Deputación de Pontevedra
Sede da deputación no pazo provincial. | |
Fundación: | 1836 |
---|---|
Provincia: | Pontevedra |
Enderezo: | Gran Vía de Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra |
Presidente: | Luís López Diéguez (PPdG) |
Orzamento: | 161 millóns de € (2020)[1] |
Número de empregados: | 871 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 61 |
Boletín oficial: | www |
Na rede | |
https://www.depo.gal/ | |
A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. Dende 2023 o presidente é Luís López Diéguez (do PPdG).
Corporación
[editar | editar a fonte]Lexislatura 2023-2027
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partido Político | Votos | (%) | Deputados |
---|---|---|---|
Partido Popular de Galicia (PPdeG) | 180.832 | 36,67% | 14 / 27 |
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) | 167.368 | 33,94% | 9 / 27 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 89.394 | 18,13% | 4 / 27 |
Distribución de escanos por circunscricións
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Circunscrición | |||
---|---|---|---|
Cambados | 1 / 3 |
2 / 3 |
0 / 3 |
A Estrada | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Lalín | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Ponteareas | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Pontevedra | 2 / 7 |
3 / 7 |
2 / 7 |
Tui | 1 / 3 |
1 / 3 |
1 / 3 |
Vigo | 9 / 11 |
2 / 11 |
0 / 11 |
O Pazo provincial
[editar | editar a fonte]O Pazo provincial de Pontevedra sitúase na Gran Vía de Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.
Institucións
[editar | editar a fonte]Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:
- Museo Provincial de Pontevedra
- Escola de Cantería de Poio
- Estación Fitopatolóxica do Areeiro (con sede no Pazo de Lourizán)
- Cidade Infantil Príncipe Filipe
Presidentes
[editar | editar a fonte]Período dos Gobernadores Civís
[editar | editar a fonte]- Miguel del Pino (12 de febreiro de 1836).
- Francisco Javier Martínez Enríquez (27 de xuño de 1836).
- José Valladares (interino; 11 de outubro de 1836).
- Miguel del Pino (4 de novembro de 1836).
- Manuel Gutiérrez de Caviedes (25 de marzo de 1837).
- Rafael Pérez de Guzmán el Bueno (12 de xaneiro de 1838).
- José Valladares (26 de xaneiro de 1839).
- Pedro Donoso Cortés (17 de novembro de 1839).
- Francisco Javier Carramolino (1 de novembro de 1840).
- Ramón Novoa (2 de decembro de 1840).
- Juan Falomir (Orde do rexente; 22 de setembro de 1841).
- José Carlos de la Fuente (decreto; 24 de decembro de 1842)
- Juan Falomir (non chega a tomar posesión).
- Ramón García Flórez (nomeado pola Xunta Central do Goberno de Galicia; 6 de agosto de 1843).
- Ventura Díaz (7 de setembro de 1843).
- Francisco Páez de la Cadena (23 de maio de 1847).
- Joaquín del Rey (Real decreto; 18 de maio de 1848).
- Juan de los Santos Méndez (15 de xaneiro de 1850).
- Juan Saiz de Arroyal (22 de agosto de 1851).
- José María de Michelena (Real decreto; 11 de novembro de 1851).
- José María Delgado (Real decreto; 4 de agosto de 1852).
- José Ulloa Pimentel (Real decreto; 30 de decembro de 1852).
- José María Michelena (6 de maio de 1853).
- José María Palarea (19 de novembro de 1853).
- Juan Manuel Pereira (nomeado pola Xunta de Goberno; agosto de 1854).
- Manuel Somoza (setembro de 1854).
- Manuel Alcayde (gobernador militar e civil; 24 de agosto de 1856).
- Bartolomé Romero Leal (20 de agosto de 1856).
- Luciano Quiñones de León (28 de outubro de 1856).
- José Oller Menacho (16 de abril de 1858).
- Ramón María Suárez (agosto de 1858).
- José Corzo (Real decreto; 13 de xullo de 1861).
- Cosme Errea (Real decreto; 25 de xaneiro de 1862).
- José Mateo de Urrutia (Real decreto; 17 de maio de 1862).
- Genaro Alas (1 de marzo de 1863).
- Francisco Martínez Mondelo (30 de xuño de 1863).
- Vicente Calderón Oreiro, Conde de San Juan 12 de decembro de 1863).
Período dun presidente da Deputación para cada sesión
[editar | editar a fonte]O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".
- Ramón Martínez Saco (sesións do 1 de xaneiro e 10 de maio de 1864).
- José Espinosa Salgado (sesión do 5 de agosto de 1864).
- Ramón Martínez Saco (sesións do 6 de outubro de 1864, 16 de agosto, 28 e 29 de decembro de 1865).
- Ramón Villar González (sesión do 1 de febreiro de 1866).
- Joaquín Yáñez (sesión do 12 de abril de 1866).
- Joaquín Ángel (sesións do 28 de maio e 27 de xullo de 1866).
- Manuel Cea Gándara (sesións do 1 de xaneiro e 24 de abril de 1867).
- Pedro María Pardo Vilariño (sesión do 6 de xullo de 1867).
- José Urrutia Caballero (sesións do 28 de xullo, 24 de setembro e 30 de outubro de 1867).
- Agustín Cobián de Seijas (sesión do 25 de novembro de 1867).
- Manuel Ogando Tojo (sesión do 29 de febreiro de 1868).
- Pedro María Pardo Vilariño (sesión do 16 de abril de 1868).
- Ramón de la Maza (sesión do 18 de xullo de 1868).
Período inicial do Sexenio Revolucionario
[editar | editar a fonte]Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.
- Indalecio Armesto (republicano, nomeado pola Xunta Revolucionaria; 27 de outubro de 1868).
- Vicente Lobit Rodríguez (tendencia liberal; 2 de xaneiro de 1869).
- Eugenio Alau (tendencia liberal; 23 de marzo de 1869).
- Baltasar Genme Fuentes (25 de xullo de 1869).
- Fausto Garagarza (26 de marzo de 1870).
Período dun presidente da Deputación para todas as sesións
[editar | editar a fonte]A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".
Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.
- Miguel Vidal López (radical; 22 de febreiro de 1871).
- Francisco Pereira García (liberal; 22 de xuño de 1871).
- Cayetano Taboada Sotelo (liberal; 28 de xullo de 1871).
- Francisco Fernández Anciles (radical; 12 de agosto de 1871).
Nomeados polo Gobernador Civil
[editar | editar a fonte]Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.
- Manuel Bárcena Franco (6 de abril de 1874).
- Benito María de Oca (26 de xullo de 1874).
- Manuel María Huagón (12 de marzo de 1875).
Nomeados pola corporación
[editar | editar a fonte]Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.
- Evaristo Pérez de Castro Brito (conservador; 21 de marzo de 1877).
- Francisco Javier Mugartegui Parga (conservador; 26 de abril de 1881).
- Ramón Romero López Vázquez (liberal; 8 de xullo de 1884).
- Agustín Cobián de Seijas (conservador; 4 de novembro de 1884).
- Eduardo Matos Santos (liberal; 5 de novembro de 1886).
- José María Guerra Cobián (conservador; 5 de xaneiro de 1891).
- Eugenio Fraga Mascató (liberal; 5 de novembro de 1894).
- Sabino González Besada (conservador; 4 de novembro de 1896).
- Gumersindo Otero García (liberal; 4 de novembro de 1898).
- José Boente Sequeiros (liberal; 24 de abril de 1901).
- José María Vidal González (conservador; 22 de abril de 1903).
- Antonio López de Neira (conservador; 24 de abril de 1905).
- Antonio Pazos Fontenla (liberal; 2 de decembro de 1909).
- Felipe Ruza García (conservador; 1 de maio de 1915).
- Antonio Pazos Fontenla (liberal; 2 de maio de 1917).
- Carlos Casas Medrano (conservador; 2 de agosto de 1919).
- José Echeverría Harguindey (2 de agosto de 1923).
Directorio militar
[editar | editar a fonte]O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.
- Daniel de la Sota Valdecilla (20 de xaneiro de 1924).
Estatuto provincial
[editar | editar a fonte]O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.
- Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
- Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).
Elixidos polo gobernador civil
[editar | editar a fonte]Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.
- Manuel Casas Medrano (14 de abril de 1930).
O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.
- Amancio Caamaño Cimadevila (republicano).
O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall (republicano; 25 de abril de 1931).
- Amancio Caamaño (republicano; 25 de maio de 1931).
- Vicente García Temes (republicano) 1 de agosto de 1932).
- Joaquín Maquieira (republicano da ORGA; 31 de maio de 1933).
- José Viñas del Monte (5 de xaneiro de 1934).
- Ramón Domínguez Ferradás (28 de outubro de 1935).
- Luis Fontaíña Serrapio (31 de decembro de 1935).
- José Adrio Barreiro (19 de marzo de 1936).
- Maximiliano Pérez Prego (26 de marzo de 1936).
Presidentes por designación
[editar | editar a fonte]- Rafael González Fernández Besada (elixido o 24 de xullo de 1936 polo Goberno Militar).
O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.
- Javier Puig Llamas (18 de agosto de 1937).
- Jacobo Rey Daviña (7 de outubro de 1938).
- Luis de Toledo Freire (9 de agosto de 1939).
- Rafael Picó Cañeque (7 de xullo de 1942).
- Manuel Fontoira Peón (vicepresidente, trala renuncia do anterior o 16 de xuño de 1948).
Lei de réxime local
[editar | editar a fonte]O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.
- Luis Rocafort Martínez (13 de setembro de 1951).
- Luis Suárez-Llanos Menacho (20 de febreiro de 1958).
- Prudencio Landín Carrasco (24 de xullo de 1959).
- Enrique Lorenzo Docampo (12 de xuño de 1963).
- José Luis Peláez Casalderrey (6 de maio de 1970).
Período contemporáneo
[editar | editar a fonte]Trala promulgación da Constitución española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.
- Federico Cifuentes Pérez (UCD; 26 de abril de 1979).
- Mariano Rajoy (AP; 11 de xuño de 1983).
- Fernando García del Valle (AP; 10 de decembro de 1986).
- Xosé Cuíña (PP; 14 de agosto de 1987).
- César Mera (PP; 2 de febreiro de 1990).
- Manuel Abeledo (PP; 19 de xullo de 1995).
- Rafael Louzán (PP; 12 de xullo de 2003).
- Carmela Silva (PSOE; 17 de xullo de 2015)
- Luís López Diéguez (PP; xullo de 2023)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Pazo provincial da Deputación de Pontevedra
- Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
- Deputación da Coruña
- Deputación de Lugo
- Deputación de Ourense