Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Wikiproxecto mulleres/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Women in Red invitation

[editar a fonte]
Welcome to... Women's History Month multi-language online editathon

Facilitated by Women in Red

  • March 2017
  • Featuring: "Art+Feminism" and "The Women You Have Never Met"
  • We hope you will help to improve coverage of women on Wikipedia
  • Contribute in your own language
  • Inform your communities of the need for their support.

Apologies for cross-posting and sending in English
(To subscribe: Women in Red/English language list and Women in Red/international list. Unsubscribe: Women in Red/Opt-out list)

--Ipigott (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 08:20 (UTC)[responder]

Moi boas tardes. Considero que non estaría de máis crear o modelo para poder engadir a caixa á nosa páxina de usuario, xa que polo que vin non está creado. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2017 ás 17:06 (UTC).[responder]

Feito! Feito! Xa podedes colocar, se queredes, a caixa na vosa páxina de usuario. Saúdos, --RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2017 ás 17:17 (UTC).[responder]
Para o anterior, tedes que engadir o seguinte na vosa páxina: {{Usuario Wikiproxecto Mulleres}} ou ben, seguindo o modelo do Wikiproxecto galegas, {{Usuario WP mulleres}}. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2017 ás 17:18 (UTC).[responder]

May 2017 on Women in Red

[editar a fonte]

Welcome to Women in Red's
May 2017 worldwide online editathons.
Participation is welcome in any language.



(To subscribe: Women in Red/English language list and Women in Red/international list. Unsubscribe: Women in Red/Opt-out list) --Ipigott (conversa) 30 de abril de 2017 ás 10:32 (UTC)[responder]

Xénero de biografías por lingua

[editar a fonte]

Boas, acabo de atopar esta web que ten estatísticas sobre o número de biografías de homes e mulleres por lingua, e está o galego! Non tiven tempo de revisala a fondo e non estou seguro de entendelo ben todo, pero, como era de esperar, a cousa non pinta moi ben, parece que din que temos 28603 biografías e delas só 3931 son de mulleres, polo que estamos de últimos na clasificación.

O sorprendente é que esteamos na clasificación, creo que iso é xa é un puntazo para o proxecto, e ademais axúdanos a ter información sobre este tema. Intentarei sacar máis información desa páxina. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2017 ás 12:41 (UTC)[responder]

Women in Red's new initiative: #1day1woman

[editar a fonte]
Women in Red Women in Red is pleased to introduce...
A new initiative for worldwide online coverage: #1day1woman
  • Create articles on any day of any month
  • Cover women and their works in any field of interest
  • Feel free to add articles in other languages, too
  • Social media hashtag campaign: #1day1woman

(To subscribe: in Red/Invite/List Women in Red/English language list and Women in Red/Outreach/International list Women in Red/international list. Unsubscribe: in Red/Invite/Opt-out Women in Red/Opt-out list) --Ipigott (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 09:03 (UTC)[responder]

Quizais habería que comezar de cero. As listas exhaustivas procedentes doutras Wikipedias non son operativas de momento porque é un proxecto moi pequeno dentro dun proxecto pequeno. Creo que teriamos que partir de se están na Galipedia as imprescindíbeis. Cun criterio semellante aos mil artigos que toda Wikipedia debería ter. Unhanova(conversa) 13 de setembro de 2017 ás 08:52 (UTC)

Esas listas poden estar ben como artigos (de feito algunhas son artigos en outras wikis), a lista de "imprescindibles" podería ser outra lista xeral e de uso interno do wikiproxecto. Quizais estaría ben comezar por aí, se teño tempo e me lembro darei unha volta polos wikiproxectos das outras wikis para ver se atopo algo semellante para ter un "punto de partida". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 09:00 (UTC)

Atopei unha lista de 100 desde a mirada anglosaxoa https://www.thoughtco.com/top-women-of-history-3529519 . Podemos cambiar de estratexia. Engadir listas de mulleres importantes desde distintas fontes. Unhanova (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 11:42 (UTC)

Como queiras, pero tamén poden combinarse :) Quero dicir que poden ser útiles os dous tipos de listas, a lista de matemáticas e a lista de senlleiras de Andaina, por exemplo. As listas xerais, como a lista de matemáticas, poderán ser artigos de seu, como a lista de científicas, e as outras listas supoño que na maioría dos casos serán de uso interno do wikiproxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 12:15 (UTC)

Unha forma de non desequilibrar cara a mirada anglosaxoa, sería buscar os 10 primeiros artigos de calidade sobre mulleres nas distintas Wikipedias. Unhanova (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 12:16 (UTC)

Esta última forma quizais é demasiado complicada. Unhanova (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 12:29 (UTC)

O de buscar os artigos de calidade doutras wikipedias eu non penso que sexa complicado, o que me parece é que sería "aleatorio", salvo as wikis máis grandes, as dez primeiras en tamaño digamos, non se pode asegurar que cada das demais teña algún artigo de calidade de biografías mulleres, cada unha pode ter artigos de calidade de calquera tema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 12:33 (UTC)

Na wiki en inglés, aquí, teñen centos de listas de mulleres, por área, por ocupación, por nacionalidade, por institución educativa, por xeografía, por período de tempo, por dicionarios e outros. Pero non hai unha lista "xeral" de mulleres. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 15:46 (UTC)[responder]

