Deke Slayton
Aparencia
Donald Kent Slayton, nado en Sparta (Wisconsin) o 1 de marzo de 1924 e finado en League City (Texas) o 13 de xuño de 1993, máis coñecido como Deke Slayton, foi un piloto estadounidense da segunda guerra mundial, enxeñeiro aeronáutico e piloto de probas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1959 foi seleccionado pola NASA como un dos sete astronautas orixinais do Proxecto Mercury, do que sería apartado en 1962 debido a problemas cardíacos. En 1963 converteuse no director de operacións de voo da NASA, sendo o encargado de designar os astronautas nas misións tripuladas dos proxectos Gemini e Apollo. En 1975, con 51 anos, converteuse na persoa máis anciá en saír ao espazo, durante a misión Apollo-Soiuz. Este récord foi superado en 1998 por John Glenn.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |