Saltar ao contido

Diario Oficial de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diario Oficial de Galicia
TipoDiario oficial
Fundación1 de decembro de 1978
PropietarioXunta de Galicia
RedacciónUnidade Administrativa DOG
Lingualingua galega e lingua castelá
ISSN2253-8046
Na rede
http://www.xunta.es/diario-oficial, https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia e http://www.xunta.es/consulta-do-dog
editar datos en Wikidata ]
Decreto polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (PDF).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] A partir do ano 2009, cando contaba con 800 subscritores, estudouse a posibilidade de deixar de imprimilo en papel. Finalmente, o artigo 13 do Decreto 198/2010 conferiulle á edición electrónica do DOG o carácter de "oficial, auténtico e único", e dende o 2 de maio de 2011, deixouse de imprimir en papel, existindo só a versión dixital dende entón.[3][4]

A Unidade Administrativa do Diario Oficial de Galicia está adscrita á Consellería de Presidencia e ten a súa sede no Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]