Distrito de Beja
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Beja | ||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-02 | ||||
Sitio web | gov-civil-beja.pt |
O distrito de Beja é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Baixo Alentexo. Limita ao norte co distrito de Évora, ao leste con España, ao sur co distrito de Faro e ao oeste co distrito de Setúbal e co océano Atlántico. Abrangue unha área de 10.225 km², o cal o converte o meirande distrito de Portugal. Ten unha poboación residente de 154.325 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Beja.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O distrito componse dos seguintes 14 municipios:
- Aljustrel
- Almodôvar
- Alvito
- Barrancos
- Beja
- Castro Verde
- Cuba
- Ferreira do Alentejo
- Mértola
- Moura
- Odemira
- Ourique
- Serpa
- Vidigueira
Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase totalmente incluído na rexión do Alentexo. No tocante ás subrexións, a subrexión do Baixo Alentexo inclúe 13 concellos, e o concello de Odemira pertence á subrexión do Alentexo Litoral. En resumo:
- Rexión Alentexo
Xeografía física
[editar | editar a fonte]O distrito de Beja corresponde á metade sur da chaira alentexana, irrigada por cursos de auga en xeral pequenos e que tenden a secar no verán, e flanqueada por serras baixas e pouco inclinadas.
O principal accidente do distrito é o val do río Guadiana, que atravesa de norte a sur a súa parte oriental, separando a chaira principal dun territorio entre o río e a fronteira española que, xunto coas serras do Algarve que delimitan o distrito ao sur (Serra de Monchique, serra do Caldeirão e Serra de Espinhaço de Cão) son as áreas máis accidentadas e de maior altitude do distrito: a Serra da Adiça e os primeiros contrafortes da Serra Morena española pasan dos 500 m de altitude. Alén destas elevacións, só a Serra do Cercal, no límite co distrito de Setúbal preto de Vila Nova de Milfontes, e a Serra do Mendro, no límite co distrito de Évora ao norte da Vidigueira, son dignas de referencia, acadando 341 e 412 m de altitude, respectivamente.
Na rede hidrográfica, ademais do Guadiana e dos seus afluentes, hai outras dúas concas hidrográficas relevantes: a do río Sado, que nace nas imediações de Ourique e se dirixe cara ao distrito de Setúbal, e a do río Mira, que nace na Serra do Caldeirão e vai desaugar no océano Atlántico xunto a Vila Nova de Milfontes. Alén destas redes, penetran tamén no distrito partes da conca hidrográfica do río Arade, que ten o seu nacemento preto do do Mira pero que se dirixe cara ao Algarve, e da Ribeira de Seixe, que fai un val que serve de fronteira co distrito de Faro. No distrito de Beja hai algúns encoros de grandes dimensións, como o maior de Portugal (o encoro do Alqueva, compartido co distrito de Évora e España, no río Guadiana), o encoro do Chança (río Chança, compartido con España), o encoro de Santa Clara (río Mira), o encoro do Monte da Rocha (río Sado), o encoro do Roxo (Ribeira do Roxo) e o encoro de Odivelas (Ribeira de Odivelas).
A costa é rochosa e esténdese case en liña recta de norte a sur, sendo os principais accidentes a desembocadura do Mira e o Cabo Sardão.