Daniel Vega Pérez
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1983 (41 anos) Arante, España |
Alcalde de Ribadeo | |
2023 – ← Fernando Suárez Barcia | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2020 – 2023 (dimisión) | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2016 – 2020 | |
Actividade | |
Ocupación | político, gandeiro |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Daniel Vega Pérez, nado en Arante (Ribadeo) o 4 de novembro de 1983, é un político galego que milita nas filas do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse profesionalmente como técnico agrícola no CFEA Pedro Murias de Ribadeo.
Traballou na Cooperativa Gancobre, en Bretoña, de onde logo pasou á Asociación de Criadores de Rubia Galega (ACRUGA), colaborando con entidades diversas do sector agrogandeiro.
Política
[editar | editar a fonte]Con 25 anos entrou nas Novas Xeracións do PP, das que chegou a presidente local en Ribadeo, provincial en Lugo e vicepresidente autonómico. Entrou como deputado no Parlamento de Galicia en 2016. Presidiu dende aquela a Comisión de Agricultura, Gandaría, Montes e Alimentación, e renovou a súa acta en 2020, dimitindo en xuño de 2023[1] para presentarse como candidato á alcaldía de Ribadeo.[2]
En maio de 2019 saíra elixido concelleiro en Ribadeo, sendo portavoz do Grupo Popular. No 2023 encabezou o equipo que gañou as eleccións municipais con maioría absoluta.[3][4]
Predecesor: Fernando Suárez Barcia |
Alcalde de Ribadeo 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parlamento de Galicia (27 de xuño de 2023). "Toman posesión sete novas deputadas e deputados do Parlamento de Galicia". parlamentodegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2024. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Hoxe despídome do Parlamento de Galicia despois de traballar seis anos por mellorar Galicia. Despídome dando as grazas a todas as persoas que me... By Daniel Vega Perez Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2023-06-18.
- ↑ Redacción (29 de maio de 2023). "Daniel Vega, futuro alcalde de Ribadeo: «A miña primeira chamada foi a meus pais»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ Redacción (19 de xuño de 2023). "Dani Vega, alcalde de Ribadeo: “Afronto este reto con moitísima ilusión, e tendo clara a responsabilidade que supón”". galiciaxa.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Vega Pérez |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento Galego Arquivado 16 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
- Eleccións municipais en Ribadeo.