Acabo de atopar en es.wiki Las imprescindibles, pero non sei ata que punto será fiable..., ademais, máis ben é un proxecto e non ten unha soa lista, ten varias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 15:49 (UTC)[responder]
Unhanova, para facer unha lista xeral, cousa complicada e da que non teño os coñecementos para crear, unha posibilidade sería facer unha lista conxunta coa xente do resto de wikis, ó estilo da Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Podería crearse en meta unha lista coas achegas dos colaboradores dos diferentes wikiproxectos e entre todos crear unha Wikipedia:Lista de biografías de mulleres que toda Wikipedia debería ter. Así entre todos poderíamos xerar esa lista, co que sería máis doada de facer, e menos subxectiva xa que participaría moita máis xente. Se che parece ben a idea podo tentar contactar co resto de xente dos demais wikiproxectos para avisalos da idea e comezar a traballar nisto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 01:02 (UTC)[responder]
Si que me parece unha boa idea. Unhanova (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 07:56 (UTC)[responder]
Unhanova, creei en meta, a lista meta:List of biographys of women every Wikipedia should have extraendo as biografías de mulleres que hai na meta:List of articles every Wikipedia should have/Expanded. Polo momento son 186 biografías, se queres, bótalle un ollo por se ves algo demasiado cantoso, e logo poño avisos no resto de wikis para anunciala e pedir axuda para ampliala a mellorala entre todos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 08:14 (UTC)[responder]
Elisardojm, eu penso que habería que corrixir as desviacións, por exemplo, creo que é moi posíbel que "afloren" máis as mulleres anglosaxoas e as mulleres actrices e que habería que corrixir estas desviacións (e aqueloutras que se perciban). Para min sería moi importante que non falten as mulleres que foron quen de romper os teitos de cristal (ou de chumbo) e ser, por exemplo, Nobel de Economía cando non houbera ningunha muller con ese recoñecemento, ou pintora no Renacemento. As pioneiras. Son biografías moi interesantes por como puideron con todos os factores adversos. Unhanova (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 09:50 (UTC)[responder]
Xa, claro Unhanova, esta é a primeira versión que está baseada nesa lista xeral, entendo que non é moi boa porque parte dunha visión diferente, pero é o primeiro chanzo, hai que revisala, mellorala e ampliala. Se cres que podemos comezar con isto, pois mando aviso ós demais proxectos a ver que din, se non poñemos unha lista en branco e avisamos para comezala entre todos de cero. Ó mellor é máis congruente/efectiva/útil esta segunda opción... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 10:26 (UTC)[responder]
Entón Unhanova, partimos desa lista ou prefires partir de cero? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 10:44 (UTC)[responder]

Podemos partir dunha lista de 10 mulleres xustificando por que, porque se partimos desa lista quizais pasariamos moito traballo xustificando a quen quitamos e por que e se partimos de cero, tamén para que alguén se decidise a poñer algún nome. Se propoñemos algunhas mulleres e por que, podemos comezar polos criterios. Que mulleres e por que nos parecen imprescidíbeis para todas as Wikipedias?. Para min sería o criterio prioritario que sexan importantes para a historia das mulleres e co criterio mundial (para evitar a desviación de que poñemos só as importantes para o mundo occidental ou occidental-anglosaxón). Unhanova (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 11:08 (UTC)[responder]

Elisardojm, que che parece se nós para evitar ese desvío comezamos polas 10 mulleres galegas que quereriamos que estivesen en todas as Wikipedias? e explicamos por que, supoño que indiscutíbel é Rosalía de Castro, creo que tamén o é Exeria, cales son as outras 8 https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikiproxecto_galegas Unhanova (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 11:47 (UTC) con Maruja Mallo e Concepción Arenal xa quedarían só 6. Poderiamos propor 10 galegas e 100 de todo o mundo. Que che parece? Unhanova (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]
Unhanova, non sei se nunha lista das 1000 mulleres que toda wiki debería ter debería aparecer unha galega... Entendo a túa idea de evitar o anglocentrismo pero non sei se iso funcionará porque non vexo doado que se chegue nun tempo razoable a ter unha lista estable. Fixen outra cousa, borrei o contido da lista e puxen só 10 categorías: actrices e "semellantes", artistas visuais, escritoras, músicas, deportistas, empresarias, filósofas, relixiosas, políticas e científicas. Podemos escoller as dez que consideramos máis importantes neses campos en todo o mundo e en toda a historia. Se logo ven alguén e di, está mal, é máis importante tal, non pasa nada, engádese e listo, aínda faltan 990 por encher e iso é o que queremos! :) Se che parecen ben esas categorías, podes poñer aquí a túa lista de dez, eu tamén vou poñer a miña, e falamos un pouco sobre as escollas para poñernos de acordo... Que dis? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 12:26 (UTC)[responder]
A miña lista, baseándome no resumo que fixen da lista estendida dos artigos que debería ter unha wikipedia: actriz> Katharine Hepburn, por ter 4 Oscars, artista visual> Frida Kahlo, por ser a única que coñecía da lista que fixera antes, escritoras> Selma Lagerlöf, primeira muller en obter o premio Nobel de literatura, músicas> Madonna, creo que a máis coñecida das que estaban na lista, deportistas> Serena Williams, xa que é unha das deportistas que máis cartos gaña no mundo, e aínda que non nos guste, é un indicador da súa relevancia, empresarias> Coco Chanel, outra das que coñecía da lista, filósofas> Maria Montessori, nomeada seis veces ó premio Nobel da Paz, relixiosas> Virxe María, políticas> Cleopatra VII, a gran raíña do Antigo Exipto, científicas> Hipatia, creo que unha das primeiras científicas recoñecidas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 15:24 (UTC)[responder]
Elisardojm Eu penso de veras que habería que contar con que é unha recomendación para todas as Wikipedias, eu se me poño con 10 poño Hipatia, Safo, Marie Curie, Isadora Duncan, Margaret Mead, María Montessori, Rosa Parks, Frida Kahlo, Artemisia Gentileschi, Simone de Beauvoir mais mira que desviación máis forte ten. Non sae ningunha asiática! Unhanova (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 13:06 (UTC)[responder]
Eu vexo na lista de Unhanova un peso importante no campo da ciencia, a literatura e as artes visuais, xa que hai dúas científicas, dúas literatas e dúas pintoras. Fáltame por exemplo algunha muller relevante na historia da música como Francesca Caccini (que foi a primeira muller en escribir ópera), ou Clara Schumann e Sofia Gubaidulina (compositoras moi destacadas), ou Cosima Wagner (que tivo moita influencia no mundo musical xermánico da súa época), ou Maria Callas, no jazz e blues a Ella Fitzgerald, Billie Holiday, Bessie Smith ou Ma Rainey... no mundo da danza fáltame Tamara Karsavina e Anna Pavlova (destacadísimas bailarinas dos Ballets Russes), ou Marie Taglioni (unha das figuras máis destacadas da historia da danza). Tamén incluiría á iraniana Marjane Satrapi (non sei moi ben en que categoría a incluiría). Tamén incluiría á iraniana Marjane Satrapi (non sei moi ben en que categoría a incluiría), no deporte metería a Nadia Comăneci (posiblemente a muller máis destacada da historia do deporte) e a Hayley Wickenheiser (a mellor xogadora de hóckey sobre xeo da historia, tendo competido en ligas menores masculinas). Non creo que en ningunha das outras Wikipedias puxeran ningún problema por incluir a calquera desas mulleres nunha hipotética lista das 1.000 mulleres máis destacadas da historia da humanidade (canto menos no eido da música e a danza). En todo caso, un bo punto de partida sería poñer na lista a todas as mulleres que aparecen nas listas dos 1.000 e os 10.000 artigos que toda Wikipedia debería ter. Non sei que pensades, Unhanova e Elisardojm. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 14:18 (UTC)[responder]
Piquito, o de partir da lista das mulleres da lista estendida de artigos xa o fixen na última versión da lista de meta, podes vela aquí, e ten a varias das que ti comentas. Despois Unhanova propuxo comezar de cero para tentar evitar o posible nesgo anglófono das listas orixinais, pero penso que isto é demasiado complicado, non vexo como podemos avanzar. Ademais de que non temos coñecementos de tódalas culturas e campos para completala, está claro que hai que facela en meta coa axuda doutros proxectos. A dúbida é, comezamos de 0, comezamos coas que estaban na lista estendida dos artigos que debería ter unha wikipedia, ou comezamos con dez nas que nos poñamos de acordo?
Eu propoño comezar coa lista derivada da lista xeral, revisar se atopamos algunha falta importante, e logo avisar ó resto de wikipedias. Hai que ter en conta que as biografías que poñamos no punto de partida non son inamovibles (se no proceso de ampliación da lista atópanse outras biografías máis importantes, engadiranse esas e quitaranse outras se xa se alcanzaron os 1000, igual que se fai coa lista xeral de artigos) e que só son 180 e pico nomes, ata 1000 hai moitísimas biografías que se poden engadir. É que penso que podemos ter, e precisamos, máis axuda das outras wikis para poder avanzar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 15:38 (UTC)[responder]
Elisardojm e Unhanova, eu creo que crear unha lista dende cero vai ser moito máis complicado, en xeral as mulleres da lista ampliada son importantes, e mellor construir sobre algo, mesmo habendo mulleres máis importantes que as que aparecen nesa lista seguramente todas elas tiveran cabida, xa que faltan moitas ata chegar a 1.000. Creo que non caer no occidentalocentrismo vai ser imposible, xa que a maioría de xente que participa nos proxectos de Wikimedia é occidental. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 19:08 (UTC)[responder]
Piquito, Elisardojm, de acordo coas vosas argumentacións. Unhanova (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 07:13 (UTC)[responder]
Moi ben, entón restauro a lista que xerei a partir da lista estendida de artigos que toda wiki debería ter, está en meta:List of biographys of women every Wikipedia should have, agora Piquito e Unhanova, revisade a páxina e comentade as biografías que considares importante que se engadan. Este é un traballo a medio prazo, despois de contactar coas outras wikis, é de esperar que a lista aumente e que sexa modificada moitas veces, cambiando algunhas das que estean por outras que se considere máis axeitadas, engadindo outras que non estean nese momento, etc, debatendo os cambios na páxina de conversa. Así que non teñades medo nin a engadir nin a deixar a alguén fóra, hai que deixar traballo tamén para o resto de xente! :) Apuntade aquí as que queirades engadir coa sección na que van e eu encárgome de buscar o elemento wikidata e engadilo na lista. Cando vexades que a lista máis ou menos completa, podemos pasar a avisar ó resto de wikis para que tamén boten unha man. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 08:05 (UTC)[responder]
Acabo de engadir a Malala Yousafzai, pakistaní gañadora do premio Nobel da paz. Habería que revisar que na lista están tódalas gañadoras dese premio en tódalas categorías, poreime con iso pola noitiña. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 08:57 (UTC)[responder]
Tamén acabo de atopar esta web http://www.mujeresenlahistoria.com/ que pode ser unha boa fonte para a lista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 09:05 (UTC)[responder]

Elisardojm, Piquito, vin da https://meta.wikimedia.org/wiki/List_of_biographys_of_women_every_Wikipedia_should_have cales non están na Galipedia ao cambiar os nomes usando a Tradupedia e fixen unha páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikiproxecto_mulleres/Lista_de_biograf%C3%ADas_de_mulleres_que_toda_Wikipedia_deber%C3%ADa_ter Unhanova (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 13:17 (UTC)[responder]

Piquito, Unhanova, xa engadín as mulleres que recibiron o nobel á lista, agora xa hai 232 biografías. Se queredes redactamos entre todos unha mensaxe para deixar nos outros proxectos e xa me poño a darlle publicidade. Ou se o preferides seguimos enchendo, podemos buscar nas gañadoras da medalla Fields ou outros premios que consideredes importantes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 19:05 (UTC)[responder]

Elisardojm, Piquito, eu implicaría tamén a Galipedia facendo unha petición de que 10 mulleres galegas incluirían. Na lista de todas as Wikipedias sempre se poden eliminar mulleres, mais das mulleres galegas, sobre todo, imos saber nós. Unhanova (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 07:44 (UTC)[responder]

