaso como quedou demostrado co estoupido da Segunda Guerra Mundial) non é un pretexto para afirmar que hoxe en día Galicia sexa recoñecida internacionalmente como nación polo tanto non é válido como fonte para demostrar que é unha nación, bastaría con poñer Galicia é unha nación establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española e con estatuto de nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea, e unha referencia ao termo nación segundo a Real Academia Galega.
De todos modos penso qué non é máis ca unha forma de reivindicación política que non debería ter cabida nunha enciclopedia que pretende ser medianamente seria. Porque o concepto de nación é moi amplo e con que se cumpran as condicións da definición (pobo, poboación e algúns elementos comúns) xa pode ser considerado como tal, mesmo Lugo pode ser considerado como unha nación neste sentido.
Con respecto ao uso da bandeira civil non é máis que unha forma de evitar que se poida relacionar coa Comunidade Autónoma de Galicia e os seus símbolos oficiais. Por qué non se pon a bandeira civil no artigo de España?
Sintoo se alguén sentíuse aludido ou ofendido polo meu comentario, pero é o que penso e como galego e español que son eu tamén sintome ofendido coas posibles malinterpretacións que se poden dar do asunto. --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 15:49 (UTC)
- Opino igual.Deberia modificarse o inicio. --Jorjum (conversa) 2 de outubro de 2013 ás 11:11 (UTC)
Eu tamén opino o mesmo. Argumenteino ao comezo da Discusión, nos epígrafes Nación? e Imprecisións no termo nación.
Un cordial saúdo, --Plaslux (conversa) 17 de decembro de 2013 ás 21:47 (UTC)
Fire onboard Ostedijk in 2007 - can anybody help find out if official investigation exists
[editar a fonte]There was a fertilizer fire in the cargo hold of this vessel in 2007. The incident was much publicized. Some sources say that an "official investigation" was initiated. I would be grateful for any help in trying to identify such a study - if it exists. Which agency would be responsible? Where to search for it? Who to contact? You can reply in Spanish, I have a rusty command of it, I read it, but my writing is terrible. Thank you in advance for any help in this regard. OQ-wiki (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 16:02 (UTC)
Milladoiro
[editar a fonte]Explico aquí o motivo de retirar as ligazóns dadas como referencia para a frase: "O grupo galego de música máis coñecido tanto no país como fóra é Milladoiro". A ip que as incluíu defendeu que si que eran referencias cunha frase tirada desta ligazón: "O conxunto era un referente non só musical, senón cultural, para Galicia. E no estranxeiro xa gozabandun gran prestixio. Foron os primeiros músicos en recibir trato estelar noutras nacións." De ser un referente cultural e musical a ser "o grupo galego de música máis coñecido tanto no país como fora" hai un anaco. Salvo que haxa algunha estatística de venta de disco do grupo, que amose que Milladoiro foi o grupo galego que máis vendeu, penso que non só deben ser retiradas esas referencias que non son tal, senón tamén a frase. --JaviP96 13 de setembro de 2013 ás 20:12 (UTC)
Países que recoñecen a Galiza como nación
[editar a fonte]O artigo comeza dicindo que: "Galicia ou Galiza é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933"
Non obstante buscando nas referencias que se dan non consiguo encontrar a lista de países que recoñeceron internacionalmente a Galicia como nación.
Alguén podería poñer esa lista? Grazas—o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.154.51.96 (conversa • contribucións) 5 de setembro de 2014 ás 00:18
Proposta
[editar a fonte]Hai un ano fixen unha proposta sobre a modificación do comezo do artigo á que só responderon tres usuarios. Entendo pois que é un tema que non interesa moito e que pode ser modificado sen problema. Porén, como coñezo como vai isto de que no momento no que se toque o artigo vai saltar alguén defendendo con capa e espada o que pon actualmente vou facer unha votación.
A proposta é modificar as primeiras liñas polo seguinte,
Galicia ou Galiza é unha nacionalidade histórica (ref) establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española dentro do Reino de España e a Comunidade Europea.
A favor
- Concordo--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:30 (UTC)
- Concordo Abaixo, en Comentarios, explícome. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:29 (UTC)
- Concordo----Agremon(contacto) 30 de decembro de 2014 ás 16:57 (UTC) : é nación, ten historia como tal e na actualidade ten o estatuto xurídico que establece o Estatuto de Autonomía de Galicia, nos guste ou non. O anterior non nega que Galicia sexa nación e deixa ben claro que neste momento non ten estado propio. A proposta de Xabier Cid non me gusta porque parece esnaquizar a idea, o todo, en anacos parciais.
