Conversa usuario:Martiño gz65
Aparencia
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Martiño gz65. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2024 ás 13:40 (UTC)
- Ola HombreDHojalata.
- Tiven que deixar o artigo que comezara a editar a medias. Como non quería que se perdera o que levaba traducido, publiqueino nun apartado que se chama "Borrador persoal", pensando que quedaba gardado ata que o rematase e así publicalo coa opción "Páxina nova".
- Agora estou un pouco confundido, o borrador non é tan persoal como pensaba?
- Publiqueino onde non debía?
- Tes un cargo de administrador supremo que pode acceder a tódolos artigos?
- Grazas polas ferramentas, utilizareinas e tentarei escribir correctamente.
- Un saúdo, Martiño Martiño gz65 (conversa) 1 de febreiro de 2024 ás 18:23 (UTC)
- Ola, Martiño; calquera persoa pode acceder a tódolos artigos, non hai contido restrinxidos, e vendo Especial:Cambios recentes é posible ver cales foron as últimas edicións feitas na Galipedia. Fixeches moi ben creando o borrador para poder traballar o texto antes de crear o artigo. Anímote a seguir editando. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2024 ás 19:00 (UTC)