Unhanova, como sería a cousa? Que cada un poña unha lista de dez mulleres galegas que pensa deberían estar nesa lista, e logo que? Porque se non coincide a xente, cousa probable, poderíamos conseguir unha lista de 100 mulleres galegas a engadir..., e iso paréceme moito para esta lista... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 15:04 (UTC)[responder]

Elisardojm, Piquito eu collería as dez galegas que obtivesen máis puntuación, contando con que cada persoa está puntuando 10 biografías de galegas, a cada unha cun punto. Unhanova (conversa) 19 de outubro de 2017 ás 06:58 (UTC)[responder]

Número de biografías

[editar a fonte]

Segundo esta web a Galipedia tiña 4.012 biografías de mulleres, ata o 11 de setembro. Aínda estamos lonxe das 19.058 da wiki en catalán e das 57.645 da wiki en castelán, pero estamos moi preto das 4.332 da wiki en euskara, así que tan mal non andamos! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 16:07 (UTC)[responder]

Vicepresidencia

[editar a fonte]

Boas, traducindo o artigo de Angela Davis vin que a Galipedia non ten artigo de vicepresidencia e logo vin que si ten de vicepresidente. Vou cambialo para vicepresidencia e facer que sexa un cargo no que poidan estar incluídas mulleres e homes. Unhanova (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 13:27 (UTC)[responder]

Elisardojm, non sei se non se poderá facer o que fixen. Ves se hai que reparalo? Desculpa se é difícil de reparar Unhanova (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 13:40 (UTC)[responder]

Unhanova, foi correcto o cambio, o único que fixen agora foi axeitar o contido do artigo ó novo nome. Habería que facer algo semellante con presidente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]

Concurso Women in Red rematado

[editar a fonte]

A boas horas me avisan deste concurso, a ver se para outra vez nos decatamos a tempo de participar. O que si é impresionante son os resultados que obtiveron, case 3000 novos artigos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2017 ás 08:48 (UTC)[responder]

Sobre control de autoridades de mulleres , wikidata e proxecto wikimulleres

[editar a fonte]

Boas, estou topando co seguinte tema: Wikidata permítenos poñer unha persoa como Nome+ Apelidos e mesmo escoller se queremos usar un único apelido (caso España) como principal e o resto de apelidos, nome etc. no apartado pseudónimos.

Logo os Qs de wikidata se mapean con outros identificadores de autoridad (ISNI, VIAF, LCCN, etc.). Pois ben estes últimos están baseados en criterios seguidos tradicionalmente en cada país (normalmente foron os sistemas bibliotecarios os maiores responsables disto). Desta maneira temos que nos EEUU indízase, no caso das mulleres, polo apelido de casada. En Italia e paises de fala portuguesa podemos atopar máis casos que difiren do español neste sentido. Cando non existe un uso (que a autora asinara conscientemente baixo un determinado nome, que normalmente xa se recolle nestes sistemas), o que persiste son estas formas culturais propias.
Hai wikiproxectos de mulleres que indican que é importante que as entradas de mulleres non consideren os lazos de parentesco (matrimonio) como parte da traxectoria ou como elemento biográfico especialmente destacable. O tema é, deberíamos comezar a facer as entradas polo apelido de solteira en lugar do de casada nestes casos? Sería unha solución propia de Galipedia e dos Qs traducidos/creados para mulleres en galego. Ata onde eu entendo, non ten maiores consecuencias no funcionamento do modelo control de autoridades. Outra opción era cambiar a orde coa palabra máxica ORDEAR, pero aí xa non sei como vai e qué implicaría. Non teño aínda unha opinión, nin favorable nin desfavorable, e moito me temo que a revisión retrospectiva sería un montón de traballo. Deixoo aquí para fomentar o debate. Un saúdo--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 21:43 (UTC)[responder]

Moi interesante o tema que propós. O problema é que a Galipedia ten que basearse en fontes existentes, e entendo que nos títulos dos artigos se debe usar o nome que aparece na bibliografía existente. Se nas publicacións, fichas de autoridade etc. os nomes aparecen co apelido de casadas, debemos usar ese nome mal que nos pese. Si que podemos destacar este punto no cabezallo, indicando que o Tal de Tal (o nome de casada) é o nome co que é coñecida, pero que o seu nome era Tal Tal. O que si se pode facer é crear redireccións desde o nome de nacemento cara ás entradas principais dos artigos.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2018 ás 22:26 (UTC)[responder]

Artigos que non son biografías

[editar a fonte]

Vin que na Galipedia tamén hai unha fenda de artigos importantes para as mulleres, mais non sei se introducilos neste Wikiproxecto. Por exemplo, non están desenvolvidos os artigos de xenitais, de solo pélvico... Lles (conversa) 27 de abril de 2018 ás 11:50 (UTC)[responder]

Lles, non hai outro wikiproxecto sobre os temas das mulleres, e vexo difícil que se creen outros, polo que todo o que poida ser de interese pode engadirse. Se queres fai unha sección específica para estes temas e vainos engadindo aí... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de abril de 2018 ás 16:40 (UTC)[responder]
Creei unha sección co nome un pouco longo de "Artigos sen crear na Wikipedia ao entraren máis no ámbito de preocupación das mulleres que dos homes", porque, por exemplo, co que iniciei a sección, "solo pélvico" teñen homes e mulleres, mais é unha preocupación maior nas mulleres pola influencia que os embarazos teñen en transtornos nel. Lles (conversa) 30 de abril de 2018 ás 12:05 (UTC)[responder]
Lles, simplifiqueino a "Outros artigos de interese" :), penso que ó estar dentro do wikiproxecto e ollando un pouco o contido xa se entende o que é. Pero, se queres, pode poñerse un pequeno texto de introdución ó comezo desa sección. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2018 ás 12:42 (UTC)[responder]