En contra
- Discordo parcialmente. Concordo en eliminar da introdución a referencia á Sociedade de Nacións, movéndoa á parte de "historia", seica nas seccións nas que se explica o desenvolvemento do autogoberno. Porén, discordo en substituír o de "nación" polo de "nacionalidade histórica" polos seguintes motivos:
- Primeiro: O léxico xurídico e legal, e o marco xurídico que expresa non agotan a realidade, senón que forman parte dela. Non é o caso galego, mais se o galego fose legalmente considerado un dialecto do castelán no canto dunha lingua, iso non mudaría a realidade. Entendo que unha definición "enciclopédica" non pode limitarse ao meramente legal, senón que ten que ir máis aló, ten que explicar os conceptos dende un punto de vista sociolóxico, cultural, histórico, etc. Cinguirnos á definición legal sería, penso eu, quedar curtos.
- Segundo: A Galipedia non toma partido, senón que reflicte os diferentes puntos de vista sempre que éstes teñan relevancia e estean fundamentados e referenciados. En este sentido, a definición actual "nación estabelecida xurídica e (tatata)" expresa tanto o marco legal como unha definición puramente aséptica do que é Galicia. Entendo que aumentar os puntos de vista é posíbel, mais non eliminar os que xa temos.
- Terceiro (e xa persoal): O tema de "nacionalidade histórica" non me acaba de gustar. Certo é que na RAG admítese o significado de "comunidade" para "nacionalidade", mais o certo é que orixinalmente nacionalidade non significa iso. A introdución do termo nacionalidade fíxose para evitar o termo nación, como se pode comprobar na historiografía da época: trátase dun termo "fabricado", e pouco natural na lingua mesma, e que ao mesmo tempo non acaba de expresar con claridade de que estamos a falar. Preferiría moito máis os termos de "rexión histórica", "rexión cultural", "rexión etnolingüística", etc. --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2014 ás 12:32 (UTC)
- Edito para engadir outra opción: substituír "nación" por "país", máis xenérico todavía e moito menos "reivindicativo". Mais "nacionalidade histórica" nunca, porque nese caso só poderíamos falar da historia de Galicia nos últimos 40 anos. --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2014 ás 12:44 (UTC)
- Discordo Galicia é unha nación cunha cultura, cunha lingua e cunha historia propia, da forman parte os individuos que teñen consciencia de ser un pobo diferenciado. Non entendo porque ten que haber controversia ó respecto.--Dodro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 13:43 (UTC)
- Discordo Coido que a definición actual é máis completa que a que se propón, pois nela xa se fai mención explícita ao carácter legal do termo "nacionalidade histórica". Creo que para acadar unha definición enciclopédica hase de ter en conta algo máis que o mero marco legal existente, e dende o meu punto de vista "nacionalidade" non exclúe "nación". Por iso, eu deixaría a definición actual tal e como está. Ocultar "nación" na definición é tan reivindicativo como querer conservala, nin máis nin menos. --Chairego_apc (si?) 30 de decembro de 2014 ás 14:31 (UTC)
- Discordo, explico nos comentarios. Piquito (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 16:52 (UTC)
- Discordo, e coincido con Norrin. Un comentario: igual habería que traballar en estabelecer uns criterios comúns para todos os artigos, por exemplo no de Cataluña pon que é unha nación (co cal non entedería que Galiza non), no de Escocia non sei que pon pero podería haber o mesmo conflicto, País Vasco, Bretaña, etc.--Adorian (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 12:25 (UTC)
- Discordo Non me parece errada a definición, ten referencias e penso que é bastante neutral, dise que é unha nación e que é unha Comunidade Autónoma do Reino de España, é dicir, unha de cal e outra de area, o punto de vista duns e o dos outros. Penso que máis neutral non se pode ser... Concordo moito con Adorian en que habería que revisar os artigos deste tipo porque seguro que teñen a mesma problemática ou outra similar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xaneiro de 2015 ás 23:41 (UTC)
