David Copperfield
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) David Seth Kotkin 16 de setembro de 1956 (68 anos) Metuchen (Estados Unidos de América) |
Residencia | Las Vegas |
Educación | Universidade de Fordham Metuchen High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Street magic (en) |
Ocupación | ilusionista, especialista de cinema, actor, hypnotist (en) , escritor, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1974 - |
Empregador | Universidade de Nova York |
Pseudónimo literario | David Copperfield |
Familia | |
Parella | Claudia Schiffer (1994–1999) |
Premios | |
Sitio web | davidcopperfield.com |
|
David Seth Kotkin, nado en Metuchen (Nova Jersey) o 16 de setembro de 1956 é un ilusionista estadounidense coñecido profesionalmente como David Copperfield, descrito pola revista Forbes como o mago de maior éxito comercial da historia.[1]
Os especiais de Copperfield na televisión gañaron 21 premios Emmy dun total de 38 candidaturas. Célebre pola súa combinación de contacontos e ilusionismo, a súa carreira proporcionoulle once récords Guinnes,[2] unha estrela do Paseo da Fama de Hollywood,[3] o título de cabaleiro polo goberno francés,[4] e a designación como "lenda viva" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.[5]
Copperfield vendeu máis de 33 millóns de entradas e gañou máis de catro mil millóns de dólares, máis que calquera outro artista individual na historia.[1][2][6][7] En 2015, Forbes calculou as súas ganancias nos doce meses anteriores en 63 millóns de dólares e situouno como a vixésima celebridade con máis ingresos do mundo.[8]
Cando non actúa, dirixe a súa propia cadea de once illas resort nas Bahamas, chamadas "Musha Cay and the Islands of Copperfield Bay".[6][9]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Copperfield naceu como David Seth Kotkin en Metuchen, Nova Jersey,[10] fillo de pais xudeus, Rebecca, perita de seguros, e Hyman Kotkin, propietario dunha xastrería en Warren, Nova Jersey, chamada Korby's.[11] A nai de Copperfield naceu en Xerusalén, mentres que os seus avós paternos eran xudeus inmigrantes da URSS (hoxe, Ucraína).[12][13] En 1974, graduouse no Metuchen High School.[14]
Cando tiña dez anos comezou a practicar a maxia como "Davino the Boy Magician" no seu barrio,[15] e aos doce anos converteuse na persoa máis nova admitida na Society of American Magicians.[16] Timido e solitario, Copperfield viu na maxia un xeito de encaixar e máis adiante de coñecer mulleres.[17] Cando era adolescente quedou fascinado con Broadway e coábase nos espectáculos, especialmente nos musicais de Stephen Sondheim e Bob Fosse.[18] Con dezaseis anos, impartiu un curso de maxia na Universidade de Nova York.[19]
Aos dezaoito anos, Copperfield entreou na Univeridade Fordham de Nova York, mais tres semanas despois abandonouna para interpretar o papel principal no musical The Magic Man en Chicago. Foi nese momento cando adoptou o nome artístico de "David Copperfield", pola novela de Charles Dickens porque lle gustaba como soaba. Copperfield cantaba, bailaba e creou o maioría das ilusións orixinais usadas no espectáculo, e The Magic Man converteuse no musical máis lonxevo na historia de Chicago[20] Con dezanove anos creou o primeiro espectáculo "Magic of David Copperfield" no Pagoda Hotel de Honolulu.[21]
A súa carreira televisiva comezou cando foi descuberto polo produtor Joseph Cates,[22] que lle produciu un especial de maxia en 1977 para a ABC chamado The Magic of ABC,[23] ademais de varios especiais The Magic of David Copperfield para a CBS entre 1978 e 2001.[22]
As súas ilusións inclúen a desaparición dun Learjet (1981), a desaparición e reaparición da Estatua da Liberdade[24][25] (1983), levitar sobre o Gran Canón (1984), atravesar a Gran Muralla Chinesa (1986), escapar da prisión de Alcatraz (1987), facer desaparecer un vagón do Orient Express (1991) e voar sobre o escenario durante varios minutos (1992).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Houdini in the Desert". Forbes (en inglés). 8 de maio de 2006.
- ↑ 2,0 2,1 Guinness World Records 2006, p. 197 ISBN 1-904994-02-4
- ↑ Magicwebchannel.com, ed. (16 de setembro de 1956). "Magic Web Channel hall of fame – David Copperfield". Consultado o 10 de xuño de 2009.
- ↑ "Reappearing Act: Inside The Multimillion Dollar World Of Illusionist David Copperfield". Forbes.com. 5 de setembro de 2013
- ↑ Library of Congress (ed.). "Living Legends". Consultado o 13 de abril de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 New York Post, ed. (14 de agosto de 2011). "Baby it's certainly no illusion". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2011.
- ↑ Forbes, ed. (2013). "Forbes 400 Richest Americans: Ones to Watch – David Copperfield".
- ↑ "The World's Highest-Paid Celebrities". Forbes. 15 de novembro de 2015.
- ↑ David, Richard (6 de maio de 2011). "David Copperfield's Caribbean Island". departures.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ Witchel, Alex (24 de novembro de 1996). "A Maestro of the Magic Arts Returns to His Roots". The New York Times. Consultado o 6 de decembro de 2007. "David Seth Kotkin was born in Metuchen, N.J., 40 years ago; David Copperfield was born when David Kotkin turned 18, at the suggestion of the wife of a New York Post reporter. Which is why his passport reads David Kotkin, a k a David Copperfield."
- ↑ Peres, Daniel. "Hy about Life". Remember Hy. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ Ike Hughes (2006). "David Copperfield has made a career out of dazzling people". Lansing State Journal. Consultado o 22 de setembro de 2008. "His dad, who managed a men's clothing store, was the son of Russian immigrants. His mom was born in Jerusalem; both wanted him to go to college and into a profession."
- ↑ David Copperfield Bio (Biography) Arquivado 03 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. / Celebrity Gossip (16 de setembro de 1956). Consultado o 15 de febreiro de 2012.
- ↑ The Ultimate New Jersey High School Year Book. The Star-Ledger.
- ↑ Espinoza, Galina (9 de abril de 2001). "A Lift Out of Life – David Copperfield". People.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ "David Copperfield Milestones". Genii 47 (7): 455. xullo de 1983.
- ↑ "The Victoria Advocate – Google News Archive Search". Consultado o 15 de setembro de 2009.[Ligazón morta]
- ↑ Berson, Misha (24 de xullo de 1997). "Entertainment & the Arts | Colossal Copperfield – Magic Superstar Throws Extravaganza As Big As Keyarena | Seattle Times Newspaper". Community.seattletimes.nwsource.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ "Short bio from Chicago Gigs on Copperfield". Chicagogigs.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ Brennan, Morgan. "Reappearing Act: Inside The Multimillion Dollar World of Illusionist David Copperfield". Forbes Financial & Lifestyle Journal. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ David Copperfield Bio from A&E
- ↑ 22,0 22,1 "Joseph Cates, 74, a Producer Of Innovative Specials for TV". New York Times. 12 de outubro de 1998. Consultado o 9 de xuño de 2009.
- ↑ Witchel, Alex (24 de novembro de 1996). "A Maestro of the Magic Arts Returns to His Roots – The New York Times". Nytimes.com. Consultado o 14 de setembro de 2009.
- ↑ David Copperfield – Vanishing the Statue of Liberty. YouTube (1 de decembro de 2010). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Jory, Tom (8 de abril de 1983) David Copperfield and the vanishing Miss Liberty. Associated Press via Kingman Daily Miner
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Copperfield |