Demócratas Independentes
Demócratas Independentes | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Patricia de Lille |
Historia | |
Fundación | 21 de xullo de 2003 |
Disolución | 21 de maio de 2014[a] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Liberalismo, Socialdemocracia |
Posición política | Centro |
Na rede | |
http://www.id.org.za | |
| |
Demócratas Independentes (en inglés: Independent Democrats) ou ID foi un partido político surafricano de tendencia liberal que existiu entre 2003 e 2014. Foi fundado por Patricia de Lille, antes membro do Congreso Panafricano de Azania (APC).[1] Os seus principais bastións electorais foron Cabo do Norte e Cabo Occidental. Na década de 2010, comezou a negociar con Alianza Democrática, principal partido da oposición surafricana, para fusionarse dentro do partido e fortalecelo de cara aos comicios de 2014. Finalmente, ese ano, a fusión completouse, e o partido deixou de existir.[2]
Manifesto electoral de 2009
[editar | editar a fonte]Antes das eleccións nacionais de 2009 , a ID lanzou un manifesto no que prometía que, se eran elixidos para gobernar, aumentarían a dotación de persoal do Servizo de Policía de Suráfrica a 200,000, recrutarían 5,000 traballadores sociais para operar en comunidades afectadas polo crime, farían que Suráfrica fose líder en enerxías renovables e financiarían unha subvención social mínima gravando bens de luxo, tabaco e alcohol.[3]
Fusión con DA
[editar | editar a fonte]En 2010, a líder de ID Patricia de Lille formalizou un acordo para fusionarse coa Alianza Democrática. Os dous partidos fusionaríanse por completo en 2014. Debido a isto, ID non disputou as eleccións locais de 2011 como unha entidade separada, senón que presentou os seus candidatos nas papeletas de DA. En febreiro de 2012, a líder parlamentaria da DA, Lindiwe Mazibuko, reorganizou o seu gabinete para propoñer un goberno de ID, mais, finalmente, antes dos comicios xerais de 2014, completouse totalmente a fusión coa Al.[4]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións xerais
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Asemblea | +/– | NCOP | +/– | Posición | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | 269.765 |
|
7 / 400 |
2 / 90 |
Oposición | ||||
2009 | 162.915 |
|
4 / 400 |
3 | 2 / 90 |
Oposición |
Eleccións municipais
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | ||
---|---|---|---|---|
2006 | 530.912 |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Floor Crossing at a Glance (pdf)". Idasa. 21 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 12 de decembro de 2006.
- ↑ [1], Andrew Harding, 15 August 2010, "South African opposition parties to merge"
- ↑ Quoted in Hartley 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2021.