- Discordo Creo que debemos ter presente a perspectiva temporal e nominal. En primeiro lugar, se falamos da Galicia do ano 1849 resulta evidente que non podemos aplicar a fórmula de comunidade autónoma, non existía, por outra parte un "territorio histórico" qué é?, tamén o é a diócese de Tui, non? e sen embargo sabemos que Galicia e a diócese de Tui son categorías diferentes. A Comunidade de Madrid supoño que xa ten unha certa historia e polo tanto xa é susceptible de ser un "territorio histórico", mais Galicia en máis de 2.000 anos e a CA de Madrid apenas 30. Igualmente creo que sería un erro basearnos na Constitución española (un texto eminentemente político como calquera constitución) se o que se procura é facer unha definición o menos política posible, ou se se quer, máis oficialista. Eu desde logo, diría que "Galicia" é dentro da legalidade española unha comunidade autónoma considerada nacionalidade histórica...., pero desde logo tamén creo que debemos dicir que é considerada e considerable como nación, como así foi en 1933 e ollo, tamén en séculos previos!, tamén poderíamos dicir que foi un territorio histórico e matizar que este foi mudando co tempo e que non se cingue á delimitación da CAG (Comunidade autónoma de Galicia).--Alexandre Vigo (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 01:11 (UTC)
- Discordo Na obra do Diego Antonio Cernadas de Castro (o Cura de Fruíme) escrita durante o século XVIII (isto é, denantes da creación da primeira constitución española en 1812 que instaura oficialmente o termo "nación española"), pódese comprobar como se refire a Galicia como unha nación e emprega repetidas veces expresións coma "galego de nación", "nación galega", etc., por exemplo: "No entiendo al ver tal perfidia contra la nación Gallega, si esa propensión tan ciega será tema, ó será envidia" (1). Ou estoutra onde fala do escudo de Galicia: "Lo que es Galicia se ve en su sagrado blason, que es altar esta Nacion del misterio de la Fe" (2). Tamén responde unha carta escribindo en lingua galega o seguinte: "Co ò desexo de acordarvos, que en Galicia ò seu funduxe ten à vosa nobre fruxe, vou en Gallego à falarvos: De esto non hay que estrañarvos; antes ben, facendo gala, de esta nacion, estimála, è si porque moyto dista, non à conocès de vista, conocedéa po la fala" (3 e 4). E tamén fai a descrición que sigue: "Siete ciudades, muchísimas villas y poblaciones tiene la Galicia actual, y con todo no es más de una Nación, pues todos somos Gallegos, y bien nos entendemos" (5). Hai moitos máis exemplos no caso de que alguén queira buscar entre a súa obra, na cal fai unha defensa moi forte de Galicia fronte ás sátiras feitas contra ela por certos escritores doutras "nacións de España". Con isto quero sinalar que referise a Galicia como nación non é unha cousa que se inventase hai pouco tempo, e por iso no estou de acordo en substituílo por "Galicia é unha nacionalidade histórica...", xa que é reducir a definición a un concepto xurídico creado hai uns poucos anos no marco legal español. -- Jorges65 (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 13:51 (UTC)
Neutro
- Neutro Despois dunha postura inicial de concordo, creo que agora estou nunha situación máis intermedia. Creo que é importante mudar a definición actual. Dicir "Galicia é unha nación" é un posicionamento político terriblemente inaxeitado para comezar o artigo. Non é cuestión de sacar aquí o nacionómetro, pero calquera que non sexa un nacionalista acordará en que é inapropiado definirse así "de boas a primeiras". Porén, a solución achegada por AMPERIO tampouco me parece a máis afortunada, e creo que Norrin bate en ferro cando explica por qué. Eu optaría por definir Galicia como "un territorio e unha comunidade histórica", na liña do que apunta Norrin co "país", pero sen o compoñente ambiguo de "país": na wikipedia en xeral referímonos a país como sinónimo de estado, e empezar por "Galicia é un país" é tamén, creo, erróneo; non sendo que digamos "Galicia é un país, entendido como comunidade histórica, etc.". --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de decembro de 2014 ás 10:42 (UTC)
- Comentario Máis opcións: "rexión cultural e histórica, antigo reino"? Tampouco pode dar a impresión de que Galicia naceu cando se crearon as CA de España, xa que o mesmo artigo va máis aló... --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2014 ás 15:05 (UTC)
