Conversa usuaria:Onda de lume
Benvida á Galipedia, Onda de lume!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2013 ás 02:16 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Onda de lume. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2013 ás 22:48 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Onda de lume.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2013 ás 22:48 (UTC)
Borrado de artigo
[editar a fonte]Boas Onda de lume! Vin que creaches o artigo Pink, mais non ten contido e hai máis dun mes que ten o marcador. Lamentándoo moito vou propoñer o seu borrado, non obstante se durante o tempo que dure a votación te comprometes a engadirlle contido (ou algún(ha) outr@ usuari@) pode que permaneza. Un saúdo! Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 21:17 (UTC)
Marilyn Manson
[editar a fonte]Que pretendiches facer con Marilyn Manson Marilyn Manson (banda)? Parece obvio que hai que borrar esta forma repetida. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de abril de 2014 ás 20:43 (UTC)
Marilyn Manson
[editar a fonte]Ola, Onda de Lume! Quedou o artigo Marilyn Manson (banda) referido ao grupo musical, pero Marilyn Manson quedou como redirección ao artigo do grupo; vas crear o artigo sobre o músico? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de abril de 2014 ás 23:26 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]Ola, Onda de lume. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 30 de marzo de 2017 ás 18:25 (UTC)
Interplay Entertainment
[editar a fonte]Boas Onda de lume, o artigo Interplay Entertainment, que fixeches ti, ten o marcador de tradución sen revisión, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:25 (UTC)
The Sims 4
[editar a fonte]Boas Onda de lume, o artigo The Sims 4, que fixeches ti, ten varios marcadores de atención, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:49 (UTC)
Assassin's Creed: Lineage
[editar a fonte]Boas Onda de lume, o artigo Assassin's Creed: Lineage, que creaches ti, ten varios marcadores de atención, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:25 (UTC)
- Tamén Ezio Auditore. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:44 (UTC)
- E tamén Lista videoxogos de Paradox Interactive. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 14:11 (UTC)
- Boas de novo, tamén ten varios marcadores The Sims 4. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)
- Tamén Paradox Interactive. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 09:22 (UTC)
- Boas de novo, tamén ten varios marcadores The Sims 4. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 09:13 (UTC)
- E tamén Lista videoxogos de Paradox Interactive. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 14:11 (UTC)
Red Dead Redemption 2
[editar a fonte]Ola, Onda de lume. Quitei o marcador {enuso} dese artigo porque excede en moito o tempo recomendado para remata-la edición. Como é posible que che quedase esquecido poderías, quizais agora, dar remate á edición, dado que aínda ten algunhas eivas? Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2023 ás 09:37 (UTC)
artigos de partidos políticos
[editar a fonte]Ola, Onda de Lume; quiteille o Modelo:Lixo ao artigo de Caminando Juntos porque o feito de que non teña representación non lle resta relevancia; de ser así, cumpriría eliminar moitos dos artigos incluídos en Categoría:Partidos políticos de Galicia, Categoría:Partidos políticos de España e en xeral noutras categorías correspondentes a outros lugares. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xullo de 2023 ás 12:17 (UTC)
Boas, @Usuario:Estevoaei. Eu creo que é spam, se nas próximas eleccións ten algunha representación poderíase volver a crear o artigo, para ver se ten algunha relevancia. Ademáis na traducción as referencias non quedaron ben postas. E o usuario que creou o artigo, ten outro con algúns problemas. Desculpa as molestias, un saúdo.--Onda de lume (Conversa) 19 de xullo de 2023 ás 12:30 (UTC)
Isleworth
[editar a fonte]Boas, o artigo Isleworth, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 26 de novembro de 2023 ás 12:00 (UTC)
