Conversa usuario:MovimentoGalegoPilongo
Benvido(a) á Galipedia, MovimentoGalegoPilongo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 07:38 (UTC)
Galego
[editar a fonte]Boas, vin as túas achegas ó artigo palloza e teño que comentarche que na Galipedia só se pode usar o galego normativo da RAG. Ese artigo xa o revisei eu, pero pídoche que sigas esa normativa nas túas próximas achegas para que se manteña a estrutura do proxecto. Esta norma só se aplica ó texto dos artigos da wikipedia, nas páxinas de conversa podes usar o galego que prefiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 08:09 (UTC)
Citar as fontes
[editar a fonte]Ola MovimentoGalegoPilongo.
Por favor, cita as túas fontes.
Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2013 ás 18:24 (UTC)