Outra lista

[editar a fonte]

Boas, atopei en ca.wiki o proxecto The Dinner Party, o seu obxectivo é crear 999 biografía de mulleres relevantes ó longo da historia da humanidade, e que están mencionadas na obra The Dinner Party, unha obra de arte icónica do feminismo do século XX. Non se coñecedes a obra e se podería ter interese para crear a lista de mulleres que toda Wikipedia debería ter. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2018 ás 16:50 (UTC)[responder]

Vin que este artigo http://praza.gal/cultura/16870/a-mice-presenta-unha-lvision-poliedrica-e-desmitificadorar-da-relacion-das-mulleres-co-rural/ ten información sobre mulleres cineastas, mais non sei onde incluílo. Lles (conversa) 8 de xuño de 2018 ás 08:20 (UTC) Este é sobre o mesmo http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/74183-muller-cinema-muller-fala-coa-voz-traves-corpo Lles (conversa) 8 de xuño de 2018 ás 08:34 (UTC)[responder]

Lles, se queres podes engadilos na sección de "Ligazóns externas", ou facer unha sección nova co nome que mellor che pareza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xuño de 2018 ás 10:32 (UTC)[responder]

Nesgo de xénero / Fenda de xénero

[editar a fonte]

Eliminei o cambio. Lles (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 09:38 (UTC)[responder]

‘Anyone can edit’, not everyone does: Wikipedia’s infrastructure and the gender gap

[editar a fonte]

Pode estar ben esa ligazón Maria zaos, porén din de alta unha conta de estudante pero cando entrei díxome que non podía acceder ó contido. Hai algunha outra forma de acceder? Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 21:48 (UTC)[responder]

Perdón, xa amañei, agora ten a url do artigo en acceso aberto. Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 23:01 (UTC)[responder]
A min segue a pedirme un usuario e contrasinal Maria zaos. Hai que solicitalo nalgún sitio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 23:40 (UTC)[responder]
agora debería ir acó. Perdón Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2018 ás 12:48 (UTC)[responder]

Crear unhas pautas para redactar biografías que superen discriminacións de xénero

[editar a fonte]

Traducindo a biografía de Eve_Kosofsky_Sedgwick, hai unha parte na que relata os anos nos que estivo casada. Ten iso relevancia? Elimino sen máis? Lles (conversa) 5 de abril de 2019 ás 06:51 (UTC)[responder]

Tal como eu o vexo, es ti quen edita neste momento e podes tomar a decisión de non incorporar a totalidade do texto orixinal polas razóns que consideres. Créanse entradas, eu penso que a tradución é un punto de partida, e búscase ser fiel ao traballo de quen editou noutro idioma,claro, pero logo pódese complementar, engadir cousas, reorganizar, etc .Para min, o que comentas moitas veces non é en absoluto relevante, pero tamén sei que é unha visión miña que vén de determinados xuízos de valor meus. Hai editores que inclúen unha sección (a parte )de vida persoal nas biografías, con independencia de se é home ou muller. Volvo facer un chamado a Usuario:Xabier Cid para ver se nos pode aclarar un pouquiño que achega esta sección dende a súa experiencia como editor. Saúdos .--Maria zaos (conversa) 5 de abril de 2019 ás 07:05 (UTC)[responder]
E onde está iso Lles? Non o atopo por ningures... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2019 ás 08:29 (UTC)[responder]
Elisardojm, está aquí https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Wikiproxecto_mulleres&action=edit&section=1 Lles (conversa) 8 de abril de 2019 ás 07:11 (UTC)[responder]
Non digo iso Lles, digo no artigo, onde di os anos que Eve_Kosofsky_Sedgwick estivo casada, non o atopo en ningures..., nin en gl.wiki nin en es.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 07:22 (UTC)[responder]
Elisardojm, puxen aquí a pregunta e logo elimineino porque non lle vía o sentido. Estaba aquí: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eve_Kosofsky_Sedgwick&diff=5108460&oldid=5108455 Lles (conversa) 8 de abril de 2019 ás 07:34 (UTC)[responder]
Ah!, agora xa o vexo, así como querías que responderamos á pregunta? :D Para min é un dato que neste caso non ten relevancia porque está descontextualizado, se como di Maria zaos houbese unha sección de "Vida persoal" ou algo así, aí si podería ter cabida porque forma parte dese conxunto de información, pero tal e como estaba no artigo non viña ó caso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 08:16 (UTC)[responder]
Elisardojm, non sei como riscar e souben que non é bo eliminar sen máis. De todos os xeitos, sería bo ter unha sección de Crear unhas pautas para redactar biografías que superen discriminacións de xénero. Na conversa? Lles (conversa) 8 de abril de 2019 ás 10:27 (UTC)[responder]
Lles, poden comezarse na páxina, engadindo unha nova sección por exemplo, e falamos aquí como lle imos dando forma. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 11:56 (UTC)[responder]

Estatísticas abril 2019

[editar a fonte]

Boas, o primeiro día (dispoñible) das estatísticas de seguimento correspondente a abril non foi apuntado na táboa. Deixo aquí os datos a día 29/04/2019 para que quede de referencia polo oco que quedou. Se alguén sabe como recuperar os datos que esquecimos, por favor que os indique na táboa.

