Saltar ao contido

Corcoesto, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corcoesto
Galerías da antiga mina subterránea
ConcelloCabana de Bergantiños[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′27″N 8°50′26″O / 43.22416667, -8.84055556
Poboación288 hab. (2018)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Corcoesto[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 288 habitantes dos cales 136 eran homes e 152 eran mulleres segundo datos do IGE[2], o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Protesta da Plataforma pola defensa de Corcoesto xunto a afectados doutras minas chegados dende Asturias.

Corcoesto está bañada polos ríos Anllóns e o seu afluente o Lourido.

Nesta parroquia houbo explotacións mineiras auríferas xa durante a romanización de Galicia, estando activas as minas subterráneas de novo durante o século XIX.

Manifestación en Carballo contra o proxecto da mina no 2013.

A compañía mineira canadense Edgewater Exploration mercou os dereitos de explotación mineira na zona á empresa Narcea Gold Mines.[3] O proxecto empresarial, denominado Corcoesto Gold Project, tiña previsto abrir en 2013 e transformar a zona nunha mina a ceo aberto, pero conta coa oposición da veciñanza[4].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Corcoesto

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Corcoesto no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

Baralláns | Bello | A Braña | Cardezo | O Castro | Cruces | Cures | O Dequente | A Fontaíña | Fonterremula | As Lamas | O Lugar Grande | Millán | Montefurado | Perrol | A Rectoral | Regoseco | Santa Margarida de Baneira | Teixedo | Xabarido

Parroquias de Cabana de Bergantiños

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2008. 
  3. En busca del oro gallego, artigo no xornal El Mundo (en castelán) do 26-09-2011, consultado o 11-06-2012.
  4. "Un pobo en loita contra a "bomba" da mina de Corcoesto", artigo de Miguel Pardo en Praza Pública, 6 de xuño de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]