- Comentario (copio aquí o que puxen máis abaixo) A min paréceme ben a proposta de Xabier Cid de usar un territorio e unha comunidade histórica. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:51 (UTC)
- Comentario Máis opcións: "rexión cultural e histórica, antigo reino"? Tampouco pode dar a impresión de que Galicia naceu cando se crearon as CA de España, xa que o mesmo artigo va máis aló... --Norrin (Fálame) 30 de decembro de 2014 ás 15:05 (UTC)
Comentarios
- Desta forma eliminamos ás referencias á xa extinta Sociedade de Nacións, que carece de sentido citar ao comezo do artigo. Galicia tamén foi un reino recoñecido internacionalmente no seu tempo e non por iso vamos dicindo que Galicia sexa hoxe un reino. Ademais, se da a circunstancia de que Galicia é parte de España e como tal aparte do Estatuto de Autonomía a norma suprema que rexe as nosas vidas (queramos o no) é a Constitución española de 1978 na que deixa ben claro que La Nación española, deseando establecer la justicia... (preámbulo) e que La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles... (artigo 2), a nación é España e está formada por (sigue o art. 2) ... y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas.. Polo tanto, nación é España, Galicia é parte de España e constitúe unha nacionalidade histórica.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:30 (UTC)
- Estás dicindo que Galicia non é unha nación porque xa desapareceu a Sociedade de Nacións e que a única nación é España porque o pon na Constitución Española, pois ben, como argumento paréceme un pouco pobre. España é un estado, ás veces confúndese co concepto de nación. --Dodro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 11:41 (UTC)
- Non estou dicindo iso, o que digo é que non serve como argumento para xustificar que Galicia sexa ou deixe de ser nación un organismo internacional que xa non existe. E non te confundas, España é tan nación como o é Galicia.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 13:30 (UTC)
- Non, non me confundo, España é unha nación, estou de acordo. --Dodro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 13:43 (UTC)
- Non estou dicindo iso, o que digo é que non serve como argumento para xustificar que Galicia sexa ou deixe de ser nación un organismo internacional que xa non existe. E non te confundas, España é tan nación como o é Galicia.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 13:30 (UTC)
- Sobre o que comenta Norrin, penso que neste caso si é necesario cinguirse á definición legal porque se trata dun tema delicado e no que é difícil poñerse dacordo. Por exemplo, comentas de poñer "país" no lugar de "nación", para min son igual de reivindicativos os dous.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 13:30 (UTC)
- Obxectivamente, teño claro que hoxe por hoxe, Galicia é unha Comunidade autónoma, que moitos sentimos como Nación, pero que outros moitos non o ven así. Pero a discusión non é se somos nación ou non, senón que referencia utilizamos para sustentar esa afirmación neste artigo. Todos temos presente que Galipedia debe ser obxectiva e non recoller a nosa opinión política ó respecto.
Chama a atención unha cousa: que os galegos somos os únicos que nos definimos como nación, e que somos incoherentes cando definimos as outras nacións históricas do Estado: para Galipedia, Galicia é unha nación, Cataluña é un país, e o País Vasco é unha comunidade autónoma. Simultaneamente, os cataláns defínense a si mesmos como un país europeo. Os vascos… non lles entendo. Españoles, portugueses e ingleses definen tanto Galicia como Cataluña como unha Comunidade Autónoma. A EGU tamén define Galicia como unha Comunidade autónoma, e a GEG como unha Nacionalidade histórica. Para o noso Estatuto, Galicia é unha nacionalidade histórica que se constitúe en Comunidade Autónoma.
A min non me cadra que, se falamos de obxectividade e de referencias, nós sexamos os únicos que saibamos historia e ciencia política para chegarmos a definirnos como Nación; e que a única referencia que deamos sexa o acordo da extinta Sociedade de Nacións. Canto ó de discutir que se nación, que se país, que se territorio, é revivir o dos galgos e podengos; tampouco lle vexo moito aquel a poñernos agora a debater as razóns polas que se inventaron o termo Nacionalidade e en que estaban pensando daquela os pais da Constitución.
Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:29 (UTC)
2º comentario Tamén me chama a atención que levemos exactamente dez anos -deade decembro de 2004- discutindo sobre o mesmo [6]. Supoño que dentro doutros 10 anos, alguén seguirá aquí achegando argumentos nun sentido ou noutro. E é que cando o demo non ten que faser ... Que teñades todos un bo ano. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:44 (UTC)
- A min paréceme ben a proposta de Xabier Cid de usar un territorio e unha comunidade histórica. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:48 (UTC)
- Comentario. Para min unha nacionalidade histórica non deixa de ser nación. Que podemos considerar como nación? Si que creo que se pode eliminar a referencia á Sociedade de Nacións, aínda que tampouco creo que moleste. En calquer caso o artigo ten problemas máis importantes que ese, sen ir máis lonxe a estas alturas situaba ao Deportivo da Coruña en Segunda... creo que ter un artigo sobre Galiza que pesa 91.578 bytes e ten unhas pobres 40 referencias é máis preocupante que esa frase, máis aínda se temos en conta que o artigo en ingés pesa 119,167 bytes e ten 72 referenciazas (case o dobre), o artigo en castelán ten 89 referencias e pesa 123 309 bytes... total, que hai traballo máis importante que facer que revisar unha frase. Piquito (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 16:52 (UTC)
- Comentario. Piquito é certo o que dis, pero é un tema que como xa comentou antes Pedro Lameiro leva 10 anos sen resolver. Por iso saquei o asunto, para aclararnos xa dunha vez. Eu en ningún momento neguei que Galicia non fose unha nación, pero creo que poñer nación ao comezo do artigo é un erro, posto que a definición legal que se da na CE ou no Estatuto son as de nacionalidade histórica, rexión ou C.A.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 17:04 (UTC)
- AMPERIO, eu o que digo é que a propia denominación de nacionalidade histórica xa implica, ao meu ver, un recoñecemento nacional (outra cousa é o grao de recoñecemento maior ou menor) que para min non fai que non sexa equivocado falar de nación. Pero boeno, eu tampouco son entendido no tema, do que falo é da miña percepción persoal. Piquito (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 17:13 (UTC)
- Xactamente, Piquito. Iso é o que estamos a facer neste artigo: vertendo unha opinión política nosa (nosa aquí entendo que dunha maioría) pero non un feito obxectivo e referenciable. É evidente que haberá referencias que digan que Galicia é unha nación, pero, primeiro, non se dan no artogo, e, segundo, tamén as haberá que digan que non, que "só" é unha Comunidade. ¿Por que só atendemos ás primeiras?. Teremos que cinxirnos a referencias obxectivas, fiables, e deixar a un lado as nosas opinións e os nosos "eu creo que...", "a min paréceme que...", "para min que...". E non se trata só de discutir unha frase, como dis, trátase de discutir a definición de Galicia. Aí é nada. Por iso precisamente dá tanto xogo no debate. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 18:44 (UTC)
- Lameiro, ao que eu me refiro é a que tal e como o entendo eu, se hai unha consideración de Galiza como "nacionalidade histórica" eso xa implica que se recoñece como nación, polo que non creo que haxa que suprimir ese termo na introdución. Non se trata de ideoloxía, trátase de percepción. Non creo que debamos definir un territorio actual como unha "nacionalidade histórica" se este territorio ten unha identidade propia. Se queremos que sexa o máis aséptico posible o mellor será definir Galiza como unha "rexión do suroeste de Europa situada península Ibérica", pero eso ao final o único que fai é describir a Galiza como o que é, un anaco de terra como outro calquera, non ten en conta a realidade social. Tampouco quero profundizar máis no tema porque non son un entendido na semántica, creo que o problema vai estar ahí sempre se escolla unha opción ou outra e nunca contentará a ninguén, sempre virá alguén que propoña cambialo cara un lado ou outro, e con razón, xa que ao meu ver as dúas redaccións poden ser perfectamente correctas en termos enciclopédicos. Piquito (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 09:44 (UTC)
