Saltar ao contido

Doclea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a antiga cidade de Montenegro, véxase Duklja.
Modelo:Xeografía políticaDoclea
Дукља / Duklja (sr) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaSerbian Old Church Slavonic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación854 Editar o valor en Wikidata
Disolución1252 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porPrincipado de Zeta Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

Territorios serbios no século XI, segundo De Administrando Imperio. Doclea aparece en cor laranxa na imaxe.
Selo de chumbo do arconte Petar (ou Predimir), primeiro gobernante coñecido de Doclea (século IX). Á esquerda, imaxe da Virxe María co Neno Xesús; á dereita inscrición en grego.[1]

Doclea, Dioclea ou Duklja (en montenegrino Duklja, en Дукља, en latín Doclea ou Diocleia) foi un estado medieval sudeslavo con terras hereditarias situado aproximadamente o sueste do actual Montenegro, desde as bocas de Kotor, ao oeste, do río Bojana ao leste, até as fontes dos ríos Zeta e Morača ao norte.

Duklja foi primeiro un estado vasalo do Imperio bizantino, formando parte despois do Principado serbio de Rascia no século IX, baixo a dinastía Vlastimirović.[2][3][4] Despois da anexión de Rascia polos bizantinos no século X, Duklja estivo brevemente baixo dominio de Bizancio pero pronto acabou liberándose, emerxendo como o máis poderoso estado serbio no século XI.

En 1060 os Vojislavljević liberan Rascia e, cando Coinstantino Bodin morre en 1101, Rascia volveu ser a sede do Reino, os dous principados existentes lado a lado (este período caracterizouse polo constante cambio de alianzas) até 1148 cando Duklja reinstaurouse como unha terra da coroa do Gran Principado de Serbia (Rascia), posteriormente coñecido como Zeta, permanecendo así até a caída do Imperio serbio, cando volveu ser semi-independente, en 1362 como señorío de Zeta, da casa de Balšić (os Balsas).

Dioclea era unha cidade de Dalmacia, situada cerca da actual Podgorica, que foi anexionada ao Imperio romano por Diocleciano. A cidade chamábase daquela Doclea, do nome Docleata unha tribo iliria, con capital en Duklja, pero os romanos cambiáronlle o nome a Dioclea (un nome grego).

O emperador Diocleciano dicíase Docles,[5] que cambiou polo grego Diocles e, cando foi emperador latinizouse como Diocletianus.

Durante á súa pertenza ao Imperio romano, Duklja foi capital da provincia de Praevalitana. Até finais da Idade Media, Skadar pasou a ser a capital do estado, mentres que a capital real era Ston, na actual Croacia.

O vínculo entre os nomes Doclea e Zeta non está claro, xa que os dous termos superpóñense a miúdo. Doclea adoita facer referencia á rexión costeira entre a baía de Kotor e o lago Skadar, mentres que Zeta adoita referirse ás terras máis norteñas ao redor do río Zeta. Zeta é o estado predecesor máis preciso do Montenegro do século XIX, mentres que o Montenegro actual abarca ambos os territorios. Segundo outra interpretación, Doclea estaba integrada por Zeta e Travunia. En calquera caso, o nome Doclea non se volveu utilizar despois da Idade Media.

Nos finais do Imperio romano de Occidente, tribos eslavas entraron na rexión. Desde o século VII establecéronse na rexión de Dalmacia autorizados polos bizantinos a condición, imposta polo emperador Heraclio, de que aceptaran a soberanía do Imperio.

Contra 753 Doclea formou parte do ducado de Croacia, que se apoderou da Croacia dálmata.

No século IX formouse un estado co nome de Dioclea ou Diocleia que estaba ao sur de Travunia (e esta ao sur de Zahumlje que, á súa vez, estaba ao sur de Pagania). (Véxase mapa do cabezallo).

O príncipe Petar ou Predimir de Dioclea e Travunia, que viviu ao redor do ano 900, dividiu os seus dominios entre os seus fillos. Dioclea era daquela un territorio autónomo do Gran Principado (župan) de Raška ou Rascia gobernado por Vlastimir que, á súa vez, era vasalo do Imperio bizantino, pero foi adquirindo cada vez máis autonomía e obtivo a independencia a mediados do século XI, cando estaba gobernado pola dinastía Vojislavljević.[6]

Un descendente de Vlastimir, o príncipe Časlav de Klosmir, independizouse de Bizancio e fíxose co dominio de Dioclea. Kotor, Bar e Ulcinj quedaron como enclaves bizantinos que tiñan que pagar tributo aos gobernantes de Dioclea.

O territorio foi incorporado por Stefan Nemanja ao estado serbio que en 1217 se transformou no Reino de Serbia e, tras o desmembramento do Imperio serbio integrouse definitivamente no Principado de Zeta (aproximadamente o actual Montenegro). Segundo o emperador Constantino VII o Porfiroxénito, na súa obra De Administrando Imperio, o documento máis fiábel da época, os serbios habitaban as terras de Doclea, Travunia, Zachlumia, Pagania e Rascia.[7]

No período en que a zona foi coñecida como Doclea (desde o século IX aste o final do século XII) considérase moitas veces como o máis próspero na historia dos montenegrinos.[6]

Gobernantes

[editar | editar a fonte]
  1. ΠεΤΡὄ / ΑΡΧΟΝΤΟ / ΔΙΟΚΑΙΑ / ΑΜΗΝ, é dicir, Pedro / Arconte / de Diocaia / Amén.
  2. Journal of Theological Studies, Vol. 19-20, Macmillan, 1918.
  3. The Serbs in the Balkans in the light of Archaeological Findings.
  4. The Serbian question in the Balkans. Facultade de Xeografía, Universidade de Belgrado, 1995.
  5. O seu nome completo era Caius Aurelius Diocles Diocletianus.
  6. 6,0 6,1 Montenet Duklja (Doclea), the first Montenegrin state - Vojislavljevic' rule
  7. Rastko The Serbs in the Balkans in the light of Archaeological Findings

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Curta, Florin (2006): Southeastern Europe in the Middle Ages, 500–1250. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-81539-0
  • Fine, John Van Antwerp (1991): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century. University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08149-3 [1]
  • Fine Jr., John Van Antwerp (2006): When Ethnicity did not matter in the Balkans. A study of Identity in pre-Nationalist Croatia, Dalmatia and Slavonia in the Medieval and Early-Modern Periods. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11414-X
  • Hupchik, Dennis P. (2002): The Balkans. From Constantinople to Communism. Palgrave MacMillan. ISBN 1-4039-6417-3
  • Stephenson, Paul (2003): The Legend of Basil the Bulgar -Slayer. Cambridge University Press. ISBN 0-521-81530-4

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]