Dima Bilan
(2022) | |
Nome orixinal | (ru) Дима Николаевич Билан |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Виктор Николаевич Белан 24 de decembro de 1981 (42 anos) Ust-Dzheguta, Rusia (en) |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Educación | Russian Institute of Theatre Arts (en) Gnessin Russian Academy of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, poeta, modelo, compositor, cantante, actor |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop, Rhythm and blues e Synthpop |
Instrumento | Teclado, voz e Acordeón |
Selo discográfico | Universal Records Misteriya Zvuka (en) EMI Gala Records (pt) Universal Music Group |
Participou en | |
2008 | Festival de Eurovisión 2008 |
18 de maio de 2006 | Festival de Eurovisión 2006 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Lentapedia |
Sitio web | bilandima.ru |
Dima Bilan (escrito en caracteres cirílicos Дима Билан), de nome real Victor Belan, nado na noiteboa de 1981 en Ust-Dxeguta, daquela Unión Soviética, é un cantante pop ruso.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado nunha pequena cidade da república non-independente caucásica de Carachai-Circasia, ao sur da Unión Soviética. Despois de vivir na cidade de Naberexnie Chelni, en Tartaria e en Cabardino-Balcaria, fixo estudos musicais e, en 2002 comezou a presentarse a distintos cursos de ámbito ruso. En 2003 publicou o seu primeiro álbum, con pezas propias e alleas (Lucio Dalla, Elvis Presley etc.)
En 2005 tentou representar a Rusia no Festival de Eurovisión, pero quedou en segunda posición. A súa traxectoria internacional comeza cando se que conseguiu representar a Rusia no Festival de Eurovisión 2006, coa canción Never Let You Go, coa que quedou en segunda posición, por detrás do grupo finlandés Lordi. Bilan obtivo 248 puntos, a 44 de Lordi: as puntuacións máximas obtívoas de Armenia, Belarús, Finlandia, Israel, Letonia, Lituania e Ucraína, e unicamente dous países Mónaco e Suíza non lle concederon ningún punto. Nesa ocasión, Rusia participou na semifinal, nunha época de Eurovisión onde só participaban na semifinal os peores clasificados do ano anterior.
Despois de seguir actuando en Rusia e de publicar algúns álbums máis, en 2007 asinou un contrato cun selo californiano para comezar a vender fóra do seu país. En 2008 volveu participar en Eurovisión en representación rusa. Clasificouse nas semifinais (desta volta, xerais para case todos os países), e logo impúxose na final con 272 puntos e sete máximas puntuacións (Armenia, Belarús, Estonia, Israel, Letonia, Lituania e Ucraína) , mentres que seis países non lle concederon ningún voto (San Marino, Suíza, Suecia, Islandia, Dinamarca e o Reino Unido). A canción interpretada foi "Believe", e acompañárono o violinista húngaro Edvin Marton e o campión mundial de patinaxe artística Evgueni Pluxenco.
Predecesor: Marija Šerifović |
Gañador de Eurovisión 2008 |
Sucesor: Alexander Rybak |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 2003, Я ночной хулиган (Son un hooligan da noite)
- 2004, На берегу неба (Na ribeira do ceo)
- 2006, Время-река (Río Tempo)
- 2008, Против Правил (Contra as regras)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |