Danilo Gallinari
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1988 (36 anos) Sant'Angelo Lodigiano, Italia |
Altura | 209 cm |
Peso | 106 kg |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista |
Período de actividade | 2004 - |
Nacionalidade deportiva | Italia |
Deporte | baloncesto |
Liga | National Basketball Association |
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala |
Número deportivo | 8 |
Convocado por | New York Knicks |
Participou en | |
2021 | Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (5º) |
2019 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019 |
2015 | Campionato europeo de baloncesto de 2015 |
2011 | Campionato europeo de baloncesto de 2011 |
Danilo Gallinari, nado o 8 de agosto de 1988 en Sant'Angelo Lodigiano, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Italia
[editar | editar a fonte]Gallinari comezou a xogar profesionalmente no ano 2004 no Casalpusterlengo,[1] equipo da Serie B1 (terceira división italiana).
En 2005, Gallinari foi fichado polo Armani Jeans Milano. Estes o mandaron ao Edimes Pavia, equipo da segunda división italiana, durante a tempada 2005-06 para xogar moitos minutos e gañar experiencia. Tan só xogou a metade da tempada debido a unha lesión, pero no ano 2006 foi nomeado para o mellor xogador italiano da segunda división, onde fixo 14.3 puntos, 3.4 rebotes, 2.0 roubos e 0.8 asistencias por encontro en 17 partidos.[2]
En 2006, foi rechamado polo AJ Milano para xogar a tempada 2006-07 con eles na primeira división, e na ULEB Eurocup, a segunda gran competición europea. Na súa primeira tempada, Gallinari foi nomeado coma o mellor xogador da liga de 22 anos ou menos, acadando 10.9 puntos, 4.0 rebotes, 1.7 roubos e 1.0 asistencias por partido en 34 encontros da liga regular, e 11.5 puntos, 3.7 rebotes, 2.1 roubos e 0.9 asistencias en 8 partidos de playoffs.[3] Ademais, gañou o concurso de triplas do All-Star italiano en 2007.
Na súa derradeira tempada no Milano,[4] na tempada 2007-08, fixo 17.5 puntos, 5.6 rebotes, 2.0 roubos e 1.3 asistencias por partido en 33 encontros da tempada regular, e 18.1 puntos, 6.5 rebotes, 1.8 roubos e 1.5 asistencias por partido en 8 encontros de playoffs.[5]
NBA
[editar | editar a fonte]Gallinari foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2008 polos New York Knicks, e asinou un contrato por dous anos co equipo.[6]
O 22 de febreiro de 2011, Gallinari foi traspasado aos Denver Nuggets nun traspaso a tres bandas, que incluíu tamén aos Minnesota Timberwolves, e que levou a Carmelo Anthony e a Chauncey Billups a Nova York.[7]
Durante o lockout da NBA de 2011, volveu un tempo a Italia para xogar outra vez no Emporio Armani Milano.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Danilo Gallinari
- ↑ "LegaDue page on Gallinari". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ "LegaA page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Lega A page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ "LegaA page on Gallinari.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ Knicks sign Gallinari
- ↑ "Nuggets acquire five players, three picks in three-team trade". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23.
- ↑ "ARMANI MILAN brings Gallinari home". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Web Oficial de Danilo Gallinari (en italiano) (en inglés)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 30 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados na provincia de Lodi
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Italia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Alas de baloncesto
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores do Pallacanestro Pavia
- Xogadores do Olimpia Milano
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020