  • Total biografías 33929
  • Número de biografías de mulleres 5595
  • Porcentaxe:16,49%
  • Tendencia:ascendente

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de maio de 2019 ás 14:34 (UTC)[responder]

Acceso ás biografías

[editar a fonte]

Bo día, poderiamos crear algún xeito de acceder ás biografías creadas neste proxecto? No proxecto galegas pódese marcar na conversa {{interese galegas}}. Poderiamos crear unha marca para poder acceder a elas?. --Lles (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 08:36 (UTC)[responder]

user:Lles, feito en Modelo:Interese mulleres, se preferides que lle poña outra imaxe, cámbioa pola que digades. Quizais tamén podería facerse que tódolos artigos que teñan o modelo se meteran nunha categoría oculta, teño que mirar se o podo facer, non é directo pq como o modelo se mete na páxina de conversa... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 09:22 (UTC)[responder]
Por exemplo, en enwiki usan outra imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 09:27 (UTC)[responder]
Creei a Categoría:Wikipedia:Artigos de interese Wikiproxecto mulleres oculta para que se metan as páxinas de conversa destes artigos de forma automática. Se atopo como facer que se metan os artigos directamente xa o modifico, pero polo momento vai así. O que non teño claro é de onde debería colgar esta categoría interna... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 09:36 (UTC)[responder]
Eu seguiría o modelo de Modelo:Wikiproxecto Catolicismo oriental, non?. 193.144.83.74 13 de setembro de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Ola, Elisardojm e ola Lles. Non é mala idea o modelo, pero acábolle de ver varias eivas:

  1. Habería que especificar unha nota de alcance deste modelo. Explico: unha biografía dunha muller galega ou con actividade significativa en Galicia aínda que non nacida acó levaría o modelo galegas, que é máis específico. Unha biografía dentro da categorías/subcategorías Personalidades do feminismo sería lóxico que levase un modelo "feminismo" e non "mulleres.
  2. Un modelo que leva a recategorizar calquera biografía feminina (ver definicións do proxecto mulleres: =biografías de mulleres ), ademáis de crear unha categoría inmanexable e pouco práctica podería interpretarse como xogar co sistema, xa que faría o mesmo papel que a categoría Muller en es.wiki e esta comunidade xa se pronunciou explicitamente en contra. Para facer isto, mellor que se abra unha nova votación e facemos unha categoría visible, en todo caso.
  3. Se o que se busca é recuperar as biografías de mulleres non é necesario modelo ningún. Tanto Petscan como calquera consulta en Wikidata permiten recuperar isto mesmo, polo que non acabo de entender cal sería a función do modelo que se acaba de crear. Ademáis das listas xa creadas por HombredeHojalata ofrézome a tentar crear outras máis complexas se é necesario.

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 11:30 (UTC)[responder]

Maria zaos, contesto por puntos:
  1. Vale, podemos tratar aquí entre todos en que artigos se usará o modelo. Eu aplicaríao só a biografías de mulleres non galegas, pero si incluiría as biografías de feministas, eses artigos son de interese dos dous wikiproxectos.
  2. Concordo en que a categoría pode ter un gran número de artigos no futuro, sobre ese punto non digo nada porque tes razón, aínda que agora pode ter a súa utilidade. Iso si, a categoría pode subdividirse no futuro segundo se vexa necesario, co cal polo momento non vexo problema. Sobre o de xogar co sistema, non estou de acordo, é unha categoría oculta de uso interno do Wikiproxecto, non afecta á enciclopedia que é onde non estaría permitida.
  3. É certo que Petscan e Wikidata permiten facer listaxes ben útiles, pero ter unha categoría é outra ferramenta máis de utilidade. Tendo a posibilidade de usar máis ferramentas, penso que a xente terá máis flexibilidade para usar as que mellor saiba utilizar ou se sinta máis cómodo con elas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de setembro de 2019 ás 12:05 (UTC)[responder]

Estatísticas

[editar a fonte]

Maria zaos, grazas por actualizar a táboa de estatísticas, o que pasa é que deixei de actualizala porque non me fío moito dos datos desa web. Gustaríame contrastar os datos con outra fonte porque dáme a impresión que non recollen ben os datos. Por casualidade non haberá unha lista de Listeriabot que teña a lista de artigos de biografías de mulleres que temos na Galipedia? Se non está esa lista, podería crearse? En principio, non a atopei en Categoría:Wikipedia:Listas de mulleres con datos de Wikidata... Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 08:14 (UTC)[responder]

Creei unha primeira versión en Wikipedia:Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galego, a ver se funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 09:15 (UTC)[responder]
Algo debe estar mal, non devolve ningunha fila, e a consulta directa no SPARQL non remata... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 09:19 (UTC)[responder]
Ola, falta que o sitelink estea dentro do dominio gl.wikipedia.org cando menos. Máis tarde mírocho,Elisardojm, si?.--Maria zaos (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]

Con todo non acabo de entender por que non te fías, podes explicar? Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 09:56 (UTC)[responder]

Maria zaos, porque acabo de ver que aparece que en ast.wiki teñen case 15.000 biografías de mulleres e nós só 5.999..., pode ser verdade, pero paréceme raro e penso que é mellor revisalo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 10:00 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Elisardojm, os ast.wiki levan indo á cabeza de porcentaxe un tempo. Penso que usaron unha estratexia medio automatizada de tradución masiva de artigos de biografías femininas, de aí o número. Pero disto sabe máis Estevoaei.-- SaúdosMaria zaos (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 10:24 (UTC)[responder]

@Maria zaos:Vale, pode ser, pero non está de máis ter dúas fontes para contrastar os datos, e mellor se unha podemos controlala nós directamente :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 10:30 (UTC)[responder]
@Elisardojm:Pois vas ter razón, saénme 6272 (non 5999 das oficiais) e 30080 de homes (frente 35 022). Reviso con calma á tarde. Maria zaos (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 10:53 (UTC)[responder]
6142 nas que entran personaxes mitolóxicas e da biblia. Teño que refinar a consulta.
@Maria zaos:Vale, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 10:56 (UTC)[responder]
@Maria zaos:Podes facer que funcione a lista que fixen? Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 12:30 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Elisardojm:Pois o certo é que non, non sei que lle pasa. Consultei co comite de sabios, pero andan con lío doutras cousas. En canto á necesidade desta lista, non sei. Quen está detrás do proxecto de sesgos controlan e seméllame bastante máis fiable (visto os erros que ten o WD en galego, que dificultan recuperar todo o que debería sernas consultas SPARQL) pola metodoloxía: eles baixan uns dumps de Wikidata nun momento concreto e traballan arranxando e limpando os campos relevantes. Tentei descargarme eu o último e mirar como farían, pero é moi pesado para a patata portátil que teño (aínda sego coa mesma). Cando saiba algo máis, dígoche. Maria zaos (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 19:55 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Xa amañaron a lista, saen 6061 biografías, outro número máis, claro que xa non estamos na mesma data que cando se actualizou a estatística e dende os 5999 a este número hai pouca diferenza. Penso que o mellor será revisar todos estes números na seguinte actualización e ver cales coinciden. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2019 ás 10:09 (UTC)[responder]

