Saltar ao contido

Doune

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDoune
Imaxe

Localización
Mapa
 56°11′24″N 4°03′11″O / 56.19, -4.053
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloStirling (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.635 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalFK16 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01786 Editar o valor en Wikidata

Doune é unha vila do distrito de Stirling, na parroquia de Kilmadock, pero pertencente ao condado de Perthshire, en Escocia. En toda a parroquia, da que Doune é o único núcleo de importancia, hai 2003 habitantes (censo de xaneiro de 2004).

Descrición

[editar | editar a fonte]

O edificio principal de Doune é o seu castelo, unha fortaleza do século XIV onde se rodou boa parte do filme Monty Python and the Holy Grail, do grupo humorístico británico Monty Python.

Ademais, a sona principal de Doune vénlle pola súa artesanía de pistolas. Moitas delas son agora pezas de colección e pertencen aos museos bélicos e de historia do mundo, coma o Museo de Escocia, en Edimburgo. Dise, por exemplo, que foi unha pistola de Doune a que primeiro disparou na Guerra da independencia estadounidense.

As terras da parte oriental de Doune perténcenlle á nobre familia dos Stirling of Kier, do clan Stirling. Deles foi David Stirling, militar británico durante a segunda guerra mundial e fundador do Special Air Service. Na estrada que vai cara a Dunblane, preto das súas propiedades, hai unha estatua de homenaxe a David Stirling.

Doune é un deses lugares, coma Os Peares de adscrición administrativa confusa. Pertence ao concello de Stirling, pero ao mesmo tempo ao condado de Perthshire, ao que non pertence o resto do concello. Ademais, postalmente depende do distrito de Falkirk.

En Doune desenvólvese a Doune Speed Hillclimb, unha das máis importantes carreiras campo a través de Escocia.