Saltar ao contido

Diario de Ana Frank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diario de Anne Frank»)

Diario de Ana Frank
Título orixinalHet Achterhuis
Autor/aAnne Frank
OrixePaíses Baixos
Lingualingua neerlandesa
Tema(s)Países Baixos na Segunda Guerra Mundial e Holocausto
Xénero(s)diario, autobiografía e diary literature
Data de pub.25 de xuño de 1947
EditorJan Romein
Premios
editar datos en Wikidata ]

O Diario de Ana Frank (Het Achterhuis no seu orixinal neerlandés), é un diario escrito por Anne Frank entre o 12 de xuño de 1942 e o 4 de agosto de 1944.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Oculta coa súa familia e outros xudeus nunha bufarda duns almacéns de Ámsterdan durante a ocupación nazi dos Países Baixos, Ana Frank con trece anos conta no seu diario a vida do grupo. Axudados por varios empregados da oficina, permaneceron durante máis de dous anos no achterhuis (coñecido como "o anexo secreto") ata que, finalmente, foron delatados. Ana escribiu un diario entre o 12 de xuño de 1942 e o 4 de agosto de 1944, tres días antes de que os ocupantes do anexo fosen traizoados. Margot Frank tamén escribiu un diario, pero nunca se atopou ningún rastro deste.

O 4 de agosto de 1944, axentes da Gestapo deteñen a tódolos ocupantes e son levados a diferentes campos de concentración.

Despois de permanecer durante un tempo nos campos de concentración de Westerbork e Auschwitz, Ana e máis a súa irmá máis vella, Margot, foron deportadas a Bergen-Belsen, onde ámbalas dúas morreron durante unha epidemia de tifo entre finais de febreiro e mediados de marzo de 1945.

O seu pai, Otto Frank, foi o único dos agochados que sobreviviu aos campos de concentración. Cando regresou a Ámsterdam, Miep Gies, unha das persoas que lles axudara durante a súa estadía no anexo, entregoulle o diario que a súa filla escribira mentres estaban agochados. En 1947, e segundo desexo de Anne, o seu pai decide publicar o diario e, dende entón, converteuse nun dos libros máis lidos en todo o mundo.

Tralo falecemento de Otto Frank no 1980, os seus escritos foron legados ao Instituto Holandés para a Documentación da Guerra. O Fondo Anne Frank (Suíza) é o herdeiro dos dereitos de autor dos textos. No 1998 publicáronse cinco páxinas máis descoñecidas do citado diario.

O libro foi un éxito en todo o mundo, en especial en Israel, os Estados Unidos e o Reino Unido, país onde encabezou as listas de libros máis vendidos durante vinte semanas consecutivas, vendéndose máis de 350 000 000 de exemplares.

Algúns negacionistas consideran este libro como propaganda política da época e negan a súa autenticidade, e incluso a existencia de Anne Frank.

Persoas citadas no diario

[editar | editar a fonte]
Reconstrución do moble que cubría a entrada ao anexo secreto onde Anne Frank e a súa familia se esconderon, na casa-museo Anne Frank de Ámsterdan.
  • Otto Frank (o pai) permaneceu en Auschwitz e sobreviviu. En 1953, casa con Elfride 'Fritzi' Markovits-Geiringer, que tamén estivera en Auschwitz, e que perdera o seu home e un fillo nese mesmo campo. Otto Frank dedicouse a divulgar a mensaxe da súa filla e o diario. Faleceu por mor dun cancro de pulmón en Suíza o 19 de agosto de 1980. A súa viúva, Fritzi, continuou coa causa até que morreu en 1998.
  • Edith Frank-Holländer (a nai) permaneceu en Auschwitz despois de que as súas fillas e Auguste Van Pels foran deportadas a Bergen-Belsen. Segundo as testemuñas, logo perdeu a razón, morrendo de inanición o 6 de xaneiro de 1945.
  • Hermann van Pels, o único dos oito escondidos que foi enviado á cámara de gas, en Auschwitz, despois de tres semanas da súa chegada ao lugar.
  • Auguste van Pels: a data e o lugar do seu falecemento son ignotos. Non se sabe se morreu canda as irmás Frank en Bergen-Belsen, ou se foi deportada a Buchenwald antes de marzo de 1945 e, despois, a Theresienstadt, e puido morrer de camiño a Theresienstadt ou pouco despois da súa chegada alí.
  • Peter van Pels, (8 de novembro de 1926 - 5 de maio de 1945), morreu en Mauthausen. Otto Frank estaba con el en Auschwitz dentro do mesmo grupo de traballo. Despois foise para Mauthausen e morreu con 18 anos, tres días antes de que as tropas aliadas liberaran Mauthausen.
  • Fritz Pfeffer morreu o 20 de decembro de 1944 no campo de Neuengamme. Nos rexistros do campo aparece que feneceu de "enterocolite", que, entre outras cousas, provocaba disentería, causa común de morte naqueles lugares.

Traducións

[editar | editar a fonte]

O diario foi verquido ao galego por Tomás Ruibal e publicado en 2004 por Kalandraka[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]