Saltar ao contido

Deux ans de vacances

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dous anos de vacacións
Título orixinalDeux ans de vacances
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aLéon Benett
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Novela, Aventuras
EditorialHetzel
Data de pub.1888
ISBNISBN 970-07-3909-0
editar datos en Wikidata ]

Deux ans de vacances é unha novela escrita polo francés Jules Verne que foi publicada no 1888. A historia trata sobre un grupo de nenos, abandonados nunha illa deserta, que se organizan para sobrevivir.

Mapa da illa Chairman.

Un grupo de escolares do colexio Chairman de Auckland (Nova Zelandia) parten a bordo da goleta Sloughi nunha viaxe de fin de curso. Un furacán provoca que o barco naufrague a centos de millas do seu país e que os seus pasaxeiros (todos nenos) arriben a unha illa deserta do Pacífico á que chamarán illa Chairman (Illa Hanover). Así, a obra discorre entre as aventuras dos nenos e os seus intentos de supervivencia nunha paraxe inhóspita e solitaria.

A maioría destes nenos son de orixe inglesa, aínda que Briant e Santiago son franceses, e Gordon dos Estados Unidos.

A chegada doutros náufragos á illa, asasinos que masacraran o capitán e á tripulación do barco no que navegaban que quedou destruído nun incendio e puideron arribar á illa nunha chalupa do barco Severn. No barco, liderados por Walston, a cuadrilla tiña como reféns a Evans, o contramestre do barco e a Kate, unha das tripulantes. Os asasinos poñen en perigo a vida dos pequenos colonos asentados dende xa hai tempo na illa e xa practicamente sen esperanzas de regresar.

Os rapaces xunto a Kate e Evans reconstrúen a chalupa e logran facerse ao mar, son avistados polo transatlántico Grafton que marchaba rumbo a Australia e leva os nenos ata Auckland.