Def Con Dos
Def Con Dos | |
---|---|
Def Con Dos en Extremúsika 2009. | |
Orixe | Vigo e Madrid, Galiza e España |
Período | 1989-1999 / 2004- |
Xénero(s) | rapcore, nu metal |
Selo(s) discográfico(s) | Dro East West |
Membros | Manolo Tejeringo (Guitarra) Peón Kurtz (Voz) Kiki Tornado (Batería) J. Al Ándalus (Baixo) Juanito Sangre (Voz) César Strawberry (Voz) |
Na rede | |
www.defcondos.com | |
Def Con Dos é un grupo de música rap e nu metal nado a finais dos anos 80 entre Vigo e Madrid.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos seus comezos estiveron fortemente influídos por Public Enemy, Beastie Boys e Run DMC, rapeando sobre bases instrumentais de hip hop preparadas por Julián Hernández de Siniestro Total. No disco Segundo Asalto o son seguía sendo basicamente hip hop, pero empezaron a incluír guitarras, que foron acadando maior importancia nos seguintes discos, ata acercarse ó nu-metal.
O nome do grupo fai alusión ó sistema de alertas utilizado polo Pentágono, onde o DEFCON-2 era definido como un estado de axitación global, aínda que sen chegar a enfrontamentos militares entre os países.
Os textos das súas letras e dos manifestos adxuntos nos libretos dos seus discos poden resultar ofensivos, con numerosas referencias á cultura popular: o folclore, as noticias de actualidade, a publicidade, a música, o cine, a literatura, e os tebeos españois e estadounidenses. O seu álbum Armas pal pueblo (1994) é probablemente o primeior disco español en levar unha versión en castelán da etiqueta en branco e negro co texto parental advisory (como a que se engade ós discos de letras fortes nos Estados Unidos). Debido en gran parte ós seus polémicos textos, nos seus inicios Def Con Dos non tiñan moito apoio de grandes medios de comunicación (con excepcións como algúns programas de Radio 3).
A situación cambiou en 1993, cando o director de cine Álex de la Iglesia encargou a Def Con Dos o tema principal da súa primeira longametraxe, Acción mutante. Álex de la Iglesia tamén dirixiu o videoclip da canción, chamada tamén "Acción Mutante".
En 1995 participan na banda sonora da segunda película de Álex de la Iglesia, El día de la Bestia, e mesmo aparecen nunha toma nun concerto en directo. Tamén en 1995 editan o seu quinto asalto, o álbum Alzheimer. Este disco inclúe a canción "Capitán Araña", coa que Def Con Dos colaborou no proxecto A Cantar con Xabarín do Xabarín Club.
En 1996 sae ó mercado o disco Ultramemia.
En 1998 apareceu De poca madre, que confirmou a consolidación do seu estilo, mestura de rapeo a tres voces, guitarras metal e bases de hip-hop.
A banda separouse temporalmente en 1999, deixando un recompilatorio, Dogmatofobia. Volveron en 2004 co disco Recargando.
Durante eses cinco anos de separación os membros da banda embarcáronse en diferentes proxectos, entre eles a banda Strawberry Hardcore, fundada polo cantante César Strawberry. Dita banda continúa en activo, malia a reincorporación de César Strawberry a Def Con Dos.
En cine
[editar | editar a fonte]- Canción Acción Mutante na banda sonora de Acción mutante, de Álex de la Iglesia.
- Canción El día de la Bestia na banda sonora de El día de la Bestia, de Álex de la Iglesia. Aparecen tocando en directo na película como o grupo Satánica.
- Canción Tuno bueno, tuno muerto usada na banda sonora (créditos) da película Tuno negro, de Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín.
Discografía
[editar | editar a fonte]Discos
[editar | editar a fonte]- Primer Asalto (1989 maqueta)
- Segundo Asalto (1989 Dro East West)
- Tercer Asalto (inclúe Primer Asalto) (1991 Dro East West 1991)
- Armas pal pueblo (1994 Dro East West)
- Alzheimer (1995 Dro East West)
- Ultramemia (1996 Dro East West)
- De Poca Madre (1998 Dro East West)
- Dogmatofobia (1999 Dro East West, dobre CD)
- Recargando (2004 Dro East West, un CD de son e un DVD)
- 6 Dementes Contra el Mundo (2006 Dro East West, un CD de son e un DVD)
- La culpa de todo la tiene Def con Dos - 2011 (DRO/Warner)
Vídeos
[editar | editar a fonte]- Videohistorias Vol.1 Dro East West, S.A. (1995) VHS
- Videohistorias Vol.2 Dro East West, S.A. (1997) VHS
- Videohistorias 2005 Dro East West, S.A. (2005) DVD