Deputación Foral de Biscaia
A Deputación Foral de Biscaia (en éuscaro: Bizkaiko Foru Aldundia, en castelán: Diputación Foral de Bizkaia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco (España).
Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Biscaia exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía e da Lei de Territorios Históricos de 1983.
A Deputación é o órgano executivo que depende das Xuntas Xerais de Biscaia (que é o órgano lexislativo).
Deputado Xeral de Biscaia
[editar | editar a fonte]Á fronte da Deputación Foral encóntrase o Deputado Xeral que é elixido polas Xuntas Xerais de Biscaia.
Deputados Xerais de Biscaia dende a Transición
[editar | editar a fonte]- 1979-1987: José María Makua Zarandona (PNV)
- 1987-1995: José Alberto Pradera Jauregi (PNV)
- 1995-2003: Josu Bergara Etxebarria (PNV)
- 2003-2015: José Luis Bilbao Eguren (PNV)a
- dende 2015: Unai Rementeria Maiz (PNV)
a Nas eleccións de 2003 José Luis Bilbao foi elixido como cabeza de lista dunha coalición PNV-EA. Nas eleccións de 2007 e 2011 presentouse como cabeza de lista da candidatura do seu partido, o PNV.