Ola, Onda de Lume! O Modelo:Xeografía política non é aplicable a un accidente xeográfico, senón que está pensado para entidades administrativas. Para Gasherbrum I cumpriría mellor o Modelo:Montaña. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de febreiro de 2024 ás 11:10 (UTC)
- @Estevoaei E podo poñer o modelo de xeografía política nas parroquias e lugares?, porque estiven probando en Rececende, A Pontenova (parroquia) e en O Vilar das Pedras, Rececende, A Pontenova (lugar) e tamén sáeme ese erro (Error in template * unknown parameter name (Plantilla:Infobox political geography): "l_dissolved2"). Agradecería se me puideses resolver esa dúbida. Grazas Onda de lume (Conversa) 29 de febreiro de 2024 ás 11:42 (UTC)
- Tes a resposta en Conversa modelo:Xeografía política, na sección Código INE. De momento aínda non se incluíu en lugares e parroquias de Galicia mentres non se adecúe a esas particularidades. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de febreiro de 2024 ás 11:55 (UTC)
Modelos de notas
[editar a fonte]Ola Onda de lume, vin que fixeches varias modificacións en artigos relacionados co hóckey sobre xeo, concretamente relacionada cos cadros de xogadoras e xogadores. Quería comentarche que, se ben inicialmente as notas do modelo aplicado para os cadros de xogadoras e xogadores dos equipos estaba do xeito no que o puxeches ti, eu mesmo mudei o modelo para que as notas dos cadros se escribiran directamente na sección de notas do artigo, xa que había artigos nos que se aparecían dous ou máis cadros e do outro xeito non funcionaba, xa que repetía as mesmas notas unha e outra vez.
Se entras no artigo cadros de xogadoras da Naisten Liiga 2023-2024 verás que na sección de notas hai 18 notas aclaratorias e 10 referencias, pois ben, esas 18 notas son iguais 9 a 9, xa que se miras o contido de todas as referencias impares verás que é 100% igual, e se fas o mesmo coas pares terás o mesmo resultado. Do xeito en que as puxera eu cada nota aparece unha soa vez, e se ben pode parecer un pouco incómodo ter que escribir a nota na sección (se pode copiar de calquera outro que ten o modelo, por certo), o certo é que o resultado acaba sendo mellor. A miña idea é incluir os artigos dos cadros de xogadoras da Auroaliiga (antes Naisten Liiga) desta tempada e de algunha tempada pasada, polo que habeá máis artigos que presentarán esta problemática, amais dos clásicos de inverno, xa non só da liga feminina finlandesa, senón da NHL (tanto os Winter Classics como os Heritage Classic ou os Stadium Series), a liga masculina de Finlandia, e tantos outros artigos que poderían facerse.
Por todo isto considero que é mellor voltar á versión anterior. Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de outubro de 2024 ás 22:07 (UTC)
- Bos días, @Piquito. Cando modificara esa páxina, xa me dera conta desa problemática, por iso non modifiquei Cadros de xogadoras da Naisten Liiga 2024-2025, porque sabía que ía pasar o mesmo, e non sabía como arranxalo, estiven facendo mantemento na Categoría:Wikipedia:Páxinas con erros de referencia, xa que había máis de douscentos artigos, pero tes razón, habería que poñer o texto das referencias en cada páxina, para que así cando a páxina ten varios cadros colla a mesma referencia en non a duplique. Podes desfacer as miñas edicións sen problemas. Desculpa os problemas que puidera ocasionar. Un saúdo. PD: Que habería que cambiar nos modelos para que non deran erro nas referencias dese modelo? De {{Referencias de modelo}} a {{listaref}} Onda de lume (Conversa) 25 de outubro de 2024 ás 09:42 (UTC)
- Ola, @Onda de lume. Se che entendín ben, coido que podes solucionar o problema colocando na pantalla de "edición do código", o mesmo código que aparece na seccións de "Notas" no artigo do "Cadro de xogadoras.....". Así, as notas ban por un lado e as referencias a continuación. Póñoche o texto a continuación (hai que lle quitar o primeiro guión e o último".
- -{{Listaref|group=nota|02}}
- ;Referencias
- {{listaref|30em}}-
- Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 26 de outubro de 2024 ás 17:40 (UTC)