Saltar ao contido

Doc Rivers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDoc Rivers

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Glenn Anton Rivers Editar o valor en Wikidata
13 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaChicago Editar o valor en Wikidata
EducaciónProviso East High School (en) Traducir
Universidade Marquette (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto, adestrador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata - 1996 Editar o valor en Wikidata
Influencias
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porAtlanta Hawks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
New York Knicks
Orlando Magic
Los Angeles Clippers
San Antonio Spurs
1980–1983 Marquette Golden Eagles men's basketball
1983–1991 Atlanta Hawks (Base)
Participou en
1982Campionato Mundial de Baloncesto de 1982 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJeremiah Rivers, Austin Rivers Editar o valor en Wikidata
ParentesJim Brewer, tío
Byron Irvin, curmán
Ken Singleton, curmán
Seth Curry, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0729528 Editar o valor en Wikidata

Glenn Anton "Doc" Rivers, nado o 13 de outubro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador dos Philadelphia 76ers da NBA. Debutou como tal na NBA dirixindo a Orlando Magic en 1999. Na súa primeira tempada, levou o premio ao mellor adestrador do ano.

Máis tarde, cos Boston Celtics converteuse nun dos cinco adestradores afroamericanos que conseguiron gañar o campionato da NBA.

Un dos seus catro fillos, Austin Rivers, é tamén xogador profesional de baloncesto.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Entre 1980 e 1983 xogou cos Warriors[1] da Universidade de Marquette, nos cales fixo 13,9 puntos, 4,6 asistencias e 3,3 rebotes por partido.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido en sétima posición (31 en total) da segunda rolda do Draft da NBA de 1983 por Atlanta Hawks. Xogou 8 tempadas no equipo, onde rapidamente se fixo co posto de titular. O seu mellor ano foi en 1987, cando acabou a tempada facendo 12,8 puntos e 10 asistencias, cuarto neste apartado de toda a NBA. Tras un breve paso por Los Angeles Clippers, fichou por New York Knicks en 1992, onde, tras unha primeira tempada discreta, perdeuse case por completo a segunda por mor das lesións. A mediados da tempada seguinte foi traspasado a San Antonio Spurs, onde completou, moi por baixo do seu nivel, esta e outra máis, para retirarse en 1996.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

En 1999 faise cargo do equipo dos Orlando Magic, onde, tras acabar cunha porcentaxe de vitorias do 50% é nomeado Adestrador do Ano. Alí permanece até o inicio da tempada 2003-2004, onde, tras un mal inicio, con 1 partido gañado e 10 perdidos, é destituído.

En 2004 é fichado por Boston Celtics, posto que ostenta na actualidade. Na tempada 2007/2008 gañaría o anel da NBA co seu equipo, os Boston Celtics, derrotando na final por 4-2 a Los Angeles Lakers.

En 2013 converteuse en adestrador de Los Angeles Clippers, con aspiracións ao anel con Chris Paul, Blake Griffin e DeAndre Jordan.

A súa derradeira tempada cos Clippers foi a 2019-20, na que con xogadores como Kawhi Leonard ou Paul George perdeu en semifinais de Conferencia 4-3 contra os Denver Nuggets.

O 3 de outubro de 2020 converteuse en adestrador dos Philadelphia 76ers.

Durante a súa terceira tempada en Philadelphia, o 2 de febreiro de 2023, foi nomeado adestrador do mes de xaneiro,​ e tamén de marzo-abril da conferencia Leste.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  1. Até 1994, os equipos da Universidade de Marquette denominábanse Warriors

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]