A voltas coas estatísticas de novo

[editar a fonte]

A páxina dende a que se viñan tomando as estatísticas é diferente a esta outra, que comezou no 2017 (a anterior en 2014). Os números difiren, en boa medida polo que vexo porque esta última fai un cribado daquelas persoas que non teñen indicado o xénero en WD e por tanto non entrarían no cómputo da porcentaxe, e a indicación doutros xéneros ademáis de home e muller (cis). A última data de ambas é coincidente, non así os datos. Mentres que WHGI indica 6795 mulleres e 37464 biografias, cun 18,14% de proporción (do total de biografías de humanos, teñan ou non asignado o xénero), Denelezh indica 6823 mulleres e 30669 homes, cun 18,180% (só contando as biografías que teñen indicado o xénero que son 37530 de 37626).

Por precisión eu usaría esta última, ademais de que resulta tamén máis fácil acceder en todo momento a un dato concreto do pasado. Como nota á marxe cando reviso as estatísticas (de cando en vez) do wikiproxecto galegas, que se fan dende aquí a man, con consultas específicas para cada parámetro das táboas adícome uns días a colocarlle o xénero a aquelas biografías que non o teñen asignado en WD, porque adoitan acumularse. Eu votaría por tomar as estatísticas de Denelezh porque ademais podemos acceder a un histórico dende xaneiro de 2017. Como hai que consensualo como alternativa daría: facer un resumo (a táboa está a ocupar bastante) ata unha data e incorporar os datos de ambos, por exemplo. Como mostra e para que se vexa achego táboa cos datos de Denelezh: --Maria zaos (conversa) 21 de setembro de 2020 ás 21:37 (UTC)[responder]

Títulos das profesións

[editar a fonte]

@Elisardojm:, @RubenWGA:, @Lameiro:, @MAGHOI:, @Isili0n:, @Chairego apc:, @Maria zaos:, @Moniquiña:, @Dennui:, @Fis-mulleres:, @Faia Costeira:, @CoroRP:, @AmeliaVR2019:, @Castelao:: Quero cambiar os artigos das profesións para incluír neles as mulleres. Penso que entra dentro dos obxectivos do Wikiproxecto mulleres, no primeiro obxectivo “Este wikiproxecto pretende traballar para amañar parte do nesgo sistémico de Wikipedia na súa cobertura sobre a participación feminina na cultura e as ciencias, e para tratar de reducir a fenda de xénero dentro da Galipedia.”

Abrín un fío na Taberna Títulos das profesións, escribo desde aquí porque o vexo como parte deste Wikiproxecto. Lles (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 12:42 (UTC) Lles (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 12:43 (UTC)[responder]

Lles Todos os artigos de profesións son ampliables no seu corpo, como calquera outro artigo. Pódense incluír percorridos históricos, estudos sociolóxicos e estatísticas que amosen a participación de ambos xéneros de xeito que teñan un enfoque máis completo, sempre que non sexan fontes orixinais e utilicen fontes fiables. De feito, moitos dos que existen son moi curtos, como o que indicaches de escritor. Tes un exemplo aquí e dúas boas fontes para esta profesión aquí e aquí. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 00:46 (UTC)[responder]
Maria zaos, poden facerse as dúas cousas, si? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 07:14 (UTC)[responder]
Usuario: Elisardojm Cito o texto : "Quero cambiar os artigos das profesións para incluír neles as mulleres.". A miña resposta responde a isto, se ben ao non quedar moi definido o alcance do termo "incluír" pode ser que non entendese moi ben a proposta. Fixen unha achega de bibliografía dentro das páxinas de conversa do wikiproxecto, algo que penso que é habitual, lóxico e práctico nunha conversa de wikiproxecto. En parágrafo á parte dese mesmo texto faise unha ligazón a un fío da Taberna onde se debatirá o formato dos títulos. Polo tanto límitome a responder cada cousa no seu sitio segundo a miña interpretación da redacción do texto que vemos máis arriba. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 11:07 (UTC)[responder]

Maria zaos, grazas pola información. Creo que o dos títulos é abrir o camiño dos artigos. Se entras nun artigo que no título fala de mulleres e homes, é máis fácil que xurda preguntarse en que medida desenvolven ou desenvolveron esa profesión. Por exemplo, en canteiro, o artigo no texto informa de que tiñan sona de "mullereiros", e creo que dá a entender que era un oficio só desempeñado por homes, de estar titulado de forma dupla, sería máis fácil que alguén se preocupase de pescudar se hai mulleres que desenvolven ou desenvolveron esa profesión, en que medida, que recompilen esa información e que a inclúan. Lles (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 11:22 (UTC)[responder]

Vale, creo que entendín. Lles moitas grazas pola aclaración. Eu entendera por unha banda a forma ( é dicir, o formato do titulo) e por outra o contido. Segundo o que indicas o cambio na forma do título entendes que propiciará o cambio no contido ou corpo das entradas. Ademais priorizas (" é abrir o camiño") o cambio nos titulos como primeiro paso. Entón este argumento (asunción do cambio no corpo logo do cambio dos títulos) debería figurar no fío da Taberna que sinalabas, acompañando a proposta, entendera eu mal.
Creo que para non dispersar esforzos e facilitar o debate as achegas neste sentido é recomendable que se inclúan no devandito fío. Un saudo.Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 12:34 (UTC)[responder]
Maria zaos, eu penso que non é preciso porque falar da participación das mulleres nas profesións non está en cuestión, mais si titular os artigos incluíndo as mulleres. Penso que na Taberna é fácil que cando se pasan a falar moitos temas, podemos rematar sen saber de que falamos e non ten sentido cuestionar o que non está cuestionado. Lles (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 18:03 (UTC)Lles (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 18:04 (UTC)[responder]
Maria zaos, ás veces é complicada a comunicación. O que quero dicir con abrir camiño é que un artigo titulado duplo é máis fácil que propicie que calquera persoa que edite na Wikipedia se pregunte e inclúa a información que por exemplo anexabas como fontes bibliográficas. Porque é máis fácil que pensemos en pescudar se só hai canteiros homes. Mais non está cuestionado que non poidamos incluír información sobre a participación das mulleres no oficio da cantaría e incluíla, por iso non lle vexo ningún sentido a falar do contido dos artigos. Cres que alguén cuestiona que se poida tratar o papel das mulleres nos oficios? Lles (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 18:31 (UTC)[responder]
Usuaria:Lles grazas por repetir a explicación, pero xa a entendera. A miña participación anterior foi para indicar isto, que non o entendera ben inicialmente e para que por favor, xa que se trata dunha cuestión xa recollida na proposta da Taberna se pase a comentar alí e non aquí , por unha cuestión práctica. Achegar fontes e tentar organizar o traballo non implica poñer en cuestión nada, é só iso (=achegar fontes e organizar o traballo) Un saúdo.Maria zaos (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 23:21 (UTC)[responder]
Maria zaos, creo que non me explico. O que propoño é duplicar os títulos dos artigos, só, por iso non amplío. Só iso. Máis nada. O outro foi unha explicación adicional cando ti me pasaches as fontes para ampliar o artigo de escritor de que, o que propuña (só duplicar os títulos dos artigos), cría que axudaría a que se empregasen fontes como as que ti engadiches.
Expresado correctamente sen a omisión de título no texto que leva a confusiónː
Títulos das profesións:
Quero cambiar os títulos dos artigos das profesións para incluír neles as mulleres. Penso que entra dentro dos obxectivos do Wikiproxecto mulleres, no primeiro obxectivo “Este wikiproxecto pretende traballar para amañar parte do nesgo sistémico de Wikipedia na súa cobertura sobre a participación feminina na cultura e as ciencias, e para tratar de reducir a fenda de xénero dentro da Galipedia.”
Que difícil é, ás veces, transmitir o que temos na cabezaǃ Lles (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 08:18 (UTC)[responder]
Afortunadamente na Taberna expliqueime mellor. Lles (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 08:25 (UTC)[responder]
Claro que é difícil, mais estamos todas a aprender e traballar xuntas, e o tempo adicado en coidar estes aspectos axudan a que o tempo adicado o debate sexa máis produtivo e satisfactorio. Por iso está sempre ben estruturar e argumentar as propostas dende o inicio nun só lugar, para evitar que a xente teña que gastar tempo buscando información espallada. A túa entrada sobre este tema aquí (12 de decembro) foi posterior a túa proposta na Taberna (10 de decembro), é dicir, semella que a intención era o aviso dese fío na Taberna. Unha frase curta aquí indicando isto e un parágrafo na Taberna indicando os aspectos que ves sinalando aquí abondaría. A Taberna é un espazo de participación de entrada máis amplo que o grupo de persoas que mencionaches ao inicio e non hai ningún problema en indicar na proposta da Taberna que un dos argumentos a favor da proposta é que garda relación cos obxectivos dun wikiproxecto. De aí que non entendera ben o alcance da proposta, xa que pensei que eran en realidade dúas. Do mesmo xeito, é moi práctico de cara ao resto das persoas incluír ben sexa cun resumo, ben sexa achegando as ligazóns que correspondan, as informacións relacionadas ou que precedan a calquera cuestión da Taberna, evitando que quen teña interese no tema teña que navegar por fóra da proposta para dar con elas. Como dixen máis veces, apréndese facendo, ningún problema. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 08:55 (UTC)[responder]


@Elisardojm:, @RubenWGA:, @MAGHOI:, @Isili0n:, @Maria zaos:, @Moniquiña:, @Dennui:, @Faia Costeira:, @CoroRP:, @Castelao:, esta proposta que creo que ten que ver co Wikiproxecto mulleres, finalmente non se resolveu directamente por un consenso na Taberna e pasou a ter que se facer unha votación. Está aberta xa Votación títulos das profesións . Lles (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 08:18 (UTC)Lles (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 08:20 (UTC)[responder]

Data Total de
biografías en WD (Denelezh)
Total de
biografías
con xénero (Denelezh)
Número de
biografías
de mulleres
%biografías
de mulleres
(Denelezh)
Data (WGHI) Total de
biografías
(WHGI)
Número de
biografías
de mulleres
% biografías
de mulleres
2017_01_02 27  853 27 673 3 755 13,569 %
2017_02_06 28 166 27 939 3 796 13,587 %
2017_03_06 28 343 28 113 3 839 13,656 %
2017_04_03 28 553 28 324 3 875 13,681 %
2017_05_01 28 722 28 492 3 907 13,713 %
2017_06_05 28 862 28 665 3 939 13,741 %
2017_07_03 29 079 28 758 3 966 13,791 %
2017_08_07 29 174 28 865 3 983 13,799 %
2017_09_04 29 312 28 998 4 011 13,832 % 2017_09_13 29 001 4 012 13,83 %
2017_10_02 29 397 29 083 4 036 13,878 % 2017_10_02 29 066 4 035 13,88 %