Dragan Džajić
Nome orixinal | (sr-latn) Dragan Džajić (sr-cyrl) Драган Џајић | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 30 de maio de 1946 (78 anos) Ub, Serbia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 - 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1976 | Eurocopa de Fútbol Iugoslavia 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1968 | Eurocopa de Fútbol Italia 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dragan Džajić (en serbio cirílico: Драган Џајић), nado o 30 de maio de 1946 en Ub, Iugoslavia, é un exfutbolista internacional iugoslavo, de orixe serbio. Xogaba na posición de extremo esquerdo e está considerado como un dos mellores futbolistas iugoslavos da historia. A súa carreira transcorreu entre 1961 e 1978, e de xeito case íntegro no Estrela Vermella de Belgrado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Džajić naceu nunha pequena vila chamada Ub o 30 de maio de 1946, preto da cidade de Belgrado. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Estrela Vermella de Belgrado, salvo dous anos, entre 1975 e 1977 que xogou no Bastia, en Francia. Co Estrela Vermella anotou 155 goles e conquistou cinco veces a Primeira Liga, entre outros títulos. Co Bastia anotou 31 goles na liga francesa.
Internacionalmente debuta o 17 de xuño de 1964 coa selección de Iugoslavia, nun encontro contra Romanía. En total disputou un total de 85 encontros internacionais, anotando 23 goles. Despois do seu retiro chegou a ser adestrador e presidente do Estrela Vermella, posto ó que renunciou en 2004 por motivos de saúde.
Džajić considérase coma un dos mellores extremos da historia, reunindo tódalas cualidades requiridas a un xogador nesa posición, destacando polo seu caneo, velocidade, bo disparo a porta e por riba de todo, polos seus abraiantes centros. Non menos abraiante era a súa habilidade a balón parado, sendo un auténtico mestre nos lanzamentos de falta e nos lanzamentos de córner directo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UEFA.com - Serbia and Montenegro's Golden Player
- Serbian National Team Profile Arquivado 14 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.