- Xactamente, Piquito. Iso é o que estamos a facer neste artigo: vertendo unha opinión política nosa (nosa aquí entendo que dunha maioría) pero non un feito obxectivo e referenciable. É evidente que haberá referencias que digan que Galicia é unha nación, pero, primeiro, non se dan no artogo, e, segundo, tamén as haberá que digan que non, que "só" é unha Comunidade. ¿Por que só atendemos ás primeiras?. Teremos que cinxirnos a referencias obxectivas, fiables, e deixar a un lado as nosas opinións e os nosos "eu creo que...", "a min paréceme que...", "para min que...". E non se trata só de discutir unha frase, como dis, trátase de discutir a definición de Galicia. Aí é nada. Por iso precisamente dá tanto xogo no debate. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 18:44 (UTC)
- AMPERIO, eu o que digo é que a propia denominación de nacionalidade histórica xa implica, ao meu ver, un recoñecemento nacional (outra cousa é o grao de recoñecemento maior ou menor) que para min non fai que non sexa equivocado falar de nación. Pero boeno, eu tampouco son entendido no tema, do que falo é da miña percepción persoal. Piquito (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 17:13 (UTC)
- Comentario Por se quede inadvertido no meu comentario, penso que igual é preciso revisar este aspecto non só no artigo de Galiza senón en toda a wiki, mesmo facer unha política. Non tería sentido cambiar este e despois deixar o de Cataluña como está (ou non), País Vasco, Bretaña, etc.--Adorian (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 12:25 (UTC)
Gráfico de barras de porcentaxes superposto ao de poboación
[editar a fonte]Na sección de Demografía hai un gráfico de barras no que se representa a evolución da poboación de Galicia desde 1857. Penso que leva a confusión e non se entende o sentido de superpor as barras vermellas de porcentaxes sobre as azuis dos totais da poboación galega, posto que as vermellas representan as porcentaxes de poboación galega dentro do total estatal, e polo tanto non se deberían representar como unha porción da barra azul do total galego. Por exemplo, no ano 2014 estase a representar en vermello o 5,88% da poboación galega, cando en realidade ese 5,88% é do total da poboación española. Propoño separar esa gráfica en dúas gráficas diferentes, isto é:
Caronium (conversa) 10 de agosto de 2015 ás 02:11 (UTC)
- Concordo Adiante coa separación. --. HombreDHojalata.conversa 10 de agosto de 2015 ás 11:09 (UTC)
Porto de Vigo
[editar a fonte]Non é por "sacarnos flores" pero penso que "O porto de Vigo é o maior porto de pesca do mundo" non é totalmente correcto. Ou ben se modifica a un "é un dos maiores portos de pesca do mundo" ou ben cómpre dunhas novas fontes. Que pensades? Villalustre (parolo'm) 10 de decembro de 2015 ás 20:09 (UTC)
Seguridade - Seguranza
[editar a fonte]Bos días Wikitrobadores! Teño unha dúbida; hai unha sección que se chama "Seguridade" e cando a vi pensei que era un castelanismo, achegueime á páxina da RAG e procurei e atopeime con "seguranza" [7]. Polo que vexo "seguranza" parece unha palabra algo máis galega do que "seguridade" que soa a castelanismo. O que achades? Aperta, Defensor da Língua (Fala!) 23 de outubro de 2016 ás 12:28 (UTC)
- Se aparecen no DRAG as dúas son correctas e non se deben mudar sen motivo. A min persoalmente seguranza non me gusta pero se é correcta non ousaría mudala, e o mesmo vale para seguridade, a outra persoa pode non lle gustar pero é correcta.--HacheDous=0 (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 12:40 (UTC)
- Defensor da Língua, seguridade está no dicionario da RAG así que é correcto e sinónimo de seguranza, polo tanto por tradición da Galipedia, non se pode cambiar xa que prevalece a escolla do primeiro editor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 20:34 (UTC)
- Elisardojm HacheDous=0 Ah, entón todo ben! :) Diciao porque como tiña visto esas dúas palabras que estaban recollidas pensei que houbese algunha prioridade ou recomendación, si, como sempre e como debe ser, a escolla do primeiro editor. Aperta, Defensor da Língua (Fala!) 23 de outubro de 2016 ás 20:37 (UTC)
- Defensor da Língua, seguridade está no dicionario da RAG así que é correcto e sinónimo de seguranza, polo tanto por tradición da Galipedia, non se pode cambiar xa que prevalece a escolla do primeiro editor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 20:34 (UTC)
Galicia nación, Cataluña país, Euskadi comunidade autónoma
[editar a fonte]- Galicia é unha nación recoñecida internacionalmente [8]
- Cataluña é un país situado no nordeste da Península Ibérica [9]
- Euskadi é unha comunidade autónoma española [10]
Con un par. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.34.167.245 (conversa • contribucións)